Post date: May 5, 2015 6:17:26 PM
Charla pronunciada no Edificio de Facultades en Ourense o 15 de abril de 2015.
Angel Escribano, secretario do CUCO (Comité Universitario do Campus de Ourense) púxose en contacto conmigo por si me apuntaba a dar unha charla no Edificio de Facultades en Ourense (gracias Angel por haberme contactado!). Cando lle pregunto polo público que podemos esperar ter na charla (gústame axustar o que conto ó público que hai na sala) me di que son de maxisterio, educación social e similares.
Foi así como decidín o título para a charla.
Angel tiña interés na miña visión polo feito de ter unha minusvalía, unha Esclerose Múltiple que me complica un pouco o moverme a pe. Angel había proposto un título tentativo que era "Consejos de amigo para alumnos universitarios y la docencia desde la discapacidad". E ese título fíxome plantexarme un pouco mais como me había afectado a discapacidade para a docencia.
E realmente, sería 'docencia dende a discapacidade' si esa discapacidade fose un elemento importante no proceso docente (un tatabello, un xordo, un cego, poderían falar de como consiguen facer unha docencia dende a sua discapacidade). Pero eu vía que este non era o meu caso. No meu caso, a discapacidade levóume a un proceso persoal que me foi ensinando cousas moi interesantes como persoa. Ahí sí que entra a discapacidade. E logo, co aprendido gracias á discapacidade, imparto docencia. E non souben como meter todo esto nun titulo, por eso finalmente o deixamos simplemente como "Consellos de amigo para futuros docentes". E ó longo da charla tamén faléi de como a discapacidade me levóu a ese proceso persoal tan enriquecedor.
SINOPSE:
“Nada do vivido por nós lle servirá aos nosos alumnos. A sociedade na que van a vivir e traballar eles será tan diferente que a experiencia previa non será válida”.
“Os meus consellos baséanse en tres patas fundamentais, como son as necesidades que eu vexo na sociedade, as necesidades que vexo nos docentes e o modo en que cambiou a miña visión destes temas a esclerose múltiple”.
NOTA DE PRENSA:
Un acertado artigo no DUVI sobre o falado na charla en: http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=9783&Itemid=59
VIDEO:
O vídeo da conferencia está colgado en Uvigo Tv en: http://tv.uvigo.es/serial/index?id=2297
AUDIO:
O audio grabado por Angel o ten no seu Google Drive en: https://drive.google.com/file/d/0B1CVhBxkuYjlN1JaUWhBd1Z6c2M/view?usp=sharing