Plauto

Contexto histórico

Tito Maccio Plauto (259/51?-184 a.C.), en latín Titus Maccius Plautus, foi un dos grandes comediógrafos latinos. Gozou de grande popularidade e éxito en vida e as súas obras seguen a ser representadas hoxe en día.

Na época na que Plauto viviu Roma estaba inmersa en varias guerras polo control do Mediterráneo. Tras ter conquistada Italia e a rexión da Magna Grecia (o que lle permitiu coñecer a cultura helena), Roma tremía ante o nome de Aníbal e, despois de superar as guerras contra este, iniciouse outra nova guerra, a macedónica.

As guerras púnicas

As guerras contra os cartaxineses foron as chamadas Guerras Púnicas, nas cales Roma se disputaba con Cartago o dominio do Mediterráneo.

A Primeira Guerra Púnica (267 ó 241 a.C) foi unha disputa, sobre todo, polo dominio de Sicilia. Os cartaxineses eran superiores navalmente, pero os romanos servíronse da súa óptima infantería para gañar. Tras a derrota, Cartago comprometeuse a non atacar a ningún aliado de Roma e comezou a expandirse pola Península Ibérica, territorio que tamén ansiaban os romanos.

No 241 a.C. Roma conquistou a Magna Grecia. A cultura helena estaba xa presente na romana dende había tempo, o que explica a gran aceptación das comedias gregas en Roma, pero a partir desta conquista sucedida ó final da primeira guerra púnica, o helenismo estivo aínda máis presente na Urbs. Un número considerable de gregos comezou a vivir entre os romanos, levando con eles a súa cultura, bastante máis avanzada. Os romanos comezaron a ter interese por esa cultura, e xurdiu así a necesidade de crear unha literatura propia en latín feita, primeiro, por traducións e adaptacións.

As guerras tiveron unha grande importancia na introdución do teatro grego en Roma. Os soldados que participaran nas campañas do sur de Italia afeccionáranse alí ó teatro e unha vez voltados a Roma demandaban o traslado dos espectáculos teatrais á capital; a plebe, formada en gran parte por emigrantes gregos, acolleu tamén con gusto estes espectáculos.

Así pois, os romanos estaban afeitos ás formas culturais gregas e, seguindo o seu costume, decidiron imitalas para construír as súas. Polo tanto, non é de estrañar que para celebrar a fin da Primeira Guerra Púnica os romanos, en setembro do ano 240 a.C., organizaran xogos que, por primeira vez, incluían representacións teatrais adaptando os orixinais gregos. Livio Andronico, un liberto grego afincado en Roma, foi o encargado de facer a versión e a montaxe escénica. Podemos, polo tanto, situar o comezo do teatro en Roma nesta data con toda precisión. Non sabemos se nesa ocasión se representou unha palliata ou unha traxedia, pero en calquera caso se non foi daquela foi xusto despois, xa que no 225 a.C, ademais de Andronico, temos xa constancia doutro comediógrafo en Roma, Gneo Nevio.

Plauto foi, logo, o gran autor cómico durante a Segunda Guerra Púnica (218-201 a.C). Esta guerra volveu enfrontar a Roma e a Cartago, esta vez comandados por Aníbal, ó cal temían os romanos. Os romanos crían que esta nova guerra sucedería en Hispania, pero os cartaxineses tomáronos por sorpresa cruzando os seus exércitos polos Alpes. As tropas de Aníbal chegaron de asediar a propia Roma, quizais por iso a poboación, que vivía baixo o medo dunha invasión, se sentía máis propensa a ver comedias, para distraerse da triste situación que estaban a vivir.

As guerras macedónicas

A Primeira Guerra Macedónica (214 ó 205 a.C) foi o primeiro conflicto bélico que enfrontou á República Romana co Reino de Macedonia, e foi provocado polas ansias expansionistas de Filipo V de Macedonia, que ameazaba o dominio romano nos territorios gregos e mantiña unha alianza con Aníbal. Roma enviou tropas contra Filipo e o conflito non tivo maiores consecuencias.

Sen embargo, no 200 a.C Filipo intenta a anexión de novos territorios. Pérgamo e Rodas, como aliadas de Roma, pídenlle a ésta protección. Comeza así a Segunda Guerra Macedónica, na que os exércitos de Filipo foron derrotados, sendo limitado o seu dominio exclusivamente a Macedonia.

En definitiva, a época na que lle tocou vivir e na que desenvolveu o seu traballo Plauto foi unha época plagada de guerras, na que a poboación vivía atemorizada, o que explica o auxe da comedia, xa que os cidadáns o que buscaban asistindo ás representacións teatrais era evadirse do caos e do sufrimento que os rodeaba.

Biografía

As fontes

Os datos bibliográficos sobre a vida de Plauto, escasos e pouco fiables, proceden de dous pequenos fragmentos nos textos de Aulo Xelio e San Xerome, ademais de algunhas outras referencias illadas en diversos autores como Cicerón. O carácter fantasioso e novelesco da historia que nos contan levou a moitos filólogos a dubidar da súa credibilidade. E por se isto fose pouco ás veces non resulta doado a interpretación dos mesmos.

A vida de Plauto

Como nos conta San Xerome, naceu en Sarsina, unha poboación situada na rexión de Umbría, hoxe a Romagna, á que el mesmo cita en Mostellaria (v.770),  unha rexión pouco helenizada, sometida polos romanos só poucos anos antes da data do nacemento de Plauto, que os estudiosos sitúan entre o 259 e 251 a.C., o que fai supor que o propio autor debeu de adquirir en Roma a súa fonda cultura grega e o coñecemento do latín 

Plautus ex Umbria Sarsinas Romae moritur (Eusebii Chronicorum, liber II, 1817)

(cita: Introdución de José Román Bravo en Comedias I. Plauto.  Ed. Cátedra. Madrid 1989. pag. 9-10)(cita: Introdución de José Román Bravo en Comedias I. Plauto.  Ed. Cátedra. Madrid 1989. pag. 11) (cita: Introdución á Anfitrión e Asinaria, Mercedes Boado e María Xesús Frei. Colección clásicos en galego. Editorial Galaxia. Vigo 1992.)

(Mostellaria v. 770)

-Immo edepol vero, quom usquequaque umbra est, tamen

sol semper hic est usque a mani ad vesperum:

quasi flagitator astat usque ad ostium,

nec mi umbra hic usquamst, nisi si in puteo quaepiamst.

-Quid, Sarsinatis ecqua est, si Vmbram non habes? 

-Ao revés, oh, pode haber sombra por calquera outra parte, pero

aquí sempre hai sol, da mañá á noite.

Está chantado na porta coma un acredor,

e un lugar á sombra non o teño eu na miña casa a non ser na cisterna.

-E que, non é igual unha Sarsinate se non tes unha Umbría?

Emigrou a Roma onde traballou no teatro, quizais como actor. Gañou cartos que investiu no comercio e quedou arruinado. Tivo que entrar ao servizo do seu acredor, traballando na dura tarefa de darlle voltas ás rodas dun muíño. E foi entón cando comezou a escribir obras de teatro, o Saturio, o Addictus e outra máis da que Aulo Xelio non recorda o título.

