Marco Tulio naceu no ano 106 a.C na localidade provincial de Arpino. O seu pai era terrateniente e proviña dunha familia de cabaleiros. Dende a súa infancia Marco mostrou grandes habilidades para o estudio. Enseguida destacou pola súa destreza oral de tal maneira que os pais dos seus amigos acudían á escola para presenciar ese pequeno milagre.
Cando Marco Tulio cumpliu 16 anos, trasladouse á metrópole coa intención de recibir unha boa educación. Viaxa a Roma e Grecia para continuar os seus estudos. O xove provincián estudou as leis e a filosofía romanas con gran dilixencia. Mentres realizaba os seus estudos baixo a tutela do gran xurista Quinto Mucio Escévola, destacou pola súa gran maestría nas artes da disputa e a persuasión.
Non obstante, para labrarse a fama como bo político, Cicerón debía actuar ante a corte como abogado durante un proceso legal. Cicerón decidiu defender a Sexto Roscio, terrateniente adiñeirado.
Cumpriu tamén a carreira militar ás ordes de Pompeio Estrabón, o pai de Pompeio Magno, do que se fixo seguidor incondicional ao longo da súa vida política.
Tras dous anos de retiro en Atenas e Rodas para repoñerse da súa saúde e completar os seus estudos, regresou a Roma e casou con Terencia.
Foi elixido cuestor no 76 a. C., co que pasou a formar parte do senado á idade mínima esixida (30 anos) e ao que pertenceu xa para sempre; exerceu o cargo de cuestor en Sicilia, onde foi requirido polos propios sicilianos para que os defendese contra as coacciones e roubos cometidos por Verres, o seu antecesor como cuestor na illa.
Seguiu o cursus honorum: edil no 69 a.C, pretor no 67 a.C e cónsul no 63 a.C; todos os cargos á idade mínima requirida, o que o converte no mellor exemplo do "homo novus", o home sen antepasados ilustres que alcanza a categoría máxima pola súa valía e esforzo. O seu consulado estivo marcado pola súa acción e éxito contra a conxuración de Catilina.
Lucio Serxio Catilina era un home que solicitou numerosas veces formar parte do consulado, mais nunca tivo éxito. Polo que decidiu intentalo a través de medios ilexítimos, a conspiración ou a revolución.
Catilina comenzou a reclutar homes das clases senatoriais e ecuestres descontentos coa política do Senado, e promovendo a súa política de absolución de débedas, Catilina reuniu tamén a moitos pobres no seu bando. E enviando a Caio Manlio a Etruria conseguiu reunir un exército.
Os seus plans incluían incendios e a matanza de senadores; e a revolución debía alcanzar finalmente á cidade de Roma, onde Catilina proclamaríase dictador e cónsul. Para levar estes plans a cabo Cicerón tiña que ser asasinado, pero este foi alertado e puido escapar desta morte segura.
Pouco despois, Cicerón denunciou a Catilina ante o senado no primeiro dos discursos das Catilinarias:
"Quousque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?"
"Ata cando abusarás da nosa paciencia, Catilina? "
Catilina reaccionou de forma airada e esa mesma noite fuxiu de Roma para preparar ao seu exército mentres os conspiradores continuaban cos seus plans. Pero a conxura foi exposta aos embaxadores dos alóbroges, xunto con nomes, datas, plans e lugares; e estes informaron a Cicerón.
Cinco líderes conspiradores escribiron cartas aos alóbroges, que foron interceptadas no camiño e logo lidas por Cicerón no Senado.
A sesión senatorial foi decisiva: nela Catón solicitou a pena de morte para os conxurados, que Cicerón aplicaría inmediatamente.
A frase tan famosa do discurso de Catilina de "Quousque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?" séguese utilizando hoxe en día para manifestarse en contra da corrupción presente en distintos países.
En Hungría, según nos conta Mary Beard, mesmo se utilizou a frase nunha pancarta para unha manifestación, e neste artigo do País emprégase para falar da corrupción en Valencia.
