ÍNDICE
VIDA
Publio Virxilio Maro naceu no ano 70 a.C. en Mantua, no norte de Italia, e viviu no seo dunha familia de clase media. Tras estudiar varios anos en Milán e Roma, descobre que non sente vocación pola retórica e vai a Nápoles estudiar filosofía co epicúreo Sirón.
Despois do éxito da súa primeira obra de envergadura, Bucólicas (anos 44 - 43 a. C.), regresa a Roma e logra entrar nos círculos literarios de Mecenas e Augusto, e identifícase cos seus proxectos. Apoiado por este, escribe as Xeórxicas e despois a Eneida, que lle levou dez anos.
OBRAS
Bucólicas
A obra, dentro do subxénero lírico da égloga, trata dos amores e a música dos pastores, da natureza, no marco idílico da Arcadia, unha rexión de Grecia. Tivo moita influenza na Idade Media e no renacemento. O propio Cervantes, Lope de Vega ou Garcilaso cultivaron este subxénero.
Xeórxicas
As Xeórxicas, publicadas no 29 a.C., dentro do xénero da Poesía Didáctica, é un poema que trata de glosar e informar acerca das labores do campo, tanto da agricultura como da gandeiría, ademais de representar un eloxio á vida rural e un canto á natureza.
A Eneida
Antes de acabar A Eneida quixo visitar os escenarios nos que transcorría o poema, e iniciou así unha viaxe por Grecia e Asia Menor. Caeu enfermo a medio camiño e foi trasladado a talia, onde morreu sen concluír o poema.
Ordenou antes de morrer que esta obra fose queimada, pero os seus amigos non lle fixeron caso e publicárona tal e como el a deixara, con algúns versos incompletos, coa autorización do emperador Augusto.
O Virxilio Vaticano
Digita Vaticana, unha organización sin ánimo de lucro que promove un proxecto de dixitalización dos manuscritos da Biblioteca Vaticana, dixitalizou o Virxilio Vaticano, un manuscrito creado na Antigua Roma a redor do ano 400 d.C., que contén fragmentos da Eneida e das Xeórxicas, obras do poeta romano Virxilio.
O Virxilio Vaticana, que foi probablemente creado para un nobre pagano, é un dos tres únicos manuscritos ilustrados da literatura clásica que perduraron ata hoxe en día (xunto co Virxilio Romano e a Ilíada Ambrosiana) e un dos máis antigos que se conservan.
Crese que o manuscrito orixinal debeu conter 440 folios cunhas 280 ilustracións, pero só se conservan, e polo tanto se dixitalizaron, 76 folios con 50 ilustracións.
Máis información neste número de National Geographic.
Por encargo do emperador Augusto, Virxilio escribiu a Eneida, considerada a epopea nacional de Roma.
Este poema épico é producto dun só autor, e non recolle diversas versións orais, senón que se elaborou como unha síntese da Odisea e mais da Ilíada de Homero.
Foi escrita en hexámetros e distribuída en doce libros, cunha estructura argumental que segue os poemas de Homero: nos primeiros seis libros nárranse as peripecias de Eneas na súa viaxe de Troia a Italia, ó xeito da Odisea homérica; nos seis últimos, en cambio, relátanse os conflictos que precisou superar ata que puido establecer a paz na comarca de Alba Longa, tal e como ocorre no sitio narrado pola Ilíada.
A Eneida presenta elementos propios da épica tradicional (o uso de símiles e comparacións, as fórmulas, o uso de arcaísmos...) que lle confiren o vigor heroico e a solemnidade características dun poema épico.
Ademais, o tema responde ás características do xénero: todo sucede pola ira da deusa Xuno, que se manifesta ó comezo da obra e que non se aplaca ata o remate.
Sen embargo, son moitas as novidades que Virxilio lle outorga ó poema. Desta forma, transfírelle a modernidade suficiente como para que aínda teña un grande atractivo entre os lectores actuais. Así destacan as seguintes:
Uso da profecía. A través de diversas profecías que se inclúen no relato, Virxilio introduce os grandes momentos da historia romana, que lle permiten loubar a Augusto, en quen se cumpren todos os agoiros proféticos.
Habilidade na descrición de personaxes. A raíña Dido reúne os trazos propios dunha heroína tráxica; Turno, rival de Eneas no Lacio, é o antagonista. Hai, ademais, en toda a obra unha longa lista de personaxes que responden a todo tipo de tópicos sociais.
Semella que Virxilio, a instancias de Mecenas e de Augusto, pensou primeiro na posibilidade de compoñer un poema épico cantando as xestas de Augusto; pero afortunadamente decidiuse por un tema máis grandioso e máis acorde coa súa robusta inspiración e a súa independencia artística: a exaltación de Roma nas súas orixes mitolóxicas.
Nevio (Bellum Poenicum) cantara un suceso contemporáneo, a guerra contra Cartago. Ennio, (Annales), a historia de Roma ata o seu tempo. Ambos tocaran as orixes, pero como unha digresión. Virxilio convérteos no tema fundamental da súa epopea.
Así a todo, consegue habilmente inserir na Eneida a glorificación de Augusto, da súa familia e doutros personaxes e familias ilustres.
Na baixada de Eneas aos infernos, Anquises fai desfilar ante os seus ollos, como nunha procesión, os heroes gloriosos que vai procrear Roma; e Virxilio aproveita para enxalzar á familia de Augusto, a familia Iulia, á que fai descender de Iulo, fillo de Eneas.
