Atropelo dunha parexa en Vigo por un rapaz que está a facer unha carreira de coches

Post date: Jan 27, 2009 9:06:47 AM

Vigo a 14 de Xaneiro de 2008.

Comentario enviado a FaladoiroRadioGalega@crtvg.es

É referido ó comentario de hoxe de Fernando Ónega ó respecto do atropelo dunha parexa en Vigo por un rapaz que está a facer unha carreira de coches.

Ainda que só escoitei o final da sua intervención, entendín que Ónega fala de facer caer todo o peso da lei, ainda que só seña como exemplo.

E eu penso que o tema é o bastante grave (de feito é moi grave) como para non andar con chiquitas.

Pero vivimos un tempo especial.

E as medidas que debamos tomar pode que tamen teñan que ser especiáis.

O cambio social está a ser tan forte que fácilmente as medidas de control que servían na sociedade de onte, xa non sexan as mais axeitadas para a sociedade de hoxe.

Decir que casi sempre coincido con Ónega agás en ocasións coma a que tratamos aquí, onde eu penso que as medidas que se tomen deben ser pensadas con parámetros dunha sociedade que está a cambiar e que temos a responsabilidade de "marcar o camiño que debe seguir ese cambio".

E volvendo ó caso do atropelo:

O rapaz que conducía o coche que atropela á parella é certamente culpable.

¿E o rapaz que vai no outro coche que compite con este?

¿Ten algo de culpa tamén? ¿ou, como a parella se lle cruzóu ó outro coche, el xa non ten ningunha culpa?

Eu penso que ten tanta culpa coma o seu compañeiro. Él simplemente tivo mais sorte.

¿E os rapaces que facían de público cando estes se retaban á carreira?

¿Teñen algo de culpa tamén? ¿Ou, simplemente algunhos, como non tiñan coche, tiveron a sorte de non poder participar?

¿E os pais dos rapaces que competían?

¿Teñen algo de culpa tamén?

Pois ó mellor tamén teñen algo de culpa. Non será que non se nos dí, por activa e por pasiva, que os coches potentes en maos de rapaces novos son 'armas de matar'; que é o que son.

E o Concello, ó que nos din que xa se tiña avisado, ¿ten algo de culpa tamén?

Pois posiblemente tamén.

Tipo de medidas e a quen aplican:

1.- Medidas de control ós coches de certas potencias e conductores de certo perfil.

Coches potentes e conductores xoves ou que tivesen denuncias por exceso de velocidade deberían levar sistemas con gps como se fai cos taxis (neste caso pola seguridade dos propios taxistas).

Os cohes levarían o GPS e habería que montar todo un sistema de recepción e control dos datos recibidos deses gps's.

E este sistema de control o terán que pagar os potenciais 'conductores de coches que atropelan a unha parexa ó longo dunha carreiera'. Sería un sistema que o implementaría o Estado e se financiaría con impostos a este tipo de coches.

2.- Como pena ó individuo

Mezclaría as estancias no cárcere con tempos de asistencia a persoas que sufriron accidentes de tráfico. Moito traballo social!

3.- Como pena ás persoas máis de cerca implicadas neste sinistro

Neste tipo de asistencias (traballo social) incluiría ós que son o entorno no que estos se meteron a facer a súa carreira particular.

Van aquí os compañeiros de farra dos conductores, os pais dos conductores e incluiria tamén á persoa que vendéu este coche implicado no sinistro. Posiblemente este vendedor xa sabía que poñendo ese coche nas mans dese individuo nos está a poñer en peligro á sociedade en xeral.

A solución deberá dimensionarse acorde ó tamaño do problema.

E si temos un problema gordo (que o é), a solución non pode pasar por unha simple pena ó conductor.

Todas as reflexións anteriores teñen que ver co feito de que penso que non abondan medidas punitivas sobre o individuo directamente implicado.É preciso incidir tamén no seu entorno. O razoamento é o mesmo polo que o de que a pena de morte non fai diminuir o número de delitos. Si a atracción por delinquir é alta, os sistemas punitivós sólo sobre o individuo non abondan. É preciso incidir en todo o entorno do delincuente.

Me gustaría que esta reflexión chegase a Fernando Ónega.

E sería todo un placer poder debatila con el directamente.

Un saúdo moi cordial