Sed enim Saturionem et Addictum et tertiam quandam cuius nunc mihi nomen non subpetit in pristrino eum (sc. Plautum) scripsisse Varro et plerique alii memoriae tradiderunt, cum pecunia omni quam in operis artificum scaenicorum pepererat in mercatibus perdita inops Roman redisset et ob quarendum victum ad circumagendas molas quas trusatiles apellantur operam pistori locasset (Gel. III, 3, 14)

Sen embargo Varrón e moitos outros transmitíronos que el, Plauto, escribira o Saturio, o Addictus e unha terceira cuxo nome non recordo, logo de voltar a Roma arruinado, perdidas nos negocios todas as ganancias que obtivera traballando no teatro, e despois de, poñerse baixo as ordes dun muiñeiro a dar voltas ás rodas do muíño chamadas "trusátiles"para gañar o seu sustento.-

San Xerome conta o seguinte:

Plautus ex Umbria Sarsinas Romae moritur, qui propter annonae difficultatem ad molas manuarias pistori se locaverat; ibi, quoties ab opere vacaret, scribere fabulas ac vendere solitus” (Eusebii Chronicorum, liber II, 1817)

( Plauto, procedende de Sársina, na rexión de Umbría, morreu en Roma, quen a causa das dificultades na distribución do trigo se puxera ás ordes dun muiñeiro para darlle voltas ás rodas; e alí, cando tiña tempo libre nese traballo, acostumaba a escribir e vender as súas obras)

A partir deste momento interrómpese a tradición biográfica e só temos as poucas noticias que o propio Plauto pode inserir nos textos das súas obras. As investigacións máis recentes apuntan a que debeu ser un home libre, que chegou a Roma como actor nunha compañía teatral, como comerciante ou mesmo como soldado, dado o profundo coñecemento que mostra do linguaxe militar nas súas comedias. 


(Cita: Della Corte, F., Da Sarsina a Roma, Florencia, 1967, 25)

O seu enorme éxito como escritor fixo que se apartase dos traballos físicos (muiñeiro) e que as comedias lle deran o necesario para vivir e máis, posto que morreu con aproximadamente setenta anos, inmensamente rico e cunha gran popularidade entre a sociedade do momento. Existen outras teorías que afirman que cando el empregaba a expresión latina “empuxar a pedra do muiño”, non se refería a que traballara como muiñeiro, senon que se refería a un estado da extrema pobreza.


(cita: Lejay, P. Plaute, París, 1925, 5)
 Óleo por Camillo Miola. 1864. Plauto le unha das súas obras no que parece ser un muiño.

O personaxe protagonista da obra ciceroniana de Senectute, Catón, afirma que Plauto se sentía moi orgulloso da súa actividade literaria durante a súa vellez. 

“Quid in levioribus studiis, sed tamen acutis? Quam gaudebat bello suo Punico Naevius! quam Truculento Plautus, quam Pseudolo! (Cato maior de senectute - 50)

e que dicir das aficións máis lixeiras, pero aínda así cheas de inxenio? Cómo se alegraba Nevio do seu "Bellum Punicum", como Plauto do seu "Truculentus", do seu "Pseudolus"!

Cicerón fixa a súa morte no ano 184 a.C, que se correspondía coa censura de Catón.

nam Plautus P. Claudio L. Porcio viginti annis post illos quos ante dixi consulibus mortuus est Catone censore. (Brutus, 15-60)

Pois Plauto morreu no consulado de P. Claudio e L. Porcio, vinte anos despois de aqueles que citei antes, sendo Catón censor.

Aulo Xelio, que viviu no século I d.C., recolle na súa miscelánea Noites Aticas noticias sobre o epitafio de Plauto:

Epigramma Plauti, quod dubitassemus, an Plauti foret, nisi a M. Varrone positum esset in libro de poetis primo:

postquam est mortem aptus Plautus, Comoedia luget,

scaena est deserta, dein Risus, Ludus Iocusque

et Numeri innumeri simul omnes conlacrimarunt

(Gelius, Nottes Atticae, 1,24,3)

O epigrama de Plauto, do que dubidaríamos que fose obra del se non fose porque foi incluído por M. Varrón no primeiro libro da súa obra De Poetis.

Despois de que Plauto fose trala morte, a Comedia está de loito,

a Escena deserta, e ademais a Risa, os Xogos e as Bromas

e os Ritmos innumerables choran todos á vez.

O problema do nome

Son tantas as dúbidas sobre o noso comediógrafo que ata se suxeriu que Plauto non foi máis que un nome baixo o que firmaron as súas obras outros autores, convencidos de que iso garantía que as súas produccións acadasen sona inmediata en Roma. Estas inseguridades chegan mesmo ó nome do poeta, e só sabemos con certeza que os antigos o coñeceron polo nome de Plautus.

Suxeriuse que Plautus fose a forma romanizada do cognomem Plotus e segundo os etimoloxistas puido facer referencia á forma dos pés (planos), polo que por extensión tamén se aplicaría ós actores de mimo que saían a escena cos pés descalzos, de ahí o nome de planipedes; ou ben a un tipo de can con orellas colgantes, como nos parece suxerir o propio Plauto no prólogo de Cásina (v.34)

Plautus cum latranti nomine - "Plauto, de nome que ladra"

Hoxe soe aceptarse por unanimidade a designación proposta por Ritschl de Titus Maccius Plautus, tal e como aparece no explicit da Casina do palimpsesto Ambrosiano: T. (Titi) Macci Plauti Casina explicit (cita: RITSCHL, F., Parergon Plautinum Terentianumque, Leipzig, 1845), aínda que esta hipótese plantexa varios problemas. En primeiro lugar a dificultade de que un escritor de orixe humilde puidese contar co privilexio dos tria nomina e que non existe outro texto ou documento antigo onde aparezan os tres nomes. E en segundo lugar a propia mención que Plauto fai de se mesmo como Maccus (Asinaria 11 e Mercator 10).

Prólogo de Asinaria, (v. 11)

“Demophilus scripsit, Maccus vortit barbare”.

Demófilo escribiuna: Maco traduciuna nunha lingua bárbara.

Mercator (vv.9-11)

“Graece haec vocatur Emporos Philemonis, eadem Latine Mercator Macci Titi.“

En grego chámase Emporos de Filemón e en latín Mercator de Maco Tito

Unha das moitas teorías que pretenten explicar estas dificultades é a proposta por Bücheler, quen supón que Plauto chegou a Roma co nome de Tito e co alcume burlesco de Plauto, aos que se lle engadiu o sobrenome de Maco; máis tarde, cando acadou a cidadanía romana, formaría o seu nome completo co nome de pila (praenomen Titus), o sobrenome latinizado (nomen Maccius) e o alcume (cognomen Plautus


(cita: Introdución de José Román Bravo en Comedias I. Plauto.  Ed. Cátedra. Madrid 1989. pag. 18-19)

Obras conservadas. O corpus Plautino

Plauto dedicouse á composición de comedias palliatae, é dicir, comedias de modelo, ambientación e personaxes gregos, coas que se convertiu no escritor máis coñecido do seu tempo. Pouco despois da súa morte circularon en Roma unhas 130 comedias baixo a súa autoría, xa que o emprego do nome “Plauto” era garantía de éxito. Un bo exemplo da boa fama da que gozou o autor é o prólogo da obra Casina, redactado trala súa morte:

Qui utuntur uino uetere sapientis puto

Et qui lubenter ueteres spectant fabulas.