No libro VIII, Venus, nai de Eneas, pide a Vulcano que forxe un escudo para o seu fillo; Vulcano grava no escudo unha sucinta historia de Roma e, como motivo central, a gloria de Augusto na batalla de Accio (2 de septembro de 31 a. C.) que tivo lugar no Golfo de Ambracia e o promontorio de Accio, en Grecia, na que como tropas comandadas por Augusto e o seu lugartenente Marco Agrippa, derrotaron ao seu rival, e antigo aliado, Marco Antonio, que estaba acompañado da raíña Cleopatra.
Deste xeito Virxilio identifica, nunha hábil síntese, a historia nacional coa historia da dinastía imperial.
Descrición do escudo
Allí, el señor del fuego, conocedor de las profecías de los adivinos y sabedor del porvenir, había cincelado las hazañas ítalas y los triunfos de los romanos; allí todo el linaje de la futura estirpe de Ascanio, y sus guerras en el orden en que se iban a llevar a cabo; había cincelado también, tendida en la verde gruta de Marte, a la loba recién parida y, jugando en torno a ella, a los dos niños gemelos, pendientes de sus ubres, y lamiendo impávidos a su madre, y a ésta con su redondo cuello inclinado acariciando ora al uno, ora al otro, y moldeando sus cuerpos con su lengua. Y no lejos de allí había añadido a Roma y a las Sabinas arrebatadas de la gradería contra todo derecho de gentes durante la celebración de los grandes juegos circenses, y la nueva guerra que repentinamente había surgido entre las huestes de Rómulo y el anciano Tacio y los austeros ciudadanos de Cures. A continuación los reyes mismos, abandonada de mutuo acuerdo la lucha, permanecían de pie armados y con las páteras en la mano ante el altar de Júpiter y después de sacrificar una cerda, concertaban un tratado. (...)
En el centro se perdía de vista la imagen dorada del hinchado mar, pero las aguas azuladas se cubrían con la espuma de blancas olas y en torno a ellas, blancos delfines de plata, describiendo un círculo, barrían las aguas con sus colas y hendían la superficie. En medio de éstos se podían ver broncíneas naves, el combate de Accio, y se veía que, dispuesto Marte, toda la Leúcade hervía y que el oleaje despedía un brillo de oro.
De un lado, empujando al combate a los Italos, en pie en lo alto de una popa, estaba César Augusto con los senadores y el pueblo, y los Penates y las grandes divinidades; sus sienes vomitan alegres dos llamas y sobre su cabeza se distingue el astro de su padre. En otro lugar, Agripa, desde arriba, conduce, secundado por los vientos y los dioses, un ejército; en sus sienes resplandece una corona naval adornada con espolones, insigne distinción de la guerra. De otro, Antonio con sus fuerzas bárbaras y con variadas armas, regresando vencedor de los pueblos de la Aurora y del rojizo litoral, trae consigo Egipto y las fuerzas de Oriente y a la alejada Bactra, y le sigue (oh, vergüenza) su egipcia esposa. Todos corrían a una y toda la superficie del mar agitada por los remos que los marineros atraían hacia sí y por los espolones de tres dientes se llenaba de espuma. (...) Eneida (liber VIII).
Tradución Dulce Estefanía.
Virxilio asociouse con entusiasmo ao movemento promovido por Augusto en prol dunha restauración moral e cívica de Roma (recórdese o tema de T. Livio). Augusto soubo enlazar o orgullo nacional romano coas novas tendencias helenizantes. Pretendía ao mesmo tempo restaurar a vella relixión e a austeridade dos costumes antigos, consideradas como expoñente das gloriosas xeracións pretéritas, sen perder as simpatías das clases ricas e refinadas.
Para iso era preciso mostrarse tolerante co luxo material e canalizar, xa que non podía coartar, a vida espiritual e a influenza grega. Os romanos cultos, numéricamente insignificantes, e sobre todo as novas xeracións, mostrábanse displicentes ante as reformas relixiosas e morais de Augusto, pero coñecían a fondo os poemas homéricos e a literatura grega e estaban dispostos a saborear a réplica romana da Ilíada e da Odisea, que así cobrarían novo interese. Virxilio ía lograr satisfacer as esixencias deste público selecto e ávido de creacións literarias.
O autor da Eneida pasara tamén a súa mocidade nun medio literario e mundano e compartía o gusto polo helenismo alexandrino.
As circunstancias puxérono en contacto con Augusto, que, ao acabar cunha época de violentas perturbacións civís, creara un clima apropiado para o desenvolvemento das letras.
O proxecto virxiliano dun poema épico nacional, que vinculase á familia imperial con Eneas, o heroe de Troia, agradou moitísimo ao emperador. Non se trataba, con todo, dunha obra de encarga que puidese restrinxir a liberdade do poeta.
Raras veces coincidiron tan ben as intencións dun poeta, os desexos dun caudillo e as esixencias dun público.
“Y entonces Eneas (pues veía que en su compañía avanzaba un joven que se distinguía por su belleza y por sus armas refulgentes, pero de semblante poco alegre y con los ojos bajos) dice: "¿quién es, padre, aquel que así acompaña en su marcha al héroe?, ¿un hijo, o tal vez algún descendiente de tan noble estirpe? ¡Qué gran rumor levantan en torno a ellos los miembros de su séquito! ¡Qué gran nobleza hay en él! Pero una negra noche vuela con siniestra sombra en torno a su cabeza".
Entonces el venerable Anquises, derramando lágrimas, le respondió:
"Hijo, no intentes conocer el enorme dolor de los tuyos; a éste los destinos solamente lo mostrarán a las tierras y no permitirán que viva más. La raza romana, dioses del Olimpo, os hubiese parecido excesivamente poderosa si hubiésemos podido conservar este don.