O tempora, o mores
O tempora, o mores! Senatus haec intellegit. Consul videt; hic tamen vivit. Vivit? immo vero etiam in senatum venit, fit publici consilii particeps, notat et designat oculis ad caedem unum quemque nostrum. Nos autem fortes viri satis facere rei publicae videmur, si istius furorem ac tela vitemus. Ad mortem te, Catilina, duci iussu consulis iam pridem oportebat, in te conferri pestem, quam tu in nos [omnes iam diu] machinaris.
¡Oh tempos, oh costumes!
O Senado dase conta destas cousas, o cónsul o ve; este sen embargo vive. ¿vive? mesmo aínda vén ao senado, faise partícipe do consello público tacha e sinala cos seus ollos para a morte a cada un de nós. Sen embargo, nós, varóns fortes, cremos beneficiar á república, se evitamos o furor e as armas dese. Catilina, conviña xa fai tempo que ti foses conducido á morte por mandato do cónsul, que a ruina que ti maquinas contra todos nós xa dende fai tempo se volva contra ti.
No 59 a.C formouse o “primeiro triunvirato” entre Craso, Pompeio e Xulio César, do que quedou fóra Cicerón por rexeitar as intencións inconstitucionais da alianza. Pasou entón á oposición de forma arriscada e con pouca perspectiva política.
Sen embargo, a gloria de Cicerón durou pouco. Unha vez abandonou o consulado, todos os seus inimigos trataron de facerlle caer en desgraza. Publio Clodio, un aristócrata que cimentara a súa carreira política no populismo e no apoio da plebe, e que arrastraba unha antiga inimizade con Cicerón, logrou que fora condenado ao exilio no ano 58 a.C., acusado de condenar á morte aos partidarios de Catilina sen deixar que foran xuzgados previamente.
O exilio supuxo a experiencia máis amarga para un home que, como Cicerón, basara toda a súa felicidade na súa carreira política. Ademáis de conseguir o seu alonxamento da cidade, Clodio logrou que as súas propiedades foran confiscadas: a súa casa no Palatino foi destruída, varias das súas fincas arrasadas e derribaron a súa casa para construír no seu lugar un templo dedicado á deusa Libertad.
Tras o seu regreso, o orador faría grandes esforzos para que os seus bens lle foran restituídos, e para iso pronunciou varios discursos sobre diversos temas, ante o Senado e ante as asambleas.
Nestas circunstancias, lonxe da súa familia, lonxe dos seus amigos e, ante todo, lonxe de Roma, Cicerón languideceu en varias localidades de Grecia e Oriente ata que o Senado revocou a condena e no 57 a.C regresou a Roma axudado por Pompeio e Milón, ao que defendeu pola morte de Clodio co famoso discurso Pro Milone. Aínda que albergaba esperanzas de que se rompese o triunvirato polo delicado momento de altercados que afectaban á cidadanía romana, Craso, Pompeio e César renovaron a coalición no 56 a.C, co que Cicerón viuse obrigado a facer as paces con César.
Nos anos que seguiron a súa volta do exilio, Cicerón tratou sen éxito de recuperar o seu papel de primeira figura política. Pese aos seus esforzos, o tiempo dos oradores xa pasara, e eran os grandes xenerais, con César e Pompeio, os que marcaban a pauta política. Polo tanto, nesta década dedicouna a escribir sobre retórica e filosofía e a literario. Ocupou cargos de importancia menor, pero nunca logrou que a súa influencia volvera a ser a mesma.
No 51 a.C foi nomeado de mala gana procónsul en Cilicia (Asia Menor), de onde regresou co labor cumprido de xeito honesto e eficaz. Cando se agudizou a rivalidade entre César e Pompeio, Cicerón tomou partido por este último, que estaba apoiado polo senado e a aristocracia.
Derrotado Pompeio en Farsalia (48 a.C), Cicerón retirouse da vida política, logo de ser perdoado por César (clementia caesaris). Afectado polo divorcio da súa primeira muller, a morte da súa amada filla Tulia e a decepción de comprobar que César non ía restaurar as institucións republicanas, retirouse a Túsculo e dedicouse ás letras e á filosofía.
