Consecuencias da expansión territorial

Crise do labrego

A partir dos comezos do século II a.C., sobre todo trala derrota de Cartago na segunda guerra púnica, a sucesión de conquistas militares por parte de Roma provocou unha serie de cambios económicos, sociais e políticos.

A chegada de trigo a prezos máis baixos, procedente de Sicilia, Sardeña, África e Hispania, estaba levando á ruína aos pequenos e medianos propietarios italianos.

Ademais, a plebe rústica tiña que prestar servizo obrigatorio no exército. A longa duración do servizo militar, que ás veces tiña que ser cumprido moi lonxe da patria, obrigou a estes soldados-labregos a abandonar as súas terras vendéndoas a baixo prezo.

Prodúcese entón unha afluencia masiva da poboación rural ás cidades (chamado tamén proceso de urbanización), engrosando así á plebs urbana, un instrumento político en mans de líderes ambiciosos. O control das asembleas populares será agora un obxectivo fundamental dos diferentes grupos políticos.

Enriquecemento de nobres e cabaleiros (clase senatorial e ecuestre)

Pola contra, os nobres terratenientes fanse coa inmensa maioría do ager publicus (terras conquistadas ao inimigo), incrementado polas incesantes conquistas militares dos últimos anos.

Ademais aprovéitanse da penosa situación da plebe rústica e adquiren as súas terras a moi baixo prezo.

Contan ademais con man de obra escrava (prisioneiros de guerra na súa maioría) para poder traballar estas grandes extensións de terreo.

Pouco podían facer entón os pequenos labregos perante esta competencia.

Loita política

Na loita política, os nobres aparecen divididos en dúas tendencias:

  • Optimates: latifundistas e escravistas. O sector máis conservador da nobilitas. O seu obxectivo é concentrar o poder no Senado e nas altas maxistraturas, e limitar o poder das asembleas populares e os tribunos da plebe.
  • Populares: queren a reforma agraria e militar. Moven os fíos da política a través dos tribunos da plebe, quen presentan os proxectos de lei perante as asembleas (os plebiscitos tiñan forza de lei e non precisaban ratificación do senado). Tendían á demagoxia (do grego δῆμος -dēmos-, pobo, e ἄγειν -agein-,dirixir) e á concentración de poder nunha soa persoa.

A solución á crise estaba para uns na reforma agraria que repartise o ager publicus, e para outros na reforma do exército, incluíndo a súa profesionalización, que libraría aos labregos (cidadáns propietarios) do servizo obrigatorio e polo tanto evitaría que perdesen as terras.

A loita entre estas dúas faccións produciu innumerables revoltas nas rúas de Roma e varias guerras civís que implicaron a varias provincias do Imperio.

Uns e outros utilizaron ás masas urbanas para incitalas á rebelión e ao exército para conseguir os seus obxectivos particulares.

Neste mapa podemos observar a ocupación de Italia co paso dos anos.

O vermello claro representa aos aliados de Roma sobre o 100 a.C. Nun vermello máis escuro están as colonias latinas sobre esa mesma época, e o territorio romano e as súas colonias corresponden á cor verde.

As novas conquistas territoriais, que aportaban máis tributos, e a apertura de novos mercados, enriqueceron ás clases senatorial e ecuestre e acentuaron as diferencias entre clases sociais.

A corrupción foi un mal endémico entre os membros destas clases sociais, a miúdo funcionarios públicos (gobernadores de provincias ou encargados da recadación de impostos).

Para saber máis sobre a corrupción desta época: A corrupción.

As conquistas militares fixeron que a plebe tivera que abandonar as terras.

Debido ao empobrecemento tiveron que vender as terras a prezos moi baixo, e así emigraron a cidade, onde había unha plebe urbana masificada a causa da reforma agraria.

Pola súa contra os nobres e cabaleiros tiñan un control dos mercados e as finanzas e formaron latifundios debido ó incremento de ager publicus.

Isto fixo que se enriquezeran e fosen ambiciosos e corruptos, o que levou tamén á plebe urbana masificada.