¿Cuán grandes gemidos de los varones hará llegar el famoso campo de Marte a la gran ciudad de Marte! O, ¡qué funerales contemplarás, Tiberino, cuando fluyas por delante de su reciente tumba! Ningún joven de la raza Ilíaca llevará más lejos las esperanzas de sus antepasados latinos; ni la tierra de Roma se vanagloriará nunca tanto por haber alimentado a alguien.
¡Ay, piedad, ay, antiguo honor, ay, diestra invencible en la guerra! nadie hubiese salido impunemente al encuentro de sus armas, ya avanzase contra el enemigo a pie, ya hiriese con sus talones los íjares de su espumante caballo. ¡Ay, desgraciado niño! ¡Si de algún modo pudieses romper tu cruel destino! Tú serás Marcelo. Derramad lirios a manos llenas, esparza yo flores purpúreas y colme al menos con estos dones el alma de mi descendiente y trubútele este vano homenaje" (...)
"Tú serás Marcelo" no blog Grand Tour de Maite Jiménez
Os romanos da época de Augusto non se adaptaran aínda á súa nova condición de señores do mundo e á vida da Roma cosmopolita, capital dun gran Estado centralizado. Era preciso achar no seu pasado austero unha xustificación da súa poderío presente.
Para practicar os vellos ritos relixiosos e os usos de tempos remotos debían antes coñecelos. Para proclamarse herdeiros dun carácter étnico e das súas tradicións morais había que atopar en todas as xeracións pretéritas, desde as orixes de Roma ata Augusto, o romano tipo, o home de acción, frío, sereno, enérxico, con dominio absoluto de si mesmo, disciplinado e obediente á vontade divina, superior ao home grego, intelixente pero frívolo.
Agora ben, os gregos contaban cunhas tradicións que se remontaban a épocas remotísimas e impoñíanse pola antigüidade da súa raza e polas súas pretendidas orixes divinas, mentres que a lenda da fundación de Roma databa esta tan só sete séculos antes. A gloria esperaba ao poeta que lograse codificar as virtudes nacionais e atopar antepasados remotos a este pobo de advenedizos.
Conscientes diso, varios poetas intentárano xa, explotando unha lenda elaborada na Magna Grecia, para explicar o antagonismo Roma - Cartago como epílogo dun desgraciado episodio amoroso entre os fundadores de ambas cidades: a raíña Dido e o troiano Eneas. Este era o nexo que vinculaba a dinastía de Príamo aos primeiros romanos e grazas a esta invención oportuna podía explicarse a conquista de Grecia polos Romanos como unha vinganza da destrución de Troia polos gregos. Se os Romanos, descendentes dos Troianos, posuían virtudes atávicas extraordinarias, debíase á súa fusión coas poboacións autóctonas de Italia.
As máis antigas familias romanas gabábanse de ter a algún dos compañeiros de Eneas como fundador da súa estirpe. Xulio César pretendera relacionar á Gens Iulia con Iulo, o fillo de Eneas e, xa que logo, coa deusa Venus, pois Eneas era fillo dun mortal, Anquises, e da propia Venus. Na oración fúnebre pola súa tía Iulia exclama: «É Venus a nai dos Xulios, a fundadora da nosa familia».
O tema da Eneida resultaba, pois, non só nacional, senón tamén dinástico: Roma podía gobernar o mundo e César e os seus descendentes debían gobernar aos Romanos. Das ruínas de Troia, de onde foxe un puñado de valorosos superviventes, debía nacer un pobo rei, capaz de someter ao mundo enteiro ao seu imperio soberano. Ese é o designio dos deuses, que reservan a Eneas esa misión providencial, preludio da misión civilizadora de Roma.
Virxilio, aínda que segue as pegadas de Homero e imita episodios homéricos, abre unha etapa nova na poesía épica. A Eneida é unha epopea sabia, produto de vastos coñecementos sometidos a unha rigorosa selección e integrados harmonicamente nunha unidade concibida e realizada á perfección: a glorificación de Roma. Distínguese ademais a épica virxiliana, como o resto da súa produción, pola súa subxectividade, nacida da súa simpatía coa natureza enteira, os seres animados e os inanimados.
A Eneida é unha épica feita de dores e de paixóns, escrita con gran penetración psicolóxica e espírito elexíaco. Virxilio contempla a homes que sofren e caen, non a soldados que combaten e realizan prodixios de heroísmo. O propio heroe do poema, Eneas, non é un cruel guerreiro, como Aquiles (saevus Aquilles), senón o pius Aeneas, o heroe relixioso e humano, desgarrado por unha traxedia interior: ten que obedecer aos deuses, e por iso abandona, contra a súa vontade, a Dido; e por iso mata, contra a súa vontade e tras dubidalo moito, a Turno, o seu antagonista. Eneas parece un heroe brando, comparado coa ferocidade de Aquiles; pero non é brandura, senón humanidade de sentimentos, non incompatible co valor guerreiro.
A Eneida respira, nos seus personaxes, no seu desenvolvemento, nas súas descricións e digresións, un perfecto equilibrio, que é a virtude máis excelsa dos verdadeiros clásicos.
O mesmo equilibrio e harmonía caracteriza a lingua e o estilo virxilianos. Nel conxúganse maxistralmente a solemnidade épica coa graza dos poetas neotéricos.
Usa as palabras con absoluta propiedade e coa colocación exacta. Evoca, como ningún outro poeta, cores e sons. Resulta ás veces doce, ás veces brillante, ás veces vigoroso, segundo conveña á ocasión.
Esta poesía, tan chea de cores e de efectos luminosos, estao tamén de sonoridades e do murmurio dos ríos, do fragor das rochas golpeadas polos mares e do estalo dos bosques.