Pero despois do asasinato de César no 44 a.C, volveu á escena política. Nun momento moi delicado, cunha situación política sen definir, enfrontouse ao poderoso triunviro Marco Antonio, que representaba a herdanza cesariana, e pronunciou contra el os famosos 14 discursos, de extrema violencia, aos que puxo o título de Filípicas (en recordo dos discursos de Demóstenes contra Filipo de Macedonia).
Cicerón pagou coa súa vida este erro político: foi asasinado en Formio en outubro do 43 a. C.; a súa cabeza e a súa man dereita foron levadas a Marco Antonio, quen mandou expoñelas nos rostra, a tribuna pública na que tantas veces destacara o mellor orador romano.
O artículo científico Noticias falsas, desinformación e opinión pública na Roma republicana, de Francisco Pina Polo, profesor de Historia Antigua da Universidade de Zaragoza, explica que a propagación de bulos e fake news tamén se empleou con fins interesados na Antigüidade.
Pina Polo recorda que a expansión destas falsedades existiu sempre ao largo da historia, e en todo caso o que foi variando é o modo en que foron difundidas. Ahora, a diferencia fundamental radica no fulminante poder de propagación instantánea que teñen as redes sociais.
Na Roma republicana, as asambleas populares (contiones), servían como principal megáfono para a propagación entre a población de ideas, propostas de lei, anuncios de todo tipo e ataques políticos. Un discurso pronunciado nunha contio podía servir como punto de partida para transmitir unha información, pero tamén os falsos rumores que xurdían provocaban a súa rápida difusión.
O consulado de Cicerón no ano 63 a. C. quedou marcado por unha suposta conxura, Cicerón presentou a súa loita contra o senador Catilina, o presunto traidor, como o seu gran triunfo. Primeiro, sacou á luz unha conspiración que nadie vira y logo acabou con ela. En varios discursos no Senado e ante o pobo, sublñou o perigo que representaba para a supervivencia da República que Catilina e os seus homes lograran tomar o poder. Según él, a alternativa era ou a libertade que él mesmo encarnaba ou a tiranía dos supostos conxurados.
Cicerón buscou nos seus discursos causar o pánico na poboación. Cicerón non ofreceu ningunha proba, nin dixo en qué basaba a súa acusación, nin explicou con qué propósito Catilina quería queimar Roma, pero acusouno unha e outra vez de querer facelo. Convertiu a eliminación de Catilina, non só nun problema político, senón ante todo de supervivencia para Roma. Catilina foi, finalmente, eliminado. Cicerón terminou vanagloriándose de salvar personalmente Roma da súa destrución polo lume.
Marco Tulio Tirón foi nun principio escravo de Cicerón. Logo, tras a súa manumisión, continuou traballando para el como liberto.
A súa familia serviu á do orador durante ó menos tres xeracións. O pai de Tirón pereceu cando el era novo; o seu avó, serviu tamén a Cicerón.
Tirón é considerado o pai da taquigrafía -do grego ταχυς (rápido) e γραφω(escribir) -técnica que perfeccionou como secretario persoal de Cicerón. Acompañábao ó senado e encargábase de tomar as anotacións pertinentes; para iso ideou un sistema de abreviaturas coñecidas como annotationes tironianae, algunhas das cales se conservaron ata o Renacimiento.
Tamén se encargaba da revisión dos discursos xunto o seu amo. Ademáis levou a cabo unha recopilación de expresións ciceronianas.
Sempre armado ca súa taboiña para escribir, acompañou a Cicerón en todo momento, o que contribuíu ó seu enriquecemento cultural.
Estas notae tironianae constaban de 4.000 signos, ampliadas en épocas clásicas a 5.000. Na Europa medieval, este sistema ensinábase nos mosteiros, e foi ampliado ata os 13.000 signos. O seu uso diminuíu a partires de 1100, pero aínda podemos observar algo o seu uso no século XVII.
Non se sabe con seguridade se escribiu algunha obra, pero si que é recoñecida polos historiadores a súa labor como taquígrafo e editor de Cicerón.
