Carga policial en Bamio contra os agricultores que se manifestan polos baixos precios da leite

Post date: Jul 16, 2009 9:06:16 AM

Correo electrónico enviado a undiapordiante@crtvg.es (que foi onde oín a noticia e o pequeno debate ao respecto)

INDECENTE.

Parece que a herencia do franquismo é moito mais forte do que ninguén poidésemos pensar!

¿Cómo sinón se explica que a policía cargue contra os agricultores?

¿Son estos (os agricultores) unha amaza para o resto da población que obliga a 'reducilos' utilizando a violencia?

¡Por Dios!!

Non é creíble, nin aceptable, o de que hai quen se mete a provocar no medio da manifestación.

Non é aceptable que un policía poida 'non soportar as provocacións'.

O policía está a facer o seu traballo, e suponse que está preparado para eso. Ten que estalo.

O que non está no seu traballo é o agricultor. O seu traballo é atender ás vacas e a producir leite.

Sería como poñer ó policía a atender ás vacas e golpealo porque non o fai ben. O que está alterado, porque está fóra de contexto é o agricultor; non o policía.

Non se pode disculpar o ocurrido.

Debe medirse moito, moitísimo, o momento no que a policía debe chegar a cargar contra unhos manifestantes.

Todo o anterior (xente que non son propios manifestantes, provocacións,... ) non son mais que argumentos INACEPTABLES

para unha posible orde, que ven dende mais arriba, que é de onde veñen as ordes, de levar 'porras floxas'.

ABSOLUTAMENTE INACEPTABLE.

Cousas así fan a ún dudar de cal debe ser o camiño a tomar cando hai problemas. E eso é moi malo!

É moi malo porque veñen tempos difíciles onde van a ser moitos os problemas que teremos que resolver.

E a solución non debería pasar por enfrerntarnos unhos a outros. O problema é de todos.

E, como problema de todos que é, non vale o de darlle caña ó que nese momento se está a queixar.

Porque, posiblemente en moi pouco tempo, pode ser ún mesmo o que estea a posición dos que se manifestan.

Envío este mail co mellor dos desexos de que, os que teñen ese pouquiño de poder de 'mandar á policía' sexan conscientes do dano que están a facer á sociedade enteira.

Algo así como o dano que fai aquel que rouba unha bicicleta nun garaxe dunha comunidade de veciños.

Que nunca o beneficio da bicicleta roubada vai a compensarlle ó ladrón a pérdida de confianza que se creóu nesa comunidade. Comunidade á que ese mesmo veció ladrón pertence. E que o vai a ter moi difícil para volver a ser a mesma comunidade de antes do roubo. Comunidade na que él terá que vivir e os seus fillos, e...

Iso é simplemente torpeza; falta de luces.

Por favor. Deámonos conta de que cada acción que facemos ten unha repersusión que vai moito moito máis lonxe do que parece a primeira vista.

Un saúdo moi cordial.

Xulio Fernández Hermida | e-mail.- xuliofh@uvigo.es

ETSE de Telecomunicación de Vigo | http://webs.uvigo.es/xuliofh

Campus Universitario | Tf.- 986-812131

36310 Vigo (Pontevedra) | Fax.- 986-812116

Skype-me.- callto://xfernand

Consellos de amigo para alumnos universitarios: http://webs.uvigo.es/webcalidad/index.htm

NUNCA MAIS, GUERRA NON, Patentes de Software ... NON.

Autopistas do Atlántico. Pura obscenidade... dos directivos financeiros

Non leo ficheiros .docx