Por todo isto, xa en vida converteuse nun clásico. E a súa fama non decaeu xamais, dende a Idade Media, na que Dante o elixiu como guía para o Inferno na súa Catábase, ata a época actual, na que se lle chamou a Virxilio “pai de Occidente”.
A sensibilidade de Virxilio é superior á súa imaxinación; a súa delicadeza, superior á súa forza. A súa natureza poética lévao máis á elexía ou ao lirismo que á invención puramente épica. A alma de Virxilio non lle permite escapar ás dores e infortunios dos seus 7 personaxes. O poeta chora e sofre con eles. Ante a pavorosa tempestade, exclama con Eneas:
«¡Oh unha e mil veces felices os que tiveron a sorte de morrer á vista dos seus pais!»
Sobre o sanguento campo de batalla da epopea, sementado de helmos e de escudos, de feros guerreiros e fogosos corceis, Virxilio fai brotar a súa sensibilidade, o seu amor á natureza, a todo canto pode suscitar no ánimo a tenrura ou a melancolía. Vemos caer as follas, que morren ao sopro do vento; as andoriñas, que abandonan os seus niños; o olmo, que xeme baixo os golpes da machada do rexo leñador. O rústico Virxilio mantén a súa alma sempre aberta á natureza. Compara caída de Troia co olmo que roda desde os cumes; a axitación de Dido, coa fuxida dunha cerva ferida; os terribles berros de Laocoonte, cos muxidos horrendos do touro que escapa ferido do sacrificio; a actividade cartaxinesa, cunha rumorosa colmea; a marcha dos guerreiros, co voar dunha bandada de cisnes; a sarabiada de frechas que cae sobre Eneas, coa sarabia que se abate devastadora sobre a campiña.
Amor pola natureza, simpatía e piedade polos infortunios humanos, polos necesitados, polos desherdados da sorte. Velaquí un sentimento novo na poesía romana. A tenrura desbordada do alma virxiliana permítelle afondar no corazón de Dido e pintar a batalla que nel se libra entre o amor a Eneas e o respectuoso recordo de Siqueo, a súa desesperación, o seu despeito de muller menosprezada, a súa resignación e, para rematar, a serea actitude ante a morte que contra si mesma maquinou.
Virxilio é o poeta do corazón, da doce e delicada melancolía, que comprende a fraxilidade das cousas humanas. Describe a tristeza de Andrómaca, viúva e cativa, cunha graza conmovedora.
A tristeza de Andrómaca
Héleno, el hijo de Príamo, reinaba sobre ciudades griegas,
dueño y señor de la esposa y del trono del eácida Pirro,
y Andrómaca había pasado de nuevo a un marido de la patria.
Me quedé atónito, encendido mi pecho con un ansia tremenda
de interrogar al príncipe y conocer aventuras tan grandes.
Me alejo del puerto dejando atrás naves y playas,
cuando por caso viandas solemnes y tristes ofrendas
ante la ciudad, en un bosque junto a las aguas de un falso Simunte,
estaba Andrómaca libando a la ceniza y a sus Manes llamaba
junto al túmulo de Héctor, que con verde hierba consagrara
vacío y dos altares, motivo de lágrimas.
Casandra, agrilloada polos seus cativadores, tende suplicante ao ceo os ollos callados de bágoas en oración inútil. A agonía dos guerreiros mortos na flor da súa mocidade fai chorar ao poeta: Corebo expira en presenza da súa prometida; Euríalo, ante Niso; Palante, á vista de todo o exército, que estala en queixumes; Lauso morre para salvar a vida do seu pai.
As lamentacións da nai de Euríalo ou as de Evandro alcanzan un patetismo dificilmente igualable. E ao cantar a morte de Marcelo, Virxilio fai vibrar o seu corazón de cidadán e de amigo cos acentos da máis pura sinceridade.
Dido e os cartaxineses saben comprender e compartir as desgrazas alleas porque eles tamén padeceron:
Haud ignara malis, miseris succurrere disco.
Eneas entenrécese pola morte cruel de Lauso e ata os deuses chegan a conmoverse polas miserias humanas. Só o Destino lles impide remedialas. Fronte á poesía serea e luminosa, pero indiferente, dos gregos e a recia e viril dos romanos, Virxilio aporta o amor, a bondade, a xenerosidade, a fraternidade entre os homes. É o anuncio da actitude cristiá ante a vida, coas súas dolorosas meditacións e o seu inmenso amor ao próximo.
Constitúe Virxilio unha avanzada das inquietudes sociais dos actuais séculos, marcados pola comprensión e o respecto das miserias humanas e por un ansia irresistible de remedialas. Virxilio, pai de Occidente, como se lle chamou con xustiza, trazou un cadro da Antigüidade co que ela ten de máis belo e é o precursor dos tempos actuais, no que teñen de mellor, de máis nobre, de máis xeneroso.
A Eneida, grega pola inspiración, romana polo espírito que a anima, cristiá case polo corazón, é a obra que canta a morriña do pasado de Roma, o seu presente glorioso e o porvir da Humanidade, chea dese amor universal ao home, presentido xa polo alma xenerosa e o corazón inmenso dun poeta inmortal.
LIBRO I: As naves dos troianos, que sucan o mar de Sicilia, son arroxadas ás costas africanas por unha violenta tempestade que lles envía a rancorosa Xuno. Venus, quen pouco antes obtivera de Xúpiter garantías sobre o futuro do seu fillo, aparéceselle a Eneas como unha cazadora, e infórmalle de que se atopa nas terras da fenicia Dido, agora raíña de Cartago.
Entra Eneas nesta cidade co seu amigo Acates rodeados por unha nube que os oculta, e poden así contemplala sen que ninguén os vexa.