A verdadeira personalidade de Cicerón ponse de manifesto na súa correspondencia. Consérvanse máis de 900 cartas, parcialmente redescubertas por Petrarca a mediados do século XV.
As cartas de Cicerón son unha das grandes xoias que coneservamos da Antigüidad. Aínda que non coñecemos con exactitude o proceso da súa conservación, é moi probable que éstas comezaran a circular publicadas dende a mesma morte do Arpinate, é que o responsable da súa publicación non fora outro que o seu gran amigo Ático. Perdidas durante toda a Idade Media, a súa recuperación foi un dos maiores acertos dos humanistas italianos. É nas cartas onde late a verdadeira esencia do home que foi Cicerón.
Os temas que abarcan as cartas de Cicerón, privadas ou públicas, son moi variados: acontecementos íntimos ou familiares, oficiais, políticos, etc.
Epistulae ad Familiares
16 libros de Epistulae ad Familiares (escritas entre o 62 e o 43 a.C.), escritas a un gran número de amigos, coñecidos e clientes de todo tipo entre os cales cóntanse alguns dos máis importantes personaxes da historia da República romana, como Pompeio e César. Os datos que encontramos nestas epístolas resultan esenciais para entender o xogo político dos anos que van dende o consulado de Cicerón ata a súa morte a máns dos esbirros de Marco Antonio. Agrúpanse por destinatarios.
Epistulae ad Quintum fratrem
3 libros de Epistulae ad Quintum fratrem, dirixidas ao seu irmán Quinto Tulio Cicerón. … tenra complicidade de dous políticos que se intercambian consellos e advertencias, aínda que fora sempre o maior o que tivera a última palabra. Especialmente difícil foi para Quinto a decisión de abandonar a César, xunto ao que loitara na Galia, para seguir ao seu irmán en pos de Pompeyo.
Epistulae ad Aticum
Ático foi un romano moi rico e cultivado que editou as obras dos seus amigos, entre os que se encontraba Cicerón, e foi o editor romano máis antigo que se coñece.
Escribiu unha cronoloxía da historia romana (Crónica o Liber annalis), entre outras obras, case sempre de historia, pero non quedou ningunha de elas. Encontraronse, da súa correspondencia con Cicerón, ata 396 cartas dirixidas a él, pero ningunha das que Ático lle escribiu a Cicerón.
Publicou trala morte de Cicerón as Epistulae ad Atticum, igualmente en 16 libros (escritas entre o 68 e o 43 a.C.), dispostos na súa meirande parte por orde cronolóxica.
Epistulae ad Marcum Brutum
Por último, consérvanse algunhas cartas das dirixidas a Marco Bruto, orixinalmente recollidas en 9 libros.
Cicerón escribiu varios tratados de retórica nos que recompilaba tódolos coñecementos que adquirira estudiando a retórica grega e investigando a historia da oratoria romana, xunto cos que extraera da súa experiencia persoal como avogado e estadista.
En De oratore (sobre a formación do orador) e Orator (retrato do orador ideal) enumera as cualidades innatas que debe reunir un orador: figura, ton de voz, memoria, etc.; a elas debe engadirse unha formación que abrangue tódolos campos do saber: leis, historia, filosofía, literatura, etc., e o coñecemento das técnicas do discurso.
En Brutus, é un compendio histórico composto en forma dialogada no que toman a palabra Cicerón, Ático e Bruto. A obra recibe o nome da persoa á que vai dedicada, Cicerón reconstrúe a historia da elocuencia grega e romana dende os seus inicios ata o seu máximo nivel de perfección.
En De optimo genere oratorum trata sobre o mellor tipo de elocuencia. Cicerón intenta explicar por qué a súa visión do estilo da oratoria reflexa o verdadeiro Aticismo e é mellor que o de os Aticistas Romanos "os cales confinaban ao orador a simpleza dos oradores dos comezos da época ática".
Nas Partitiones oratoriae refírese ás divisións dos discursos. Según o método da academia Middle, as veces é descrito como o "catecismo da retórica," pois está presentado en forma de preguntas e respostas. Cicerón escribiuno como un libro para o seu fillo pequeno, Marco, e estructurou o texto como un diálogo entre os dous.
