Ditadura de César

Reformas

Dende o poder da Ditadura, César emprende múltiples e variadas reformas.

O 15 de febreiro do ano 44 a.C. é nomeado Ditador perpetuo. O senado concédelle honores e distincións: manto púrpura, coroa de loureiro, dereito a sentar nunha cadeira de ouro, acuñación de moedas coa súa efixie etc.

A conxura

Comeza a formase entón un grupo de patriotas republicanos que pensan en César como un novo rei, a figura máis odiada nun réxime republicano. Preparan unha conxura para acabar coa súa vida e así devolverlle á Res Publica o seu primitivo valor. Recordemos que este foi un réxime político que xurdiu precisamente para acabar cos excesos dun desmesurado poder persoal, neste caso personalizado nos abusos do último rei Tarquinio e a súa familia (violación de Lucrecia etc.).

En torno á morte de César fálase que o día anterior a súa esposa Calpurnia viu como César ía ser asasinado, polo que lle pedíu ao seu marido que non acudira ao Senado. Ante esta situación, Décimo Bruto (un dos conspiradores), acaba convencendo a César para ir. Unha vez alí, os conspiradores apartaron a Marco Antonio, xa que o terrateniente de César podía provocarlle problemas e, unha vez feito isto, os conspiradores comezaron a increpar e a atacar a César, quen chegou a defenderse. Finalmente morrería tras recibir 23 cortes e puñaladas, das cales unha soa foi mortal. 

Entre os senadores que participaron na conspiración atopábase un home da súa total confianza e moi achegado a el, Bruto, a quen Shakespeare fai destinatario desta famosa frase, supostamente pronunciada por César ao recoñecelo entre os seus asasinos:

* tu quoque, fili mi! (Ti tamén, fillo meu).


* A realidad é que non temos ningunha fonte antiga que corrobore este dato.

Cronoloxía

Moeda que celebra o asasinato de César. Imaxe de Andrew McCabe508/4 Brutus, Plaetoria Aureus. Brutus BRVT IMP (Brutus Imperator) L.PLAET CEST (L. Plaetorius Cestianus, mestre da ceca); Pileus (gorro, símbolo da liberdade) e dúas dagas. EID MAR Idus de Marzo. Winckless collection (BM photo)

Eutropio - César

[25] Inde Caesar bellis civilibus toto orbe conpositis Romam rediit. Agere insolentius coepit et contra consuetudinem Romanae libertatis. Cum ergo et honores ex sua voluntate praestaret, qui a populo antea deferebantur, nec senatui ad se venienti adsurgeret aliaque regia et paene tyrannica faceret, coniuratum est in eum a sexaginta vel amplius senatoribus equitibusque Romanis. Praecipui fuerunt inter coniuratos duo Bruti ex eo genere Bruti, qui primus Romae consul fuerat et reges expulerat, et C. Cassius et Servilius Casca. Ergo Caesar, cum senatus die inter ceteros venisset ad curiam, tribus et viginti vulneribus confossus est

Dende alí, e unha vez rematadas as guerras civís en todo o mundo, regresou a Roma. Comezou a comportarse de xeito máis insolente contra o costume da liberdade romana.  E así, despois de que concedera cargos segundo a súa vontade, que antes eran outorgados polo pobo romano, que non se levantase cando o senado viña onda el e facía outras cousas propias dos reis e case dos tiranos, foi tramada unha conxuración contra el por sesenta ou máis senadores e cabaleiros romanos. Os principais entre os conxurados foron dous Brutos, da linaxe do Bruto que fora o primeiro cónsul de Roma e que explulsara aos reis, e C. Casio e Servilio Casca. Así pois César, logo de que houbese chegado á curia acompañado doutros no día da sesión do Senado, foi atravesado por vintetrés coiteladas. Breviarium, Eutropio. The Latin Library Traducción de Lucía Vázquez Carballo

 Imaxe: "Asasinato de Xulio César no Senado" onde vemos que xa se posiciona preto de onde morrerá; baixo a estatua de Pompeio. Por Vicenzo Camuccini (1804-1805). Fonte: Wikimedia Commons.

Para saber máis deste día podes ler este artigo.

Vídeos

Neste documental duns 45 minutos analízase a personalidade de Xulio César. Considerado un heroe de Roma, fundou o imperio e foi un dos xenerais máis importantes da historia. 

O documental demostra que o seu éxito non se debeu unicamente ao seu xenio militar: os xenocidios (chegou a asasinar a máis de un millón de persoas), as conquistas sexuais, violacións e todo tipo de amaños formaron gran parte da súa vida. 

A avaliación psiquiátrica demostra que foi un home tan ambicioso que sería de matar a quen fixese falta para alcanzar o éxito

No segundo vídeo de catro minutos de duración podemos ver unha representación de como se supón que se produciu o asasinato de César no Senado. 

Morre a mans dos que antes o apoiaban e do seu propio fillo Bruto, quen lle quita o alento definitivamente.

Este vídeo pertence á serie Roma, no que se representa o asasinato de Xulio César. Atopábase no Senado, onde morre a mans dos seus partidarios, e do seu propio fillo Bruto, que lle quita o alento ca última coitelada

("Bésame mucho" by The Beatles)

 Julius, Julius Caesar

Conquered the Gauls with his Roman military might

Oh, Julius, Julius Caesar

Oh, crown him with laurels

And make him Dictator for life

Formed a Triumvirate with Crasus and Pompey

But crossing the Rubicon River led to civil war strife

Oh Juluis, Julius Caesar

He's Pater Patriae

Let's name him Dictator for life

Veni, vidi, vici

I came, I saw...I overcame

Writing books about history

Not letting epilepsy keep me from fame

After defeating Pompey

Met Cleopatra and wanted to make her his wife

Oh Julius, Julius Caesar,

Print his face on a coin

And make him dictator form life

Veni, vidi, vici

I came, I saw...I overcame

Writing books about history

Not letting epilepsy keep me from fame

On march 15, that was Ides

Assasined at Senate, stabbed 23 times

Oh Julius, Julius Caesar

Light the funeral pyre

He was the Dictator for life

 Xulio, Xulio César

Conquistou aos galos coa súa forza militar romana

Oh, Xulio, Xulio César

Oh, coroádeo con laureis

E facédeo ditador de por vida

Formou un triunvirato con Craso e Pompei, pero cruzando o río Rubicón levou á loita da guerra civil.

Oh, Xulio, Xulio César

É o Pater Patriae

Vamos a nomealo Ditador de por vida

Veni, vidi, vici

Cheguei, vin, vencín

Escribindo libros sobre historia

Non deixando á epilepsia conservarme a fama

Despois de vencer Pompeia

Coñeceu a Cleopatra e quixo facela a súa muller

Oh, Xulio, Xulio César

Imprimir a súa cara nunha moeda

E facelo ditador de por vida

Veni, vidi, vici

Cheguei, vin, vencín

Escribindo libros sobre historia

Non deixando á epilepsia conservarme a fama

O 15 de marzo, iso eran os Idus,

foi asasinado no Senado, apuñalado 23 veces.

Oh, Xulio, Xulio César

Encende a pira funeraria

El foi o ditador de por vida