Asisten tamén ao relato de Ilioneo, que se presentou ante a raíña á fronte dunha embaixada de troianos, e Eneas envía a Acates en busca de Ascanio e de agasallos para Dido, logo de saír da nube e mostrarse á vista de todos.
Venus, convencendo a Cupido para que suplante ao fillo de Eneas e tome o seu aspecto, logra que o corazón da raíña se inflame de amor. A raíña ofrece un banquete aos seus hóspedes e pide a Eneas que lle conte as súas aventuras.
LIBRO II: Comezan os recordos de Eneas, tal como llos conta a Dido no banquete, e que se van a estender ao longo de dous libros.
Neste cóntase a caída de Troia, logo que os gregos lograron introducir o cabalo na cidade. Esa noite aciaga, e cando xa o exército grego lograra o seu obxectivo de entrar en Troia, aparécese a Eneas a pantasma de Héctor que lle anuncia o desastre e lle pide que escape e busque novas murallas para os deuses da cidade.
Descríbese o saqueo da cidade e a morte dalgún dos seus personaxes máis importantes e en especial a do rei Príamo. Eneas decide abandonar a patria para o que ha de vencer, axudado por sinais do ceo, a resistencia de Anquises, o seu pai. Saen ao fin, pero no camiño pérdese definitivamente Creúsa, a esposa do heroe, quen se encamiña ás montañas co seu pai e Ascanio, o seu fillo.
LIBRO III: Eneas, cos compañeiros que puideron escapar á catástrofe, prepara unha flota e navega ás costas de Tracia. Comeza así un periplo que o leva sucesivamente á illa de Delos (para consultar o oráculo), a Creta, de onde deben partir precipitadamente por mor da peste, e ás illas Estrófades (encontro con Celeno e as demais Harpías; nova profecía sobre o seu destino).
Chegan ás costas de Epiro, onde atopan a Andrómaca e Héleno; anúncialle este o seu brillante porvir e advírtelle dos perigos que debe evitar na navegación cara a Italia. Bordean as costas de Sicilia e, fronte ao Etna, atopan ao grego Aqueménides, supervivente da expedición de Ulises, que lles refire a aventura co Ciclope Polifemo.
Evitan logo os escollos de Escila e Caribdis seguindo os consellos de Heleno, e chegan ao fin ao porto de Drépano, onde morre Anquises, o pai do heroe. Vén logo a tempestade que os arroxou ás praias de África, co que termina o relato de Eneas á raíña.
LIBRO IV: É o famoso libro dos amores de Dido e Eneas. Comeza cando Dido abre o seu corazón a Ana, a súa irmá do alma, e exponlle o seu terrible dilema: namorouse do heroe troiano, pero aínda respecta a memoria de Siqueo, o seu primeiro marido xa morto.
Animada polas palabras da súa irmá, que lle reprocha o rexeitar xa a outros pretendentes africanos, Dido rompe todos os lazos do pudor e entrégase a unha ardente paixón por Eneas.
Xuno e Venus, por razóns ben distintas, acordan -as dúas están finxindo- propiciar a unión de Dido con Eneas e unir aos dous pobos.
Saen os heroes de cacería; protexidos nunha cova dunha repentina tormenta, consúmase o seu himeneo. Instigado polas súplicas de Iarbas, rei dos getulos a quen Dido desprezara, Xúpiter envía a Mercurio para que recorde a Eneas o obxectivo da súa misión e repróchalle o seu abandono.
Prepara entón en segredo a partida, pero Dido descóbreo e intenta convencelo de mil maneiras para que se quede ao seu lado.
Ao non conseguilo, a raíña decide quitarse a vida e maldicir para sempre a Eneas e ao seu pobo. Parten as naves troianas mentres asoman por encima das murallas as chamas da pira de Dido.
LIBRO V: Con tan funesto augurio, as naves son arroxadas de novo por unha tempestade ás costas de Sicilia, sen poder alcanzar Italia. Acólleos con amabilidade o rei Acestes, e celebra entón Eneas sacrificios e xogos no sepulcro do seu pai. Comezan cunha competida regata; seguen carreiras a pé, loitas co cesto, probas de puntería con arco e terminan cuns exercicios ecuestres nos que Ascanio dirixe aos demais mozos troianos.
As mulleres de Troia, preocupadas pola súa difícil situación e en vista de que non alcanzan o final da perigosa viaxe, instigadas por Iris, mensaxeira de Xuno, incendian a flota e conseguen destruír catro naves; Xúpiter envía unha choiva milagrosa que impide a destrución total.
Anquises aparécese en soños ao seu fillo e aconséllalle que deixe a parte da súa xente en Sicilia e se dirixa a Cumas, en Italia, onde debe conseguir a axuda da Sibila para baixar ao Averno, ás moradas infernais de Dicte. Obedece Eneas ao seu pai, e no camiño perde a Palinuro, o piloto da súa nave.
LIBRO VI: Chega por fin Eneas ás costas de Italia, a Cumas. Entrevístase coa Sibila, escoita o seu oráculo e pídelle que o acompañe ás mansións infernais para ver ao seu pai.
Percorren ambos os infernos, logo que o heroe consegue a póla de ouro que lles franquea o paso. Atopan a sombra de Palinuro, antes de cruzar a lagoa estixia na barca de Caronte; chegan ás Chairas do Choro, onde atopan a Dido e ao xentío dos soldados troianos mortos na guerra.