En Topica trata sobre os lugares comúns dos discursos. A tópica é o conxunto de tópicos que serven para desenvolver argumentos. A finalidade desta parte da retórica é establecer os contidos do discurso. O sustantivo inventio (do latín invenire) significa "achádego", pois o orador debe seleccionar, achar, nun repertorio prefixado de aqueles temas que son os máis adecuados a súa exposición.
Cicerón puxo en práctica os seus principios sobre a retórica nos seus propios discursos, que, publicados en grande número, convertéronse en obras literarias.
Os seus secretarios tomábanos taquigraficamente, e despois él retocábaos á súa conveniencia (aínda que dalgúns sábese que nunca chegaron a ser pronunciados).
É nos discursos onde máis brilla o xenio de Cicerón; gracias á mestría demostrada neles, chegou ó cumio da política romana do seu tempo.
Consérvanse máis de cincuenta.
Discursos xudiciais: Cicerón logrou dende moi novo unha notable fama como abogado, un trampolín dende o que puido saltar, non sen dificultades, ao máis alto da política romana. Ao comezo da súa carreira, a primacía en canto á oratoria forense a tiña Hortensio, pero moi pronto o xove Cicerón eclipsou a este aristócrata e se convirteu no letrado máis prestixioso e deseado polos cidadáns que tiñan que defender unha causa ante os tribunais. A preferencia de Cicerón foi sempre actuar como avogado defensor, un papel no que se sentía máis a gusto que no de fiscal da acusación. Por este motivo, a maioría dos discursos que conservamos son defensivos. Só ao comezo da súa carreira ou cando os lazos persoais ou as obrigas políticas leváronlle a iso, Cicerón aceptou exercer o papel de acusador, un papel no que, incluso contra a súa voluntade, alcanzou grandes éxitos.
Predominan dous tipos:
De defensa: en favor de amigos, protexidos ou simples clientes (Pro Archia , Pro Roscio, Pro Murena, Pro Milone...)
De acusación: por exemplo, os discursos In Verrem (Contra Verres, un propretor de Sicilia acusado de abusos e corrupción), coñecidos co título de Verrinas.
Discursos políticos: Foron pronunciados perante o Senado ou a Asemblea do pobo. Destacan as Catilinarias (In Catilinam), serie de catro discursos famosísimos cos que conseguiu abortar a conxuración de Catilina durante o ano do consulado de Cicerón (63 a.C.), e as Filípicas, 17 discursos cos que intentou frear a subida ó poder de Marco Antonio (antigo lugartenente de César) e que serían a causa da súa morte.
As obras filosóficas ocuparon os últimos anos da súa vida. Cicerón expón e analiza o pensamento da maioría das escolas filosóficas gregas, en especial a Academia (Platón), o Liceo (Aristóteles), e a Estoa (estoicos). As súas inclinacións persoais, dentro do seu carácter ecléctico, parecen inclinarse cara ó escepticismo académico, amosándose combativo fronte ó epicureísmo.
O mérito de Cicerón no campo da filosofía consiste na súa capacidade para adaptar á lingua latina conceptos complexos que non tiñan modo de ser expresados antes del, unha labor que resultou fundamental para o desarrollo da filosofía posterior ye, ante todo, do cristianismo occidental.
As obras teóricas de Cicerón son un intento de reflexionar acerca dos seus principais obsesiones vitais: a política e a oratoria. Á oratoria dedicoulle un gran número de obras, comezando a reflexionar acerca deste tema dende moi novo. Á política dedicoulle unha gran obra que, por desgraza, perdimos en gran parte, o De Republica, así como un diálogo dedicado ao sistema lexislativo e xurídico romano, o De legibus.
De re publica e De legibus
Tamén asimilou obras doutros pensadores, foi de Platón de quen tomou os títulos, os temas e a forma dialogada para os seus tratados políticos De re publica e De legibus. No primeiro propugna como mellor sistema político o resultante da fusión da monarquía, a oligarquía e a democracia; no segundo trata sobre o dereito natural, as leis sagradas e a orde estatal, así como sobre as funcións propias dos maxistrados. A forma dialogada será a que adopte para o resto da súa obra filosófica, composta naqueles momentos nos que se atopaba lonxe da política.
