Xénero menor poético que consiste nunha composición curta, de ficción, cuxos personaxes son animais.
As súas características son o emprego do senario iámbico e o seu carácter alegórico, xa que están escritas xeralmente en verso e os personaxes que interveñen ou dialogan son, xeralmente, animais. Ten elementos satíricos, burlescos e afán moralizante, constitúe unha reivindicación burlona do pobo fronte aos privilexiados. Trátase dun xénero que xorde como reacción á poesía de ton elevado e solemne, ás veces formulado de forma expresa. Os seus personaxes son seres vulgares e insignificantes cos que se pretende ensinar algo moral ou útil. É o que coñecemos como moralexa.
A orixe de estos relatos é remoto e probablemente debe relacionarse coa literatura oriental. O papel das fábulas de animais na India e nas culturas de Mesopotamia é coñecido desde fai tempo. Seguramente os xonios, habitantes das colonias gregas de Asia Menor, foron quen actuaron de intermediarios na transmisión de esta tradición á súa propia cultura, a cal, desde época moi temperá, recolleu algunhas destas historias dentro de obras literarias pertencentes a outros xéneros. Ata o s. VI a.C. as fábulas non acadarían a categoría de xénero na literatura grega, grazas á figura de Esopo, un persoaxe de características semimíticas e cuxa vida está chea de lendas de dudosa autenticidade: por el, a fábula de animais denomínase «fábula esópica».
Caio ou Gaio Xulio Fedro [a], nado ca. -15 e finado ca. 50, foi un fabulista romano. Seguidor de Esopo, introduciu mordaces alusións contemporáneas.
Fedro foi un escravo orixinario de Macedonia. Recibiu a liberdade de mans de Augusto e desenvolveu a súa actividade literaria durante os reinados de Tiberio, Calígula e Claudio.
Publicou en cinco libros a súa colección de fábulas latinas en verso. Moitos dos temas destas composicións están tomados de Esopo; outros, con todo, proceden da súa experiencia persoal ou inspíranse na sociedade da súa época.
Como el mesmo declara no prólogo da súa obra, a fábula foi inventada porque os escravos, medorentos do castigo se ousaban dicir o que sentían, enmascararon as súas ideas expresándoas en forma de fábulas para evitar con bromas finxidas as reaccións violentas dos seus señores.
Sexa ou non real esta afirmación, o certo é que no cento unha fábulas de Fedro que se conservaron apréciase con claridade a intención didáctica e moralizante que introduce o breve relato, protagonizado preferentemente por animais. Nelas desenvólvese o concepto de protesta social, adaptándoo ao contido e aos costumes da súa época. Altivo e ambicioso, quixo conferir ao apólogo moralista popular a elegancia e o garbo da poesía.
Con todo, aínda que Fedro confesa que só se limita a representar de forma xenérica a vida e os costumes dos homes do seu tempo (ipsam vitam et mores hominum ostendere), o certo é que as veladas alusións críticas a personaxes contemporáneos valéronlle un proceso por parte de Sexano, o poderoso prefecto do pretorio e favorito do emperador Tiberio.