Descrición do Tártaro e os seus suplicios. Chegan aos Campos Elíseos, onde, por fin, pode Eneas falar coa pantasma do seu pai. Anquises explica ao seu fillo a orixe do mundo e os misterios da vida nos infernos; para rematar, vaille describindo as persoas dos que logo han de ser heroes da Roma que agarda a súa hora; destaca aquí o eloxio do mozo Marcelo, sobriño e herdeiro de Augusto, morto prematuramente.
Animado ao comprender a misión de Roma na historia do mundo, abandona Eneas as moradas infernais pola porta de marfil.
LIBRO VII: Comeza a segunda parte do poema, as guerras no Lacio, e así nolo indica o propio poeta cunha segunda invocación ás Musas. Navega a flota troiana seguindo as costas de Italia, e penetra nas augas do Tíber, en cuxa ribeira desembarcan e establecen os troianos o seu campamento. Eneas, ao ver cumprido o vaticinio de Celeno, recoñece nestas terras a patria que lle ten asignado o destino.
Envía mensaxeiros ao rei Latino, quen o acolle favorablemente e, en cumprimento da antiga profecía, ofrécelle en matrimonio á súa filla Lavinia. Irritada de novo Xuno, envía á terra á furia Alecto, que ha de enfrontar a latinos e troianos para impedir a voda; manobras de Alecto con Amata, a esposa do rei Latino, e o propio Turno, rei dos rútulos, a quen xa Latino prometera a man da súa filla, e que era o pretendente favorito da raíña Amata. Ascanio mata nunha cacería a un cervo da pastora Silvia, pastora do rei, e este incidente é a faísca que acende a guerra entre ambos pobos. Descrición das tropas aliadas de Turno, entre as que destaca Camila, raíña dos volscos.
LIBRO VIII: Turno busca axuda entre todos os pobos do Lacio. O deus do Tíber aparécese en soños a Eneas e advírtelle, tras infundirlle ánimos, que debe buscar a alianza con Evandro, rei arcadio que tempo atrás se estableceu co seu pobo no monte Palatino, xusto onde máis tarde haberán de alzarse as murallas da alta Roma. Parte Eneas en busca de Evandro e este recíbeo favorablemente.
Conta o rei arcadio a orixe dos sacrificios que están celebrando en honor de Hércules, conmemorando a súa vitoria sobre Caco; percorren ambos reis o futuro asento de Roma.
Venus, preocupada polas guerras que agardan ao seu fillo, solicita o favor de Vulcano, quen ordena aos seus Cíclopes que preparen para o heroe unhas armas marabillosas. Por consello de Evandro, que fai que o seu propio fillo Palante se aliste xunto a Eneas, o heroe troiano parte en busca das tropas tirrenas, en pé de guerra contra Mecencio, o seu antigo rei, hoxe aliado de Turno.
Venus aparécese a Eneas e entrégalle as armas; descrición minuciosa do escudo, no que aparecen gravadas futuras fazañas de Roma.
LIBRO IX: Aproveitando a ausencia de Eneas que lle descobre Iris, Turno pon sitio ao campamento troiano e queima as súas naves, que a deusa Cibeles converte en Ninfas do mar.
Aventura nocturna de Niso e Euríalo, quen tratan de romper o cerco para avisar ao seu rei da difícil situación do campo troiano; a morte de ambos amigos fai que decaia máis a moral dos soldados troianos.
Turno ataca con redobradas forzas, e o propio Ascanio debe empuñar as armas contra os atacantes, dando morte a Numano. Pándaro e Bitias intentan enganar aos sitiadores e ábrenlles a porta que lles foi confiada, pero Turno advirte o engano e entra no campamento causando gran matanza entre os seus inimigos ata que, rexeitado e acosado, ha de arroxarse coas súas armas ao Tíber.
Niso e Eurialo. Escultura en mármore, exposto no Salón de 1827, Museo do Louvre. Feita por Jean-Baptiste Roman.
LIBRO X: Convoca Xúpiter a asemblea dos deuses para discutir a guerra do Lacio; ante a imposibilidade de conciliar os criterios de Xuno e de Venus, decide o pai dos deuses permanecer neutral, o que vén ser deixar a guerra en mans do fado e as súas disposicións.
Cando os rútulos preparan un segundo ataque, preséntase Eneas coas tropas tirrenas e as que Evandro puxo baixo o mando do seu fillo Palante; as naves transformadas en Ninfas avisárono do perigo que corrían os troianos. Eneas desembarca e comeza o combate no que morre Palante a mans de Turno.
Cando máis enfurecido está o heroe troiano por vingar a morte do seu amigo, Xuno consegue de Xúpiter que saque a Turno do campou, librándoo dunha morte inminente; para iso póñenlle diante unha pantasma coa figura de Eneas, e o rei dos rútulos perségueo por terra e por mar ata as ribeiras de Ardea, onde sae avergoñado do seu erro.
Toma Mecencio o mando do exército latino ata que é ferido por Eneas, quen despois dá morte ao seu fillo Lauso. Dor de Mecencio, que volve enardecido ao combate e é morto por Eneas.
LIBRO XI: Celebra Eneas en honor de Marte a morte de Mecencio, e envía á cidade de Evandro os restos de Palante. Chegan mensaxeiros do rei Latino a pactar unha tregua para dar sepultura aos mortos; accede Eneas. Regresan á corte de Latino os mensaxeiros que enviara a Diomedes e anuncian que non puideron conseguir a súa alianza; isto provoca un debate na asemblea dos latinos, e Turno e Drances enfróntanse agriamente en defensa da guerra e a paz cos troianos, respectivamente.