Consolatio
Trala morte da súa filla Tulia (45 a.C.) buscou alivio escribindo unha Consolatio na que expón a súa idea da inmortalidade da alma. A súa dor levouno a concibir o proxecto de expresar en lingua latina a forma na que os gregos resolveran os problemas máis graves do ser humano.
De finibus bonorum et malorum, De natura deorum , Cato Maior De senectute e Laelius De amicitia
Os demais diálogos que escribiu abranguen as partes da filosofía grega contemporánea: teoría do coñecemento, filosofía da natureza (a physica dos gregos), teoloxía, ética e moral, etc. Destacan as obras De finibus bonorum et malorum ('Sobre o sumo ben e o sumo mal', contraposición das teorías epicúreas, estoicas, platónicas e peripatéticas), De officiis ('Sobre os deberes”, oposición entre o honrado e o proveitoso), De natura deorum (Sobre a natureza dos deuses, refutación das teorías epicúreas), Cato Maior De senectute ("Sobre a vellez") y Laelius De amicitia ("Sobre a amizade").
O esforzo de Cicerón por crear un vocabulario apto para a expresión de temas filosóficos, adaptando moitos termos gregos, serviu para enriquecer a lingua latina.
Ademais do seu valor literario de primeira orde, hai que considerar que grazas ás obras filosóficas de Cicerón coñécese o pensamento de filósofos importantes da súa época a obra orixinal dos cales perdeuse.
Co advenimento do novo réxime imperial, as asembleas perderon os seus poderes e quedaron desvirtuadas, ó tempo que o Senado perdía a maioría das súas competencias, asumidas entón polo emperador. Como consecuencia, a oratoria, aínda que seguiu cultivándose sobre os preceptos de Cicerón, foi decaendo e pasando do foro, o seu lugar natural, ás escolas.
Entre os romanos, o ensino superior, ó que só accedían os xoves pertencentes a familias acomodadas e con pretensións políticas, impartíase nas escolas de Retórica. Nelas, o rethor ensinaba ós seus discípulos a técnica oratoria. Os alumnos compoñían, memorizaban e recitaban discursos sobre temas ficticios. O mestre corrixía a pronunciación, o ton de voz, os acenos e cantos defectos observase. Estos exercicios escolares recibían o nome de suasoriae e controversiae .
As suasoriae, exercicios para principiantes, eran consultas imaxinarias feitas a personaxes famosos, históricos ou lendarios, que deben explicar as razóns que os levan a tomar unha decisión nun momento determinado (Exemplo: debía Agamenón sacrificara á súa filla Ifixenia para conseguir un vento favorable que levara aos aqueos a Troia?)
As controversiae , en cambio, eran prácticas oratorias destinadas a alumnos de nivel máis avanzado e tiñan en xeral un contido xurídico. Contribuían a desenvolver a axilidade mental, a facilidade de palabra e a capacidade dialéctica do alumno e dábanlle a disciplina necesaria para expoñer os argumentos do modo máis axeitado. Eran o adestramento do futuro avogado ou político, que pronto tería que enfrontarse cos problemas da vida real. A súa formación completábase no Foro, onde tiñan ocasión de escoitar os discursos de oradores famosos.
Exercicios retóricos
(...) La filosofía hizo uso también de la leyenda de Troya en manos de sus principales autores y obras. En el siglo V a.C., Gorgias escribió El Elogio de Helena y la Defensa de Palamedes, como puros ejercicios retóricos en los que trataba de reivindicar dos figuras muy mal paradas en la tradición homérica.
