No ano 60 a. C. produciuse unha alianza política entre tres homes, o chamado triunvirato (tres +vir).
Eran:
Uníanos intereses diversos:
Pompeio buscaba a concesión de terras para os seus veteráns, algo ao que se opoñía o Senado.
Craso pretendía certas vantaxes na recadación de impostos, un dos seus múltiples negocios (podes ler unha interesante crónica deste personaxe nesta entrada)
E César, que viña de rematar un exitoso mandato en Hispania Ulterior, tanto no militar como no económico, buscaba ser elixido como cónsul.
Esta alianza completouse co matrimonio entre Pompeio e a filla de César, Xulia.
Os Optimates empregaron todos os medios ao seu alcance para impedilo, incluída a corrupción e a compra de votos, pero ao final César foi elixido cónsul e, apoiándose na asemblea popular, cumpriu os compromisos adquiridos cos outros membros do triunvirato.
Entre os anos 58-54 a.C. César marcha á conquista da Galia. Loita tamén con xermanos e Helvecios e mesmo fai varias expedicións á Britannia. No ano 53 a.C, os galos derrotan aos romanos na batalla de Gergovia.
No ano 52 a.C. os romanos derrotan en Alesia á sublevación dos pobos galos, acaudillados polo seu líder Vercingetórix.
Vercingetórix e é feito prisioneiro e trasladado a Roma cargado de cadeas. César celebra o seu triunfo.
Toda a Galia está conquistada.
O triunvirato segue en pé. Pompeio e Craso obteñen o consulado no 55 a.C. e despois o goberno proconsular das provincias de Hispania e Siria respectivamente.
O poder proconsular para César na Gallia prorrógase durante 5 anos máis.
Xulia César foi filla do xeneral romano Xulio César, froito do primeiro matrimonio deste coa nobre romana Cornelia Cinna a Menor (Cornelia Cinna minor), coñecida tamén como Cinila, filla de Cinna. Xulia casouse co futuro rival do seu pai, o xeneral Cneo Pompeio Magno de quen quedou embarazada dun fillo innominado xa que ambos morreron produto dun difícil parto en 54 a. C.
Logo da morte de Xulia, a alianza entre Pompeio e César comezou a desvanecerse, o que acabou, entre outras moitas causas, traducíndose na guerra civil. César celebrou unha cerimonia fúnebre no 46 a. C. con xogos que incluían gladiadores en combate. A data elixiuse para que coincidise co festival en honor de Venus Genitrix, a deusa antepasada da gens Iulia.
Ademais disto, o outro integrante do triunvirato, Craso, vai encontrar a morte loitando en Oriente contra os Partos, resultado dunha temeraria campaña.
O seu final foi dunha crueldade inusitada. Para castigar a súa avaricia sen límites, os Partos verteron ouro fundido na súa gorxa, segundo o relato do historiador Plutarco.
Circa eadem tempora anno urbis conditae sexcentesimo nonagesimo septimo, M. Licinius Crassus, collega Cn. Pompeii Magni in consulatu secundo, contra Parthos missus est et cum circa Carras contra omen et auspicia dimicasset, a Surena, Orodis regis duce, victus ad postremum interfectus est cum filio, clarissimo et praestantissimo iuvene. Reliquiae exercitus per C. Cassium quaestorem servatae sunt, qui singulari animo perditas res tanta virtute restituit, ut Persas rediens trans Euphraten crebris proeliis vinceret.
Aproximadamente nese mesmo tempo, no ano 679 dende a fundación da cidasde, Marco Licilino Crasso, colega de Pompeio no segundo consulado, foi enviado contra os Pathos e despois de loitar preto de Carras contra augurios e presaxios, tras ser vencido por Sunema , xeral do rei Orodes, finalmente foi executado xunto co seu filllo, un xoven ilustrísimo e sobresaínte. Os restos do exército foron salvados polo cuestor Caio Casio, o que con gran presenza de ánimo arreglou unha situación desesperada, con tanto valor que ao seu regreso venceu ós Persas en numerosas batallas ao outro lado do Éufrates.
Así as cousas, Pompeio é atraído ao bando conservador senatorial, que o convence da necesidade de eliminar a Xulio César para salvar a República romana, xa que creen que César usará a súa poder para facerse coroar rei.
A vitoria romana na guerra das Galias brinda gran simpatía do pobo romano cara a Xulio César, polo que o Senado conservador presiona a Pompeio para que o ordene regresar a Roma sen o seu exército.
César dáse conta de que unha vez en Roma, probablemente sería xulgado e procesado polos delitos que lle achacaban os optimates: levar a término guerras sen o permiso do Senado e recrutar máis lexións das permitidas.
Despois de que as negociacións con Pompeio fracasasen, decide empregar a forza. Coa XIII lexión e as súas tropas auxiliares pasou o río Rubicón que marcaba o límite entre a súa provincia e Italia, iniciando a Segunda Guerra Civil da República de Roma.
Os camiños de Pompeio e César comezan a separarse, buscando o primeiro o apoio dos Optimates (aristocracia senatorial) e o segundo o dos Populares (tribuni e asembleas).
Bandas armadas das dúas faccións aterrorizaban as rúas de Roma. Os asasinatos e palizas dos rivais políticos foron moeda común nestes días.