Antiqua opera et uerba quom uobis placent,

Aequomst placere ante alias ueteres fabulas.

Nam nunc nouae quae prodeunt comoediae

Multo sunt nequiores quam nummi noui.

Nos postquam populi rumore intelleximus

Studiose expetere uos Plautinas fabulas,

Antiquam eius edimus comoediam,

Quam uos probastis qui estis in senioribus:

Nam iuniorum qui sunt, non norunt, scio,

Verum ut cognoscant dabimus operam sedulo.

Haec quom primum actast, uicit omnis fabulas.

Ea tempestate flos poetarum fuit,

Qui nunc abierunt hinc in communem locum.

(Casina, Prologus 5-19)

Na miña opinión, os que beben viño vello 

e aos que lles gusta ver comedias antigas son xente con vista; 

dado que vos gustan as obras e a linguaxe de tempos pasados, é natural que deades a vosa preferencia ás comedias doutras épocas; 

e é que na realidade, as de hoxe en día son aínda peores que a moeda nova. 

Nós, ao percatarnos polo que se escoita dicir, de que existe unha gran interese polas comedias de Plauto, 

puxemos en escena unha vella comedia súa, 

á que destes o voso aplauso os de maior idade entre vós, 

os máis xoves abofé que non a coñecen; 

pero agora mesmo imos dar os pasos para que a coñezades. 

Esta comedia, que damos hoxe, ao estrenarse tivo un éxito extraordinario, 

e eso aínda sendo aquela a época de mellor flor dos nosos poetas, 

que agora xa pasaron ao lugar no que todos acabaremos un día.  

Trala morte de Plauto, a mediados do século II a.C., comezou un traballo editorial decisivo para o futuro do texto das obras plautinas. Fixéronse dende aquelas auténticas edicións críticas do texto seguindo as normas editoriais que marcaba a filoloxía alexandrina, cuxos beneficios se reflicten nos manuscritos actuais. 


(cita: A Comedia do Gurgullo. Estudio Crítico por Amado, Teresa e Castro, Eva. Santiago de Compostela, 2003, Ed. Xunta de Galicia, páx.- 72-74 ISBN 84-453-3642-8) 

Deste xeito as comedias ían precedidas das didascalia, que nos proporcionan unha valiosísima información sobre a súa representación e posta en escena. Unha das mellor conservadas é feita para Stichus:

<T. MACCI PLAUTI SITCHUS> 

GRAECA ADELPHOE MENANDRV 

ACTA LUDIS PLEBEIS 

CN. BAEBIO C.TERENETIO AED.PL. 

<EGIT>T.PUBLILIVS PELLIO 

<MODOS FECIT>

MARCIPOR OPPII 

TIBIIS SARRANIS TOTAM 

* *

C.SVLPICIO C.AVRELIO 

Obra de Tito Macio Plauto, Stichus, 

en grego Os Xemelgos, de Menandro. 

Foi representada nos Ludi Plebeii, 

organizados polos ediles da plebe Cneo Baebio e Caio Terentio.

O director da compañía foi T. Publilio Pelión 

e compuxo a músca Marcipor, 

toda para flautas de Tiro. 

**

Durante o consulado de C. Sulpicio e C. Aurelio.

Nestas edicións incluíase tamén unha listaxe de personaxes e un resumo do contido, argumentum, case sempre en acrósticos, é dicir, que a primeira letra de cada verso lida en sentido vertical formaba o título da comedia, como podemos ver no argumentum da Aulularia de Plauto.

ARGVMENTVM II

Aulam repertam auri plenam Euclio

Vi summa servat, miseris adfectus modis.

Lyconides istius vitiat filiam.

Volt hanc Megadorus indotatam ducere,

Lubensque ut faciat dat coquos cum obsonio.

Auro formidat Euclio, abstrudit foris.

Re omni inspecta compressoris servolus

Id surpit. illic Euclioni rem refert.

Ab eo donatur auro, uxore et filio

Aulularia - The Latin Library

Euclión atopa unha ola chea de ouro

e gárdaa cun empeño sen igual e sen poder atopar repouso.

Licónides viola a súa filla.

Megadoro quere casar con ela sin dote,

e para que Euclión consinta con máis gusto,

mándalle uns cociñeiros con provisións para unha cea.

Un escravo de Licónides obsérvao 

e roúballe, pero Licónides devólvello a Euclión

que lle entrega o ouro, unha esposa e un fillo. 

O texto das comedias era en verso e as copias desas edicións non se fixeron a liña seguida, como se fose prosa, que era o común, senón por versos. Desta maneira a súa natureza métrica foi fácilmente recoñecible. 

Nesta etapa editorial as comedias estaban divididas en escenas, xa que Plauto suprimiu a división en actos dos orixinais gregos. A división en actos actual empregouse por primeira vez nas edicións renacentistas da obra plautina, que recollen os mandamentos de Horacio na súa Ars poetica (189 e ss.) 


(cita: A Comedia do Gurgullo. Estudio Crítico por Amado, Teresa e Castro, Eva. Santiago de Compostela, 2003, Ed. Xunta de Galicia, páx.- 72-74 ISBN 84-453-3642-8)


Neve minor neu sit quinto productior actu.

Fabula, quae posci vult, et spectae reponi. 

Nec Deus intersit, nisi dignus vindice  nodus 

Inciderit; nec quarta loqui persona laboret.

Ars Poética vv. 189 ss. - The Latin Library  

Para que un drama al público entretenga, 

y éste le pida con deseo,

ni más ni menos de cinco actos tenga.

Conducido en tramoya un Dios no venga

que el final desenredo facilite,

cuando el enredo un Dios no necesite.

Ni en cada escena llegarán a cuatro

las personas que ocupen el teatro.

*Tradución de D. Tomás Iriarte (ano 1777)

Tamén comezou de seguida, trala morte do autor, un debate sobre a autenticidade das 130 comedias que circulaban baixo o seu nome. Temos noticias, grazas a Aulo Xelio, de que existiron bos estudos de eruditos romanos como Acio, Volcacio Sedíxito, Elio Estilón, etc., pero o que acadou unha maior repercusión foi o traballo de Marco Terencio Varrón (116 - 27 a.C., De Comoediis Plautinis, hoxe perdido. 

Marco Terencio Varrón  foi un polígrafo, militar e funcionario romano, orixinario da clase ecuestre.

