Opinión cando falan da folga de fame de Aminatou Haidar

Post date: Dec 18, 2009 9:20:18 AM

Opinión que envío ao programa Galicia por Diante da Radio Galega o 18 Dec'09.

¡Canto nos preocupa o papel de España no mundo! ¡Somos moi febles! ¡Non se nos respeta! ...

A pregunta é ¿Qué papel queremos que xogue España no mundo?

¿De chulo matón? Como fixo Estados Unidos cando vai a Afganistán a buscar ao inventado Ben Laden?

Que vai ahí como un elefante nunha cristalería. Ahí os mortos non contan. Son efectos laterales do papel que Estados Unidos xoga no mundo.

Nós parece que nos alineamos tamén bastante con esta maneira de facer.

Pensamos que as formas son as que usamos cando o caso Perejil.

Pensamos que con Marrocos somos moi febles. Que deberiamos ensinarlle a Marrocos con quén está a falar.

Nese momento nos olvidamos de persoas, o que existen son países. Países que teñen que demostrarse cousas unhos a outros. ¿E as persoas?

As persoas pasan a ser secundarias, ou terciarias ou, ... xa nin se sabe. ¿Qué coño importan as persoas? O importante é que España lle demostre a Marrocos con quen está a falar.

Parece que o ser humano, na súa enorme limitación é incapaz de darse de conta de que España, Marrocos, Estados Unidos, ... non son máis que conceptos.

Conceptos que nos levan a provocar sufrimentos a persoas. Persoas que deberían ser mais importantes que os conceptos. Pero que nos costa entendelo.

Só o entendemos en xenérico. E todos somos pacifistas. Tan pacifistas coma o que máis.

Pero que Marrocos nos respete porque así non pode ser.

Esiximos que Marrocos respete o Sáhara. Ahí o temos moi claro. Os outros teñen que respetar os dereitos humanos.

Pero si falamos de Marrocos e España, entón nos olvidamos dos dereitos humanos (non pertenecen a esta conversación) e esiximos que nos respete.

E de Ceuta e Melilla non falamos.

Gibraltar é unha aberración. ¿Qué pinta un peñón británico en Cádiz?

Pero Ceuta e Melilla non teñen nada que ver.

Non o entendemos?

Pois haberá que facer un esforzo de entendimento.

Esta crise deberá traernos unhos cambios moi profundos. Eses cambios van a estar en como entendemos as cousas.

Deberá levanos a unha visión un pouco máis amplia dos temas.

A darnos conta de que en cada situación, hai sempre unha parte do problema que está do noso lado.

E para resolvelos deberemos poñer algo (que sempre pensaremos que é moito moito moito) da nosa parte.

E empezaremos a atravesar a crise cando nos quedemos a gusto por ver que o outro queda ben (en vez de mirar tanto como quedamos nosoutros).

Un saúdo

Xulio Fernández Hermida | e-mail.- xuliofh@uvigo.es

ETSE de Telecomunicación de Vigo | http://webs.uvigo.es/xuliofh

Campus Universitario | Tf.- 986-812131

36310 Vigo (Pontevedra) | Fax.- 986-812116

Skype-me.- callto://xfernand

Consellos de amigo para alumnos universitarios: http://webs.uvigo.es/webcalidad/index.htm

NUNCA MAIS, GUERRA NON, Patentes de Software ... NON.

Autopistas do Atlántico. Pura obscenidade... dos directivos financeiros

Non leo ficheiros .docx