Galicia por Diante: Un momento que vou a VOMITAR!!!

Post date: Jan 29, 2010 9:50:10 AM

Correo que envío a galiciapordiante@crtvg.es o venres 29 de Xaneiro do 2010 tras vir escoitando o programa na radio do coche.

-------------------------------

Envío copia a prensa diversa.

Penso que, igual que damos publicidade a aquelas cousas que nos gusta, debemos facer públicas aquelas que consideramos que se están a facer mal.

Emnvío copia a : duvi@uvigo.es, vigo@es.amnesty.org, redaccion@publitasa.com, santiago@farodevigo.es, cartas@farodevigo.es, redaccion@galiciae.com, webvoz@lavoz.es, participa@atlantico.net, info@anosaterra.com, diariodixital@anosaterra.com, redaccion@xornaldegalicia.com

---------------------------------

1.- Empezando o día

Acabo de chegar ao traballo.

E vin escoitando Galicia por Diante (en adiante Gxd).

E tiven que baixar rápidamente do coche para ir a VOMITAR. ... ¡Que manda chover na Habana!

2.- 'Galicia por diante': Un esperpento de programa

Xa sei que tendo maoioría absoluta no parlamento se pode poñer na radiopública a quen o partido desa maioría decida. Xa o sei.

Tamén sei que hai unha ética periodística que non debería perderse en ningún caso. En ningún caso.

Tamén sei que non se pode meter unha sesión de sexo duro con mamada e penetracións varias nun programa tildado de 'cultural', de 'informativo' ou de 'infantil'.

Non sei cal é a etiqueta, ou etiquetas, que identifican o tipo de programa que é Gxd.

3.- 'Galicia por diante' Un programa de debate?

Tiña para min que era un programa de debate; ainda que só fose por seguir no mesmo formato e na mesma hora daquel outro que era Un dia por diante.

E si é así me gustaría saber onde teño que ir para DENUNCIAR que o contido do Gxd non se adecúa ao dun programa calificado como 'de debate'.

E si non é así (que Gxd non está tildado como programa de debate) me gustaría saber igualmente onte teño que ir para DENUNCIAR que o programa non respeta os mínimos da ética periodística. E pedir polo tanto que seña retirado da programación da Radio Galega.

4.- Efectos perniciosos do programa

En min.

Levántome coa alma limpa. Incluso fago unha pequena sesión de meditación para sentirme mellor conmigo mesmo e co mundo.

E logo, no camiño ó traballo, escoito Gxd.

E cando chego teño que ir inmediatamente a VOMITAR porque teño todo o corpo revolto.

Revolto pois me fun envenenando de escoitar Gxd.

Todo o programa é un auténtico esperpento.

Na sociedade.

Naqueles que teñen un mínimo de capacidade confío que o efecto será o de deixar de escoitar o programa (ainda así algo de veneno xa colleron).

Nos que non teñan esta capacidade, e sigan polo tanto envenenándose co que no programa se emite, o efecto será exactamente o que provoque o veneno que polo programa se escupe.

E non hai nin un só efecto positivo que eu poida ver como consecuencia de semellante envenenamento.

Porque pode ser, e só digo que 'pode ser', que consigan crear un estado de opinión contrario ó actual goberno.

Pero eso non nos beneficia a ninguén. Tampouco ós do PP que son os que confían en ocupar o sitio que deixe o goberno que se vai.

5.- Miopía

Pensar así é ser moi, moi, moi miope. É pensar nun cortoplacismo similar a pensar que cando amence xa vai a ser día para sempre, ou que cando se pon o sol xa nunca mais haberá día.

E pensando así non se pode chegar a ningún sitio mais que a dar tumbos. Dar tumbos nun movemento errático si saber cara a onde imos pois nin siquera nos plantexamos que imos e tampouco sabemos a onde queremos ir.

6.- Tamaño da actual crise e por onde pode estar a saída

A crise que estamos a pasar é unha crise do sistema. De toda a forma de facer que nos valéu na última metade do s. XX.

E superar esta crise necesita de todos, esteamos na posición que esteamos.

Superaremos a crise cando deixemos de ver as solucións buscando o enfrentamento con alguén (governo, xefes, compañeiros, empregados, a muller, ...).

O enemigo a batir levámolo dentro cada ún de nós. Debe ser polo tanto unha conversa, negociación, con esa parte oscura que todos levamos dentro.

Seguir empeñados en ver os problemas no que fan outros (e convencidos de que o que faigo eu está todo perfecto) non nos leva a sair de ningunha crise.

Simplemente seguimos a ser parte desa población cega (antes falaba de miopía) que non aporta nada. Nada.

7.- Petición

Mentras denuncio ou non denuncio:

PIDO POR FAVOR. E esto o pido directamente aos que tendes a responsabilidade do programa.

Facede de Gxd un programa de debate. De DEBATE. Non de mitin esperpéntico, falando do que seña, para enfocalo sempre contra o goberno ou as esquerdas en xeral.

Xa sei que eso que pido non é trivial.

Facelo, e facelo ben, precisa de presentador e de tertulianos capaces. Capaces e sin directivas desde atrás. Nos programas estase xa nunhos nivéis de aberración difíciles de entender como saídos da propia dinámica da tertulia.

8.- O obxectivo merece a pena

Trátase de alimentar pensamentos nas persoas que nos enfoquen cara á dirección correcta.

Alimentémonos de pensamentos sanos, saudables, que nos falen da vida, do sentido da vida, das persoas, ...

E non de cabreos, de enfrentamentos, de ridículos, de primeiras e segundas divisións, de papeles de estado, ...

Un saúdo moi cordial a todo o equipo de Gxd!!

Envío copia deste mail a todos aqueles medios dos que dispoño dunha dirección de mail.

Respetar a ética periodística é unha obriga que se debe autoimpor calquera que fale nos medios!

Xulio Fernández Hermida | e-mail.- xuliofh@uvigo.es

ETSE de Telecomunicación de Vigo | http://webs.uvigo.es/xuliofh

Campus Universitario | Tf.- 986-812131

36310 Vigo (Pontevedra) | Fax.- 986-812116

Skype-me.- callto://xfernand

Consellos de amigo para alumnos universitarios: http://webs.uvigo.es/webcalidad/index.htm

NUNCA MAIS, GUERRA NON, Patentes de Software ... NON.

Autopistas do Atlántico. Pura obscenidade... dos directivos financeiros

Non leo ficheiros .docx