Nese estudio Varrón estableceu tres grupos:

(...) Nam praeter illas unam et viginti, quae "Varronianae" vocantur, quas idcirco a ceteris segregavit, quoniam dubiosae non erant, set consensu omnium Plauti esse censebantur (...) Gellius, Liber III, vv3 - The Latin Library

(...) Pois, ademais daquelas, están as 21 que son chamadas “Varronianas”, ás que separou do resto porque non eran dubidosas, senón que eran consideradas de Plauto segundo o parecer de todos (…)

De todas estas só chegou ao comezo da Idade Media e máis tarde ata os nosos días o grupo formado polas primeiras 21 comedias, coñecidas como Comoediae Varronianae. Pero, malia que o resto deixaron de transcribirse, temos coñecemento de aproximadamente 35 títulos máis, con algúns pequenos fragmentos, polas citas feitas por gramáticos latinos como Diomedes, Nonio ou Prisciano e eruditos como Aulo Xelio.

O manuscrito principal, conservado hoxe en día na Bibliotea Ambrosiana de Milán, é o palimpsestus Ambrosianus (A) redactado no século III ou IV d.C. en letra capital sobre pergamiño, descuberto en Milán no ano 1815 por Ángelo Mai. Existen outros códices medievais dos séculos X, XI e XII, que en moitos casos están cheos de faltas por mor do paso do tempo, dos erros na escritura ou a ignorancia e desidia dos copistas. 

En total consérvanse 8 exemplares nos que as 21 comedias varronianas foron copiadas segundo o criterio alfabético empregado xa na Antigüidade.


(cita: Introdución á Anfitrión e Asinaria, Mercedes Boado e María Xesús Frei. Colección clásicos en galego. Editorial Galaxia. Vigo 1992. páx.- 11). 

COMOEDIAE VARRONIANAE

 Algúns dereitos reservados por DivesGallaecia
Plauto, Tito Maccio - Bacchides [Comediógrafo latino do século III-II a.C.]
Ex emendationibus, ad que commentariis Bernardi Saraceni, Ionannis Petri Vallae Plauti Comoediae XX recens singulari diligentia formulis excusae...; ad haec index in primo statim operis uestibulo occurret...Impressum Venetiis: per lazarum Soardum, 1511
Biblioteca de Santa Cruz. Valladolid.

Influencias e innovacións

A comedia antiga e a comedia nova

Para entender a nova comedia grega de Menandro e as súas similitudes con Plauto, é necesario discutir a idea da comedia antiga grega e a súa evolución na nova comedia. O dramaturgo grego que mellor encarna a comedia grega antiga é Aristófanes.

Aristófanes foi un dramaturgo que viviu na Atenas do s.V, e escribiu comedias de sátira política, como As avispas, Os paxaros e As nubes, entre outras. Todas son coñecidas polos seus comentarios políticos e a súa crítica social, compoñentes principais da Comedia Antiga, que se convertía así nunha auténtica conciencia pública que analizaba e comentaba a realidade socio-política do momento.

Por exemplo, na obra As Avispas, dous dos seus personaxes principais, "Philocleon " e "Bdelycleon", que significan "prol-Cleon " e "anti-Cleon ", respectivamente, fan referencia a Cleón, unha figura política importante de ese tempo. A través das accións destes personaxes, Aristófanes é capaz de criticar libremente a este destacado político. Estas críticas e sátiras políticas presentes nas súas obras levárono a ser acusado varias veces de difamación.

A diferenza de Aristófanes, Plauto evitou a actualidade política (no sentido estrito do término) nas súas comedias. 

A nova comedia grega é moi diferente as obras de Aristófanes. A diferenza máis notable, de acordo con Dana F. Sutton é que a comedia nova, en comparación coa comedia antiga, carece "dun contido político, social ou intelectual" e pódese realizar en calquera tipo de escenarios sociais e políticos sen risco de ofender.

Os modelos literarios da palliata son as obras da Comedia Nova grega, pero de entre tódolos comediógrafos gregos, o preferido polos autores latinos é Menandro (342-292 a.C.), un autor que acadou gran popularidade no seu tempo. Outros dous grandes representantes da Comedia Nova foron: Dífilo e Filemón.


1. Sutton, D. F., Ancient Comedy: The War of the Generations (New York, 1993), p.56. Writings and career of Plautus in The Drama: Its History, Literature and Influence on Civilization, vol. 2. ed. Alfred Bates. London: Historical Publishing Company, 1906. pp. 159-165.

As innovacións nos personaxes

Relacións pai- fillo

Un tema principal da nova comedia grega é a relación pai-fillo. A relación entre un pai e o seu fillo, na comedia nova, é moi forte, e o fillo permanece leal ao seu pai. A relación é o foco de toda a actuación dos personaxes principais. 

En Plauto, pola contra, a atención centrase aínda na relación entre o pai e o fillo, pero vemos unha rivalidade entre os dous homes que non se observou en Menandro. 

Ambos autores, a través das súas obras, reflicten unha sociedade patriarcal na que a relación pai-fillo é esencial para a función e o desenvolvemento da familia axeitada, xa non é unha declaración política, como na comedia antiga, senón unha declaración sobre as relacións familiares e o comportamento apropiado entre un pai e o seu fillo. Pero as actitudes destas relacións son moi diferentes entre ambos autores da comedia nova, un reflexo do distintos que eran os mundos de Menandro e Plauto.

O escravo listo

O escravo ten un papel importante nun bo número de obras de Plauto. O "Servus callidus" (o escravo listo ), en particular, é un personaxe moi forte, que que a miúdo impulsa a trama nas obras de Plauto. C. Stace argumenta que Plauto tomou o carácter común dos escravos da nova comedia grega pero alterándoo para os seus propios fins. 

Plauto, que atopa un humor nos escravos orientado cara enganar aos seus amos ou compararse con grandes heroes, orientou tamén ao personaxe un paso máis aló e creou algo distinto. O "escravo listo" é unha das innovacións máis importantes de Plauto, con respecto a comedia nova grega.


2. Stace, C., "The Slaves of Plautus," Greece & Rome 15 (1968), p. 7

A técnica compositiva de Plauto

Para comprender na súa totalidade a técnica compositiva de Plauto é necesario non só a ánalise das súas pezas, sénon tamén tomar como punto de referencia os modelos gregos dos que se serviu e así decatarse das novidades e innovacións do noso autor, é dicir, da súa técnica literaria e compositiva.

Dende o punto de vista formal, unha das novidades estructurais da comedia plautina foi a desaparición das intervencións do coro. Mentres na Comedia Nova helenística, tal como o amosan as comedias menandreas conservadas, as obras estaban divididas en cinco actos separados polos catro intermedios corais, no teatro romano de época arcaica esa división desapareceu, xa que non existe o coro ó xeito grego. Súponse, aínda que con dúbidas, que a representación das comedias plautinas se levaría acabo sen interrupcións, se ben en Plauto faltan indicacións explícitas e claras sobre o particular. 