Chega á asemblea a noticia do avance de Eneas sobre Laurento e prepárase a defensa da cidade. Sae Camila á fronte do seu escuadrón de cabalería e trábase combate no que morre a heroína a mans de Arrunte; a Ninfa Opis vinga a súa morte por encargo da deusa Diana. Dispérsase o exército latino ante a morte de Camila e acode de novo Turno para salvar a situación. Chega ao campo de batalla á vez que Eneas; é de noite e ambos prefiren acampar ao pé das murallas de Laurento.
LIBRO XII: Acepta Turno enfrontarse en combate singular segundo a proposta de Eneas, e que a man de Lavinia sexa para o vencedor.
Persuadida por Xuno, a Ninfa Iuturna, irmá de Turno, actúa entre o exército latino e consegue que se rompa o pacto porque Tolumnio dispara os seus dardos contra os troianos. Renóvase o combate e é ferido Eneas. Mentres Turno se aproveita da súa ausencia, o caudillo troiano é curado milagrosamente cunhas herbas que lle envía a súa nai.
Busca logo a Turno, pero Iuturna, transformada no auriga Metisco, manteno afastado do combate; decide entón Eneas iniciar o asalto final á cidade. Ante tan delicada situación afórcase a raíña Amata, e a espantosa noticia lanza a Turno ao combate decisivo, tras descubrir o engano inútil da súa irmá. Morre Turno a mans de Eneas.
(...) Stabat acerba fremens, ingentem nixus in hastam
Aeneas magno iuvenum et maerentis Iuli
concursu, lacrimis immobilis. Ille retorto
Paeonium in morem senior succinctus amictu
multa manu medica Phoebique potentibus herbis
nequiquam trepidat, nequiquam spicula dextra
sollicitat prensatque tenaci forcipe ferrum. (...)
Virgilio, Eneida, XII, 398-404
(...) "Eneas estaba de pé, queixándose duramente, apoiado na enorme lanza, rodeado dun gran número de mozos e do aflixido Iulus, indiferente ás lágrimas dos alí presentes. O vello médico, vestido co manto arremangado á maneira de Péon, afanábase inutilmente a facer moitas cousas coa súa man experta e coas poderosas herbas de Febos, tentando sen éxito alcanzar cos dedos a punta do dardo e asilo fortemente cunhas pinzas resistentes" (...)
Poucas persoas medianamente interesadas na literatura descoñecen que “En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivió un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor” son as primeiras liñas da inmortal obra de Cervantes Don Quijote de la Mancha.
Tamén na literatura latina hai obras cuxos comezos son sumamente coñecidos e foron frecuentemente citados e imitados. Tal é o caso da Guerra das Galias de Xulio César...
Gallia est omnis divisa in partes tres
ou o famoso inicio da Primera Catilinaria de Cicerón...
Quousque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?
Algo similar pódese dicir dos primeiros versos da Eneida:
Arma virumque cano, Troiae qui primus ab oris
Italiam fato profugus Lavinaque venit
litora - multum ille et terris iactatus et alto
vi superum, saevae memorem lunonis ob iram,
multa quoque et bello passus, dum conderet urbem
inferretque deos Latio - genus unde Latinum
Albanique patres atque altae moenia Romae.
“Canto as fazañas e ao varón que, fuxitivo por causa do fado, chegou o primeiro dende as costas
de Troia a Italia e ao litoral de Lavinia, abaneado por terra e mar pola forza dos deuses e a cruel
ira da rancorosa Xuno; e sufriu moito na guerra ata fundar a cidade e introducir os deuses no
Lacio, de onde provén a linaxe latina, os pais Albanos e as murallas da altiva Roma”.
Estes versos cos que Virxilio inicia a súa obra (e nos que el á súa vez é debedor de Homero) serviron de modelo a moitos dos poetas épicos posteriores en todas as literaturas europeas. Poden servirnos de exemplo o inicio de Os Lusíadas do poeta portugués Luis de Camoes (1524 - 1580) e os primeiros versos de La Araucana de Alonso de Ercilla (1533 -1594). Ámbolos dous casos son testemuño claro do eco dos versos de Virxilio:
No a las damas, amor, no gentilezas
de caballeros canto enamorados,
ni las muestras, regalos y ternezas
de amorosos afectos y cuidados;
mas el valor, los hechos, las proezas
de aquellos españoles esforzados
que a la cerviz de Arauco no domada
pusieron duro yugo por la espada.
Las armas, los varones señalados
que, de la occidental y lusitana
playa, por mares antes no surcados
pasaron más allá de Trapobana...
Mientras Virgilio muere en Bríndisi no sabe
que en el norte de Hispania alguien manda grabar
en piedra un verso suyo esperando la muerte.
Éste es un legionario que, en un alba nevada,
ve alzarse un sol de hierro entre los encinares.
Sopla un cierzo que apesta a carne corrompida,
a cuerno requemado, a humeantes escorias
de oro en las que escarban con sus lanzas los bárbaros.
Un silencio más blanco que la nieve, el aliento
helado de las bocas de los caballos muertos,
caen sobre su esqueleto como petrificado.
Oh dioses, qué locura me trajo hasta estos montes
a morir y qué inútil mi escudo y mi espada
contra este amanecer de hogueras y de lobos.
En la villa de Cumas un aroma de azahar
madurará en la boca de una noche azulada
y mis seres queridos pisarán ya la yerba
segada o nadarán en playas con estrellas.
Sueña el sur el soldado y, en el sur, el poeta
sueña un sur más lejano; mas ambos sólo sueñan
en brazos de la muerte la vida que soñaron.
No quiero que me entierren bajo un cielo de lodo,
que estas sierras tan hoscas calcinen mi memoria.
Oh dioses, cómo odio la guerra mientras siento
gotear en la nieve mi sangre enamorada.