Esta corriente de utilizar personajes del ciclo troyano para argumentar composiciones retóricas que trataban de rivalizar con Homero y la tradición fijada pervive en el mundo griego hasta la dominación romana en la llamada segunda sofística: Ptolomeo de Queno escribió una obra perdida, el Antihomero. Filóstrato un diálogo, el Heroico. Luciano de Samósata, en los Diálogos de los Muertos, vuelve a reflexionar sobre la figura de Helena y sus responsabilidades en la guerra. La costumbre de emplear argumentos sacados de la saga troyana como ejercicios de composición retórica fue adoptada en época romana y se convirtió en una pieza clave de la formación de las élites intelectuales y políticas.
Los jóvenes de todo el Imperio se ejercitaban junto a sus maestros componiendo discursos en los que fingían ser Palamedes defendiéndose de Odiseo, Helena probando su inocencia o Áyax reclamando las armas de Aquiles. De este modo, los jóvenes se convertían en hábiles oradores, capaces de defender todo tipo de argumentos durante su carrera como abogados o magistrados (...)
Fonte: Portal Clásico
Entre os autores posteriores a Cicerón que escribiron tratados de retórica destacan:
Naceu en Corduba (actual Córdoba), en Hispania. Foi o pai de Séneca o filósofo. Escribiu unhas Controversiae e unhas Suasoriae, nas que recompilaba exemplos dos tipos de argumentación discursiva así chamados. A controversia era unha confrontación de distintos puntos de vista sobre un tema xurídico tratado (tema que era imaxinario); a suasoria era un discurso que pretendía convencer a un auditorio dunha tese determinada.
O coñecido historiador, escribiu na súa xuventude unha obra en forma de diálogo, De oratoribus, na que se compara a elocuencia da época republicana ca do seu propio tempo, que considera xa en decadencia.
Nado en Calagurris (act. Calahorra, Zaragoza), rexentou a primeira escola sufragada polo Estado durante o reinado de Vespasiano. Escribiu o manual de retórica máis famoso se se exceptúan os de Cicerón: De institutione oratoria, que trata sobre a formación do orador, e constitúe un estudio do sistema educativo romano do seu tempo.
Esta obra tivo unha gran influenza na educación do Renacemento e motivou que nesta época a técnica literaria de Cicerón fose considerada como o único modelo de composición oratoria digna de ser tido en consideración. Escribiu tamén un De causis corruptae eloquentiae, no que atribúe as causas da dexeneración da oratoria ó abandono dos modelos clásicos.
A labor do profesor
1. Asuma ante todo un espírito de pai con respecto aos seus alumnos, e pense que está no lugar daqueles que lle confiaron aos seus fillos.
2. Non teña el vicios, nin os tolere.
3. Non sexa desagradable a súa actitude austera, non sexa excesiva a súa familiaridade; non vaia ser que naza da unha odio e da outra desprezo.
4. Fale moito de honestidade e bondade, pois cantos máis avisos dea, menos castigará.
5. Non se deixe levar nunca pola ira, pero tampouco deixe pasar o que debe corrixirse.
6. Sexa sinxelo no seu ensino, sufridor do traballo, estea sempre próximo, pero non en exceso. Responda gustoso aos que lle preguntan, aos que non lle preguntan, pregúntelles de súpeto.
7. Nos encomios das exposicións dos seus alumnos non sexa rañas, pero tampouco esaxerado, porque o un provoca desgusto con respecto ao traballo, o outro autosuficiencia.
8. Ao corrixir o que debe, non sexa duro, e moito menos, amenazador, pois a moitos afástalles do propósito de estudar o que algúns lles repriman coma se odiásenlles.
9. Diga algunha vez, é máis, moitas, e diariamente, constantes exemplos sacados da lección para a súa imitación, con todo, segundo dise, a viva voz alimenta moito máis e, sobre todo, a do mestre ao que os seus discípulos, se están ben educados, aman tanto como veneran.
10. Non se pode dicir canto máis gustosamente imitamos a quen apreciamos.?
Recomendacións para os alumnos:
Intro:
Logo de falar bastante dos deberes dos mestres, aos discípulos, namentres, só lles recomendo isto:
1. Que amen aos seus mestres non menos que aos mesmos estudos, e crean que son os seus pais, non fisicamente falando, senón no plano intelectual.