Con todo, cómpre sinalar que o paso dunha escea a outra, tal e como se conserva hoxe no textos plautinos, esixiría que o escenario quédase baleiro polo cambio brusco de esceas e personaxes. 

A desaparición do coro na comedia romana implica a fonda transformación da comedia cara o melodrama. A estrutura das pezas plautinas vén determinada non por elementos externos, senón pola organización da acción en “exposición”, “” e “desenlace”.

Os críticos consideran hoxe que esa gran variedade de metros e ritmos é unhas das novidades máis salientables da obra plautina fronte o modelo da Comedia Nova alexandrina, sobre todo no que atinxe os cantica, que se converten nun compoñente máis da acción teatral aínda que en número variable e non predeterminado. O canticum non é xa un intermedio na acción, senón unha parte esencial da peza teatral. A realización dunha escea mediante esta fórmula revela a enorme independencia artística de Plauto.

Prólogo

Un elemento común, ainda que non fixo, das comedias plautinas é o prólogo, que adopta as variacións típicas da Comedia Nova alexandrina.

Sen embargo Plauto non se limitou a facer unha copia exacta das formas e función do prólogo da comedia helenística. É certo que o prólogo plautino, igual có grego, podía ser pronunciado por unha divindade ou personaxe alegórico (Lar familiaris en Aulularia, o deus Auxilium en Cistellaria, a estrela Arcturus en Rudens e Luxuria e Inopia en Trinummus), ou por un dos personaxes (Charinus adulescens en Mercator, Palaestrio seruus en Miles, e polo deus-protagonista Mercurius en Amphiitruo).

A novidade neste punto consiste no emprego dun personaxe chamado Prologus, a invención tipicamente romana que sería identificado pola súa vestimenta, como acontece en Asinaria, Captiui, Casina, etc. Segundo os seus modelos gregos, o prólogo plautino podía tamén ser pronunciado despois da primeira escena, tal e como se fai en Cistellaria ou Miles.

Na comedia alexandrina era sempre de carácter expositivo, onde se explican os antecedentes da acción, se identifican os personaxes e se anuncian as peripecias que permiten comprender o final da obra. En Plauto o prólogo perde a súa funcíón meramente expositiva, manexando con grande habilidade este elemento funcional da comedia para acadar a atención do público.

Á lo menos en cinco comedias, Curculio, Epidicus, Mostellaria, Persa e Stichus, non se conserva o prólogo, ben porque se perdeu no proceso de transmisións dos textos, ben porque Plauto o omitiu. Só en once comedias, pois, Plauto empregou o prólogo expositivo ao xeito de comedia alexandrina, pero ainda así introduciu novidades, como son:

O motivo é situar ó espectador nun plano omnisciente, dende o que poida saborear os erros e confusións que viven os personaxes.

Orixinalidade ou copia. A contaminatio

Plauto aprendeu grego literario e tamén traducía comedias gregas ao latín. Os clásicos latinos non contemplaban o concepto de “orixinalidade” co mesmo sentido aprensivo moderno. Para eles era lícito tomar argumentos, ideas, escenas, personaxes e formas de expresión dun autor anterior. A forma de cada xénero literario era considerada como unha esencia preexistente, extraída pola especulación literaria en cada obra. En consecuencia, ao autor se lle consideraba non coma creador, senón coma “protos euretés”, é dicir, o que a encontra primeiro, o inventor.

Para uns Plauto escribe con orixinalidade e creatividade. Para outros, é un imitador da comedia nova grega e non fai ningunha contribución orixinal á dramaturxia. As posibilidades da orixinalidade de Plauto víanse encamiñadas polos sendeiros do que chamamos contaminatio, xa que esta era a única posibilidade que se ofrecía á capacidade creativa do poeta. A contaminatio consiste en que o autor artella personaxes, escenas e motivos procedentes de distintas comedias ás que lles engade produtos do seu inxenio. A teoría tradicionalmente mellor aceptada era a de que Plauto utilizaba dita técnica. A primeira vista parece acertada semellante opinión posto que os elementos de cada comedia plautina encontran paralelo en obras diversas gregas, pero, actualmente, a explicación que se dá a tales paralelismos é que Plauto tomara o modelo grego concreto para cada unha das súas comedias pero o modificaría cunha serie de lugares comúns da Comedia Nova. Por iso pode parecer que Plauto mestura comedias distintas, cando en realidade o que mestura son escenas tópicas que se poden achar en moitos lugares distintos, pola súa topicidade. [29]

O habitual era presentar ao maxistrado que patrocinaba a representación, un orixinal que fose tradución máis ou menos fiel dalgunha comedia grega, de modo que o público puidese crer que ían presenciar un acto de alcance cultural semellante aos que se realizaban na culta Grecia e nas demáis cidades helenizadas do Mediterráneo.

Os personaxes

Os personaxes que dan vida a esas accións dramáticas responden a uns trazos determinados, estereotipados, que os fan recoñecibles e identificables aos ollos do público. 

Plauto soubo adaptar eses personaxes da Grecia inmediatamente anterior a Alexandre á Roma da súa época, acaecida aproximadamente século e medio despois. 

Efectivamente, os personaxes parecen gregos, pero son romanos; velaí o mérito de Plauto.

Algúns dereitos reservados por DivesGallaeciaPlauto, Tito Maccio - Bacchides - Biblioteca de Santa Cruz. Valladolid.Neste manuscrito podemos apreciar o nome de tres personaxes das comedias de Plauto en Bacchides; <<Cleomanchus, Nicobolus et Chryfalus>>

Os personaxes que utiliza Plauto son:

Personaxes secundarios:

Destacan dous tipos de comedias, a de escravo e a de recoñecemento.

A parella dramática servus-adulescens é a máis importante na producción plautina, xa que presenta o mundo ó revés dende o momento que a intelixencia do escravo permite artellar solucións que favorecen ó seu dono .

Un aspecto que está sempre presente en todas as comedias é a Fortuna. A sorte ten un valor estabilizante, xa que non só é unha aliada nas estrataxemas do escravo, senon tamén a súa opoñente que o obriga a crear novas intrigas.

Os nomes gregos nas comedias de Plauto


1.-Interpretatio nominum y diversificación del concepto de ratio en Plauto*. MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ. Revista de Estudios Latinos (RELat) 3, 2003, 29-44. Universidad de Lleida2.- Román Bravo Díaz. Geografía griega y originalidad plautina. Munus Quaesitum Meritis. Ediciones Universidad de Salamanca. 2007)

Linguaxe e estilo

Como dixera Horacio, a súa linguaxe e estilo son caracterizados polo acetum latinum e a forza expresiva das súas comparacións e das súas indentificacións conceptuais. 

Latín arcaico

A linguaxe de Plauto, que utiliza a linguaxe coloquial da súa época, é distintiva e non é estándar dende o punto de vista da época posterior.

Algunhas das características máis notables que dende a perspectiva clásica considéranse irregulares ou obsoletas son:

Medios de expresión

Hay certas formas de expresión que Plauto utiliza nas súas obras, e estes medios particulares de expresión danlle unha certa orixinalidade ao seu estilo de escritura. Os medios de expresión son característicos do escritor. Dous exemplos destes medios de expresión característicos son o uso de proverbios e o uso da lingua grega.