Al fin cae la cabeza hacia un lado y sus ojos
se clavan en los ojos de otro herido que escucha:
Grabad sobre mi tumba un verso de Virgilio.
(...) “Or se’ tu quel Virgilio, e quella fonte
che spandi di parlar sì largo fiume?”
Rispuos’io lui con vergognosa fronte.
“O delli altri poeti onore e lume,
valgiami’l lungo studio e’l grande amore
che m’ha fatto cercar lo tuo volume.
Tu se’ lo mio maestro e’l mio autore;
tu se’ solo colui, da cu’io mi tolsi
lo bello stilo che m’ha fatto onore.” (...)
(...) ¿Eres tú aquel Virgilio y esa fuente
de quien brota el caudal de la elocuencia?»
le respondí con vergonzosa frente.
De los poetas el honor y ciencia,
válgame el largo estudio y gran amor
con que busqué en tu libro la sapiencia.
Eres tú mi maestro, tú mi autor:
eres tú solo aquel del que he tomado
el bello estilo que me diera honor (...)
Por los bosques de Cartago
se salen a montería,
la reyna Dido y Eneas
con muy gran caballería:
Ana hermana de la reyna
y Julio Ascanio los guía,
a la dehesa de Juno
donde la caza se cría;
preguntando iba la Reina
al niño qué tal venía,
si se le acuerda de Troya....
su padre toma la mano,
desta manera dezía:
pues mandais reina y señora
.....................................
ya os conté que a Troya ví
....................................
la triste reina troyana
que nadie la socorría,
los sus hijos todos muertos,
[p. 117] Priamo no parescía,
a la triste Policena
muerta cabe sí tenía,
a Helena que quedó viva....
Ellos en esto hablando
un ciervo que parescía,
metió la mano a la aljaba,
..........................
el golpe le dió en soslayo,
el ciervo mucho corría,
espárcense los monteros,
síguele quien más podía,
Eneas y Elisa Dido
quedaron sin compañía....
con sospiros le dezía,
los tristes campos de Troya
con Páris Troilo y Éctor
fuera la mi compañía...
la reina le dixo entonces:
Conortáos por cortesía,
que los muertos sobre tierra
resuscitar no podían:
ya es perdida la ciudad,
llorar, pró no vos ternía...
Que me escapé de los griegos
y en las tus manos moría,
que tu gracia y hermosura
es de mi muerte la guía.
—Pago es de tu atrevimiento,
la reina le respondía,
Eneas, vete a tus naves,
pues sigues esta porfía,
la fé que debo a Sicheo
yo no la quebrantaría....,
el cielo se revolvía...
gran escuridad hacía,
el granizo es muy crecido,
con gran fuerza descendía,
los relámpagos y truenos
grande espanto les ponía,
la reina con el temor...
Eneas bajó tras ella,
con su su manto la cubría,
mirando por todas partes,
tomándola entre sus brazos
dentro della la metía,
el aposento es estrecho,
que muy justo, los tenía;
mientras la reina en sí torna
cuan bien se desenvolvía;
apártale paños de oro,
los de lino le encogía,
cuando ella en sí tornó,
hallóse d' amor florida:
ya no tiene que le dar
que él tomado se lo había;
echó los brazos a Eneas,
desta suerte le decía:
—¡Oh traidor, cuál has tratado
la fama y honra mía;
ya has hecho tu voluntad,
y olvidarme has otro día:
si tal ha de ser Eneas,
yo misma me mataría!
Eneas que tal le oyó
aquesto le respondía:
No permitan tal los dioses,
ni os venga tal fantesía
que antes que yo tal hiziesse
mil muertes recibiría:
salido se han de la cueva
con soberana alegría:
si Eneas va glorioso,
ella mas leda yazía;
y allí se van mano a mano
a buscar su compañía:
desque la hubieron hallado
a Cartago se volvían...
Que otros se jacten de las páginas que han escrito;
a mi me enorgullecen las que he leído.
No habré sido un filólogo,
no habré inquirido las declinaciones, los modos, la laboriosa
mutación de las letras...
Mis noches están llenas de Virgilio;
haber sabido y haber olvidado el latín
es una posesión, porque el olvido
es una de las formas de la memoria, su vago sótano,
la otra cara secreta de la moneda...
(...) Gustó mucho Virgilio de retirarse a Campania y a Sicilia. Durante este retiro no perdió ni el favor del divino Augusto ni la popularidad entre el pueblo romano.
Son testigo las cartas de Augusto y lo es también el propio pueblo, que, al escuchar en cierta ocasión en el teatro unos versos de Virgilio, el teatro en pleno se puso en pie y vitoreó, como al propio Augusto, a Virgilio que se hallaba presente contemplando el espectáculo (...)
Digo asimismo que cuando algún pintor quiere salir famoso en su arte procura imitar los originales de los más únicos pintores que sabe, y esta mesma regla corre por todos los más oficios o ejercicios de cuenta que sirven para adorno de las repúblicas, y así lo ha de hacer y hace el que quiere alcanzar el nombre de prudente y sufrido, imitando a Ulises, en cuya persona y trabajos nos pinta Homero un retrato vivo de prudencia y de sufrimiento, como también nos mostró Virgilio en persona de Eneas el valor de un hijo piadoso y la sagacidad de un valiente y entendido capitán, no pintándolo ni descubriéndolo como ellos fueron, sino como habían de ser, para quedar ejemplo a los venideros hombres de sus virtudes.
Pues no es justo ni acertado que se cumpla la voluntad de quien lo que ordena va fuera de todo razonable discurso. Y no le tuviera bueno Augusto César si consintiera que se pusiera en ejecución lo que el divino Mantuano dejó en su testamento mandado.