2. Este deber cara ao mestre axudará moito ao estudo, pois os escoitarán mellor e crerán nas súas palabras, e desexarán vivamente parecerse a eles.
3. Finalmente virán contentos e entusiasmados ás reunións das escolas, non se enfadarán cando se lles corrixa, alegraranse cando se lles encomie, e dedicaranse ao estudo para ser os máis queridos.
4. Pois así como o deber daqueles é ensinar, o deber destes é mostrarse dóciles.
5. Pola contra, unha cousa non serve sen a outra. E así como o home nace da unión dun e outro proxenitor, e en balde se esparce a semente se non a quenta o asuco ben abrandado, da mesma xeito, a elocuencia non pode desenvolverse se non existe a concordia asociada do que transmite e do que recibe.
Todas as persoas que traballen con ordenadores, ben sexa creando novas aplicacións ou en páxinas web, atoparían este texto algunha vez na súa vida. O máis probable é que ao velo, se pense que non significa nada e que só está aí para borrar ser substituído polo texto que se desexe publicar. A pesar da pouca importancia que se lle da ao Lorem ipsum, leva presente séculos na nosa sociedade e oculta unha longa historia.
Un profesor de lingua latina, Richard McClintock, do Hampden-Sidney College, en Virginia, descubriu a orixe do que nos nosos días é considerado por moitos como un simple texto de mostra. Atopou unha conexión cunha unha liña na sección 1.10.32 del ‘De finibus bonorum et malorum’ de Cicerón, texto no que se fala sobre o ben e o mal dende distintas correntes filosóficas. Foi neste texto onde o profesor localizou a primeira liña do Lorem Ipsum, aínda que cunha leve modificación, que consistía no seguinte: no texto do orador está escrito dolorem en lugar de lorem; isto era o que dificultaba a súa relación.
Ata ese momento a historia é perfectamente coñecida. O texto foi escrito por Cicerón no ano 45 a.C, e dous anos despois, este famoso persoaxe sería executado. As loitas políticas, que provocaron a súa morte, non impediron que as súas obras perdurasen e seguisen influíndo ata os nosos días, o que permitiu que as palabras de Cicerón chegasen a ser empregadas como texto de recheo case dous mil anos despois
Lorem Ipsum
“Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident, sunt in culpa qui officia deserunt mollit anim id est laborum”.
Texto orixinal de Cicerón
“Neque porro quisquam est, qui dolorem ipsum dolor sit amet quia, consectetur, adipisci Velit, sed quia non numquam eius modi tempora incidunt ut labore et dolore magnam aliquam quaerat voluptatem”.
Sección 1.10.32 do ‘De finibus bonorum et malorum’ de Cicerón
Da imprenta a un ordenador
McClintock foi máis alá e decidiu averiguar por qué se empregaba esta frase en concreto. Según el, as razóns remóntanse á Idade Media, coa imprenta de Gutenberg, cando un tipógrafo que necesitaba un libro de mostra para enseñar as diferentes clases de tipos, empregou un texto sen sentido, que non chamase máis a atención que as características do que creara.
A Biblia foi descartada para tal propósito (non era boa idea remexer as palabras dun texto sagrado), e o tipógrafo escolleu o texto de Cicerón Lore ipsum, remexeu as súas palabras, mesturou unhas con outras, cortounas, etc. Algúns exemplos: lorem por dolorem, adispiscing (non hai palabras en latín que acaben en -ing !) elit por Velit, etc. Así que creou un galimatias que séguese empregando hoxe en día como texto de mostra.
Este solo foi o comezo do Lorem Ipsum. Dende os primeiros anos ata a actualidade tivo que combater con outras opcións de recheo, que, aínda hoxe, pretenden facerlle competencia. No seu camiño foi de gran importancia a compañía Letraset e a chegada dos ordenadores.
Esta compañía británica confirmou nos anos 60 estas palabras como texto de recheo estándar. En 1985 a compañía de ‘software’ Aldus Corporation utilizou o Lorem Ipsum para o seu programa de maquetación PageMaker 1.0, un dos primeiros do mercado.
E o resto é historia...