Chistes e adiviñanzas

Aínda que as comedias de Plauto sexan palliatas, éste non esquece que o seu público é romano, e por iso recorre continuamente a palabras vulgares ou a simples chistes, extraídos da linguaxe da rúa. Na riqueza verbal imaxinativa Plauto fai chistes mediante xogos de verbas, que son un compoñente importante da súa poesía. Algúns exemplos destácanse nos textos co fin de acentuar o que se está dicindo e outros para elevar o arte da lingua. 

Plauto, nas súas obras, tamén fai adiviñanzas para identificar a un personaxe, personificación de obxetos inanimados que nun momento dado gañan vida propia para facer un comentario xocoso e, como xa dixemos antes, a explotación de situacións e personaxes que poden mover á risa ó público.

Aggiornamento

Ademáis, alude con frecuencia a costumes e institucións latinas e ata a sucesos contemporáneos (aggiornamento, un recurso do que se abusa nas representacións actuais da comedia latina no teatro escolar), satirizando sempre que pode a personaxes tópicos con cuxo ridículo gozaba o público sinxelo. Así, as súas comedias están cheas de espontaneidade e viveza, demostrando a cada pouco o profundo coñecemento que tiña dos seus compatriotas, aos que sabía retratar como ninguén. 

Métrica

Un método utilizado para enfatizar e elevar o arte da linguaxe  das obras de Plauto é o uso da métrica, que significa o ritmo da obra. Plauto non seguiu a métrica dos orixinais gregos que él adoptou para o público romano

Plauto utilizou un gran número de metros, pero o que utilizou con máis frecuencia foi o septenarius trocaico

Diverbia et Cantica

Os diverbia eran as partes dialogadas entre os actores. 

Os cantica eran as partes musicais que eran representadas mediante cancións. Non constituían un intermedio na acción, senón que eran unha parte constitutiva esencial da peza teatral, un compoñente máis da acción, en número variable e non predeterminado, como hoxe en día sucede cos musicais, tanto en teatro como en cine. 

A realización dunha escena mediante esta fórmula revela unha enorme independencia artística do noso poeta e explica a referencia numeri innumeri do seu epitafio.

Influenza de Plauto

Críticos intelectuais e académicos a miúdo consideraron a obra de Plauto non moi importante, sen embargo, a súa influenza na literatura posterior é impresionante, sobre todo en dous xigantes da literatura como son Shakespeare e Molière. Moitos dramaturgos ao longo da historia recurriron a Plauto para os persoaxes, a trama, o humor ou outros elementos da comedia. A súa influencia esténdese en moitas obras teatrais.

Na Antigüidade

O éxito acadado polas obras de Plauto durante a súa vida prolongouse durante algunhas xeracións máis. De feito as súas comedias continuaron a ser representadas.

Máis adiante, ao longo do século II a.C., foi o dramaturgo Terencio (que morreu no 159 a.C.), o que tomou o relevo na produción de comedias, malia que non acadou a gloria nin o favor do público do seu antecesor.

«No fue hasta mediados del siglo siguiente (II a.C.) cuando empezaron a perfilarse mayores ambiciones literarias. Terencio sustituyó a Plauto. Los personajes que ponía en escena ya no eran marionetas sin gran consistencia; amaban de verdad, sufrían, se lamentaban con todo su corazón, y los viejos ya no se limitaban a refunfuñar, sino que reflexionaban y se preguntaban si la mejor forma de impedir que sus hijos hicieran tonterías no sería comprenderlos y ayudarles a ver con más claridad en sí mismos. La influencia de los filósofos griegos aparece en este teatro, que es, sin duda, menos ameno, menos burlesco que el de Plauto, pero que resulta más humano y que contribuyó, muchos siglos después, tras el Renacimiento, a formar el teatro clásico en Francia y en toda la Europa culta.» Terencio - Pierre Grimal

Na época republicana comezan xa os estudios críticos e filolóxicos sobre o corpus plautino con traballos tan salientables como o de Varrón, quen chegou á conclusión, tras o seu estudo, que a pesar de que circulaban baixo o seu nome 150 obras só eran súas arredor de 30.

Durante a primeira época do Imperio, a valoración de Plauto foi moi baixa debido ás críticas feitas polos poetas augústeos como Horacio (Epistulae 2,1,170-176, Ars poetica 270-274) que xuzgaron as súas obras pensando nunha extrema perfeción literaria.

Este é o fragmento de Ars poetica, na obra “El arte poética de Horacio, epístola a los pisones” traducida por D. Tomas de Yriarte, (1777):

 “At uestri proaui Plautinos et numeros et            270

laudauere sales, nimium patienter utrumque,

ne dicam stulte, mirati, si modo ego et uos

scimus inurbanum lepido seponere dicto

legitimumque sonum digitis callemus et aure.”

Ars poetica 270-274)

“¿No merecía en el tiempo de antaño aclamaciones  

la aguda poesía en que Plauto mezclaba sus gracejos?

Sí; pero aquellos viejos los admiraron con bondad paciente,

y aun estoy por decir que neciamente; si ya no es tanta la torpeza mía

y la vuestra también, que confundamos la gracia con la vil chocarrería,

y cuando los piés métricos contamos ya por los dedos, ya por el oído,

apenas distingamos lo que es verso arreglado y bien medido.”  

Tradución: D. Tomas de Yriarte, (1777)

Idade media e renacemento

O novo interese polas comedias de Plauto, que renace no s. II, continúa nos séculos III-IV, nos que se confecciona a edición científica á que se remonta hoxe a tradición manuscrita plautina.

Pouco despois, no século V, compónse unha das primeiras pezas a imitación das plautinas que leva por título Aulularia (como a comedia antiga) siue Querolus.

Na Idade Media Plauto foi moi pouco lido, mentres que Terencio se converteu nun autor escolar, modelo do bo latín e dos bos costumes, o que fixo que fora moito máis imitado. As referencias a Plauto como auctoritas por parte dos autores medievais ensinan que o seu foi pouco máis que un nome, coñecido só polas citas dos eruditos, gramáticos e lexicógrafos, pero non pola lectura directa das súas comedias. As primeiras referencias medievais de Plauto preséntano como testemuña de verbas raras e arcaicas, caídas no esquecemento. A pouca consistencia da personalidade de Plauto no Medievo vese na transcrición do seu nome (Pauti, Plantus ou mesmo Platón)

A recuperación definitiva da obra e da figura de Plauto prodúcese no Renacemento italiano do século XIV, no que comezan a ser redescubertos os manuscritos antigos.

Petrarca (1304-1374) inspirouse en Plauto para facer a súa comedia Philología, hoxe perdida. Sen embargo, Plauto non entrou a formar parte das lecturas escolares, xa que a súa linguaxe e estilo poderían danar a formación dos espíritos dos xoves.

