Opinión tras oir o debate sobre a liberación do Alacrana

Post date: Nov 18, 2009 9:15:16 AM

Debate mantido no programa 'Galicia por diante' da Radio Galega o mércores 17Nov09 (día seguinte á liberación do Alacrana e os seus mariñeiros)

O que poño ahí é o mail que envíei ó programa.

Asunto: Liberación do Alacrana

De: Xulio Fernández Hermida <xuliofh@uvigo.es>

Fecha: 18 de noviembre de 2009 10:14:06 GMT+01:00

Para: galiciapordiante@crtvg.es

__________________________________________________

¡Como se nota onde están os problemas de fondo!

Porque se citan, pero se pasan por riba nadamáis citalos. Nunca se vai mais alá neles.

- ¿Por qué Estados Unidos envía armas?.- Faise a pregunta e pasamos a outro tema

- Os piratas proceden de zonas certamente moi pobres.- Cítase e pasamos a outro tema

- No Congo fomentamos, dende occidente, guerras que producen millóns de mortos.- Pero non imos a falar diso.

- Multinacionales de distintos países están a pelexar polos caladeiros do Índico.- Deso non se pode falar pois todo son especulacións.

Piratas e gobernos

¿É moi distinto cando o goberno canadiense atrapa ós nosos pesqueiros cando o conflicto do fletán?.- Como é o goberno non son piratas ¿ou tamén o son, pero ademáis cobran do seu propio estado?

Somalia é un dos países con maior corrupción.- ¿Son entón mais legales os gobernantes que os piratas? ¿Non vale como contribución ó 0,7 o que se lles pagóu ós piratas? ¿Estaría mellor si se lles houbesen feito chegar os diñeiros ós gobernantes corruptos de Somalia?

Zapatero e a súa política de 'paz e amor'

¿Debemos ser un país que demostre o seu poderío 'aplastando' a calquera que non teña a misma forza? ¿Eso nos leva a un mundo mellor? ¿Ou é que non importa o mundo ó que nos leva pois o importante é satisfacer o noso ego como país?

Eu tamén son dos de paz e amor. E eu non poido decidir o que vai a facer ningunha outra persoa. Pero poido decidir o que faigo eu. E si son de paz e amor, deberéi actuar como penso que teño que actuar. E para iso fai falta moita fortaleza; moita fortaleza interna (que non forza externa).

Non usar a forza cando non se dispón dela é o normal. O mérito está en decidir non usar a forza cando se dispón dela, pero os principios indican que ese non é o camiño.

Ahora toca usar os cuchillos que estivemos afilando durante estes dias de estar calados.

Está moi ben que se liberasen os mariñeiros.- Pero ahora que están aquí imos a dedicarnos a romper todo o que fixemos. E logo diremos que damos unha imaxe de pena como país. Pero, como non pode ser doutra maneira, o problema non o temos os que ahora estamos a soltar pola boca toda a merda da que somos capaces. Non señor! O problema son os outros. O problema nunca consideraremos que o provocamos cada ún de nós. Eso non!

Especulacións, interés ou simplemente ignorancia?

Multinacionales de distintos países están a pelexar polos caladeiros do Índico.- Deso non se pode falar pois todo son especulacións (hasta pode que algún de nós teñamos accións dalgunja desas empresas pois dan moi bos beneficios).

¿Son especulacións? ¿Tanto nos costa imaxinar como pelexan por eses caladeiros? Terán que negociar ¿con quen? ¿cos gobernantes corruptos de Somalia? Pois supoño que si. ¿E cos que dende aquí chamamos piratas porque non cobran do estado somalí? Pois supoño que tamén. .... Pero desto non queremos falar.

Preferimos mirar para outro lado, e dedicarnos a botar merda pola nosa boquiña contra o que temos ahí mais cerca. ¿o goberno? pois bueno ¡que lle vamos a facer! !Terá que ser contra o goberno! .

Vidas son as dos 'nosos' mariñeiros... e non sempre!

As forzas armadas posiblemente poderían haber eliminado aos piratas. ¡Pero eso non serían vidas! Vidas só son as dos nosos mariñeiros (e o foron mentras estaban retidos. Ahora que xa non o están, xa importan un pito. Ahora o importante é ver como podemos usar esto para desgastar ó goberno.

E logo queixarnos de que somos un país de merda, pero, por suposto, non é un problema noso. É un problema do goberno.

Reflexión final.

Imos cara a un tempo onde penso que imos a ter que reflexionar moito mais e falar moito menos. Falar moito menos.

Un saúdo moi cordial a todos os que facedes o programa.

Xulio Fernández Hermida