Durante o século XV producíuse unha auténtica morea de comedias latinas de autores humanistas inspiradas nas obras plautinas.

Pouco a pouco, a lectura directa e a imitatio foron dando paso á posta en escena das comedias antigas.

A finais do século XV na Universidade de Salamanca, a posta en escena das obras dramáticas chegou a ser unha práctica habitual, e nos seus Estatutos do ano 1530 ordenaba que foran representadas dúas comedias, unha de Terencio e outra de Plauto.

Plauto e Shakespeare

As obras de Plauto e Shakespeare que presentan máis paralelismos entre sí son: O Menaechmi e A comedia das equivocacións

Ademáis, Shakespeare usa o mesmo tipo de apertura de monólogo tan común nas obras de Plauto, como podemos ver na Noite de reis ou O soño dunha noite de verán.

Un dos ecos máis importantes de Plauto é o personaxe do “parásito”; un moi bo exemplo de isto é Falstaff, cabaleiro corpulento e cobarde de Shakespeare, similar a outro “parásito” de Plauto como era Artotrogus (Miles Gloriosus), xa que ambos persoaxes parecen obsesionados pola comida, a cal lles é regalada, pero tamén dependen la adulación para obter estes regalos.

Imaxe de Falstaff, cabaleiro corpulento e cobarde de Shakespeare (Enrique IV), similar ao 'parásito' de Plauto, que era Artotrogus (Miles Gloriosus) | Wikipedia

Plauto e Molière

As obras de Plauto, aínda tendo a base grega, presentan un maior refinamento que as que se escribían naquel entón nesta zona do Mediterráneo. Os personaxes son os mesmos e a trama está chea de situacións de enredos, enganos e confusións, pero Plauto engade variedade e orixinalidade ós temas tratados e ós personaxes, querendo sempre facer rir ó público romano. Por estas características innovadoras, os seus escritos tiveron especial influencia en autores posteriores como Molière nas súas obra O Avaro e O Anfitrión. Molière, ó igual que Plauto, pretendía facer rir e, a través disto, corrixir os malos costumes da xente.

O Avaro

O Avaro (tamén coñecido como A escola da mentira) inspirouse en Euclión, vello avaro da Aulularia plautina. No caso do Avaro, Molière mostra o lado máis mesquiño e egoísta do ser humano e lévanse ao extremo os problemas xerados polo poder e polos cartos, sobrepasando todo tipo de sentimentos, polo que estes ven minguada a súa importancia polo meramente material. Isto reflíctese na obra a través do protagonista, Haspargón, quen só se preocupa por aforrar para o futuro e priva ós seus fillos tanto do material como do afectivo. Este está namorado dunha moza chamada Mariana, quen ó mesmo tempo é a amante do fillo do ancián, Cleanto. Por outra parte está o amor entre Elisa, filla de Haspargón, e Valerio. Toda a trama ten como espazo, igual que antes, Tebas. Observamos que nas dúas obras os personaxes teñen os seus análogos, as situacións son similares, trátase a avaricia e os conflitos que esta xera, o egoísmo etc.

O Anfitrión

Ademais destas obras, os dous autores comparten o título dunha das súas creacións: O Anfitrión. Os parecidos non se limitan ao título, senón que tamén o argumento é moi parecido. En ambos casos o tema principal é o nacemento de Hércules, fillo de Xúpiter e da mortal Alcmena. O deus está namorado da muller e, aproveitando que o seu marido Anfitrión está ausente por participar nunha guerra, toma o aspecto físico deste e desfruta do amor de Alcmena. Nesta fazaña ao deus axúdao o seu fillo Mercurio, quen toma a apariencia do escravo de Anfitrión, Sosia. Cando os verdadeiros Sosia e Anfitrión volven á casa, os deuses búrlanse deles en dúas ocasións facéndolles dubidar da súa identidade e creando divertidas situacións. Nun momento da obra o deus e o marido de Alcmena atópanse e chegan a confundirse os personaxes. Tras isto, a partir dos amores entre Xúpiter e a mortal, nacen os xemelgos Hércules e Ificles, e neste intre o deus aclara a súa verdadeira identidade. Aínda que a obra de Molière foi composta no século XVII e a de Plauto no século III a.C., atopamos moitas semellanzas entre elas, pois usan os mesmos estereotipos de personaxes nunha situación parecida e ambas sitúanse en Tebas. As diferenzas son mínimas, como que en Plauto atopamos uns capitáns aos que Molière lles muda o nome.

Vemos pois que a influenza de Plauto na obra de Molière non se limita a argumentos, senón que tamén se espalla polos personaxes, os lugares ou as estruturas, o que fai que nas obras do francés se mesture o Neoclasicismo propio da súa época co Helenismo grego, deixando patente a admiración que os autores do século dezasete tiñan polos clásicos.

Dende o XVIII ata hoxe

O noso comediógrafo foi redescuberto no século XVIII por Lessing, que traduciu Captiui, e adaptou Trinummus na súa obra Der Schatz e redactou unha monografía sobre a vida e a obra de Plauto. A obra plautina dende entón amosa unha gran vitalidade, sendo hoxe en día o comediógrafo latino máis levado a escena tanto polas compañías de afeccionados como polas profesionais.

Plauto en Galicia

Traducións e adaptacións

A presenza dos clásicos greco-latinos en Galicia, nas diferentes formas posibles, parece que non é tan escasa como se pensaba. Se ben no eido da tradución aínda queda case todo por facer, no tocante á imitación e sobre todo á emulación, a literatura galega ten unha gran débeda cos clásicos dende o mesmo Rexurdimento, sobre todo na lírica e no teatro. A dramaturxia galega baseouse numerosas veces en temas, técnicas e recursos clásicos nas súas obras, pero ademais moitos dos conceptos do teatro galego son tamén herdeiros destes: a defensa da historia como mito que achamos n' O Mariscal (A Coruña 1926) de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte, o papel do coro d' A lagarada de Otero Pedrayo (A Coruña 1929), o papel do mensaxeiro e a organización en triloxía d' Os vellos non deben de namorarse de Castelao, así como ducias de pezas que recrean historias da antigüidade. Pero ademais moitas das obras dos nosos dramaturgos están inspiradas directamente nun texto clásico concreto, máis ou menos adaptado para levar a escena os grandes problemas existenciais do home do noso tempo, que non son moi diferentes ós dos antigos. O autor teatral clásico máis emulado nos nosos teatros é sen dúbida o tráxico grego Eurípides, pola febleza e vulnerabilidade dos seus heroes, que os fan máis humanos.

No tocante ás reminiscencias da comedia, a influencia do teatro de Plauto en Galicia e nos autores galegos é moi escasa, nada comparable ó que foi Plauto no resto de España. O pioneiro no campo das traducións é Aquilino Iglesia Alvariño, que en 1962 publica unha versión de Aulularia, co título A comedia da oliña. Trátase dunha tirada reducida feita pola Editorial Galaxia en Vigo. A obra foi estreada na Coruña o 9 de xullo dese mesmo ano polo “Teatro de Cámara”. O 9 de marzo de 1970 o “Teatro de Cámara Ditea” volve levar a escena a versión de Iglesia Alvariño, en Santiago de Compostela con motivo das xornadas conmemorativas do IX día mundial do Teatro. A tradución desta obra inscríbese nunha tendencia a facer versións das obras de teatro clásico e contemporáneo da literatura universal que se leva a cabo nos anos 60 e 70, nun momento no que a lingua comeza a sentirse forte. A idea é encher o baleiro de orixinais e así potenciar un teatro de calidade en galego á altura doutras linguas con máis tradición literaria e inscribir o teatro galego na cultura universal .

Plauto non volverá ser publicado en galego ata 1991, cando a colección “Clásicos en Galego” da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, edita O Anfitrión e Asinaria en tradución de Mercedes Boado e Mª Xesús Frei Collazo. Nunha segunda entrega, en 2001, aparece Aulularia en versión das mesmas filólogas e coa reedición da tradución de Aquilino Alvariño. Tamén en 1999 Edicións Lea inclúe entre as traducións da súa colección de clásicos latinos dúas versións de Plauto, unha d' O Estico feito por F.J. Feijoo Lorenzo, e outra d' O Persa de J.A. Parada Yáñez . Outro título do legado de Plauto que hoxe podemos atopar nas nosas bibliotecas é A comedia da oliña por Antonio Fontán. Editorial Galaxia no ano 1962.

No tocante ás representacións, E. Campos realizou unha versión de Aulularia para o grupo de teatro “Enxergo” de Ferrol en 1984. Esta mesma tempada a compañía de teatro “Achádego” de Lugo levou unha versión da mesma obra polos escenarios de Galicia, dentro do programa dos percorridos culturais da Consellería de Cultura da Xunta. A influencia de Plauto sobre os autores dramáticos galegos é escasa e só hai unha obra inspirada nas súas comedias; a Farsa plautina de Agustín Magán. Esta comedia segue o mesmo procedemento de composición que o dramaturgo latino: a “contaminatio”. A obra foi publicada pola editorial Sotelo Blanco en Barcelona no 1993 e no prólogo alúdese ao procedemento seguido e ás fontes plautinas das que a obra é acredora: o Miles Gloriosus, os Menecmos e o Gurgullo.

Se ben nestes campos a influencia é escasa, no referente ó teatro escolar as cousas son diferentes, quizais polo tipo de humor sinxelo de Plauto que chega con facilidade ós máis novos. No ano 1998 o grupo “Apeirón” da Facultade de Filoloxía puxo en escena Os Xemelgos na Vª Mostra de Teatro Universitario Galego. Ademais tódolos anos hai varias representacións de Plauto feitas por alumnos galegos de ensino medio como complemento ás clases de latín ou cultura clásica. Estas teñen un público reducido, xeralmente só o do propio centro, pero cómpren a función de difundir a obra do comediógrafo latino e ir familiarizando aos rapaces co teatro clásico. Hai que salientar neste traballo ó grupo “Sardiña”, formado por alumnos do IES “A Sardiñeira” e “Elviña” da Coruña, guiado polos catedráticos de latín dos institutos Ricardo Martín e Beatriz Martín. Constituíuse en 1983 e está especializado no teatro plautino, aínda que nos últimos tempos comezou a incorporar tamén a traxedia grega no seu repertorio. Fixeron xa máis de 400 representacións dentro da nosa Comunidade e tamén fóra, sobre todo no marco do Festival Europeo de Teatro Greco-Latino de Segóbriga, así como en diversos lugares de Italia. 

Hoxe en día outros grupos como Parrocha, El Ruiseñor e Noite Bohemia, seguen a traballar no cultivo do teatro grecolatino, sendo estes últimos recentes gañadores a nivel estatal do 2º Premio no Certame Candilejas Don Bosco e cunha Mención Especial Buero Vallejo pola mellor adaptación de texto na obra Aulularia de Plauto. No 2013 tamén se fixeron co Primeiro Premio na Modalidade “A Comedia Latina”.

No ano 2019 o grupo de teatro "Noite Bohemia", do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, fíxose co premio a nivel nacional de teatro grecolatino na subcategoría de Comedia. A fase final do concurso tivo lugar no Teatro Romano de Sagunt, onde a súa interpretación da obra "Anfitrión" de Plauto gañouse ao público e ao xurado do certame. 

Foto do grupo de teatro Noite Bohemia. Fonte | El Español

No ano 2003, Celso Parada realizou unha adaptación d’ A comedia do Gurgullo a partir dos textos do propio Plauto. Contou, para interpretala, cos actores e actrices do Centro Dramático Galego

O traballo deste equipo foi estreado no Gran Teatro de Elxe o día 18 de outubro de 2003 e no Salón teatro de Santiago de Compostela o día 24 do mesmo mes.

Festival de teatro grecolatino Lugo-Ourense

O Festival de teatro grecolatino de Lugo é un evento creado en 2001 pola sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEECGalicia), co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do ensino medio. Cada ano acóllese no Auditorio Gustavo Freire a uns 4.000 alumnos de centros de Galicia, Asturias e León, aínda que este número foi medrando dende os 635 asistentes da primeira edición.

A partir do ano 2019 as sedes do festival, a parte do Auditorio Gustavo Freire (Lugo), son: o Auditorio Municipal (Ourense), o Teatro Municipal de Tui (Pontevedra) e o Teatro Colón (Coruña).

Algúns dereitos reservados por DivesGallaeciaCasina - Grupo Noite Bohemia (A Coruña).Representación do día 5 de marzo de 2013 no festival de teatro grecolatino de Lugo organizado por SeecGalicia.

Miles Gloriosus, a película

En Hollywood, no ano 1966, baixo a produción de United Artists, chegou ás pantallas do cinema a película “Golfus de Roma”, adaptación de varias comedias de Plauto (fundamentalmente Miles Gloriosus, Mostellaria e Pseudolus) feita polos guinistas Melvin Frank e Michael Pertwee, sobre o espectáculo teatral de Burt Shevelove e Larry Gelbart producido por Harold Price. 

O director Richard Lester incluíu ós intérpretes Zero Mostel (Pseudolus), Phil Silvers (Lycus), Jack Gilford (Hysterium), Buster Keaton (Erronius), Michel Crawford (Hero), Michael Hordern (Senex), Annette Andre (Philia), Leon Greene (Miles Gloriosus), entre outros. A música foi composta por Ken Thorne (Oscar no 1966 á mellor banda sonora adaptada).

Cartel da película | Filmaffinity

En España tamén houbo adaptacións desta mesma obra. No ano 2008 Juan Copete versionou a Plauto. O director da obra, Juan José Afonso, contou para facer de protagonistas con Pepe Viyuela (Pirgopolínices), con José Sancho (Palestrión) e con Cesáreo Estébanez (Periplectómeno). A obra foi presentada por primeira vez no Festival de Teatro Clásico de Mérida.

Imaxe da representación da obra Miles Gloriosu | La Opinión de A Coruña