Porque non debemos aceptar o formato .docx

Post date: Jul 16, 2009 10:48:40 AM

Correo que me cruzo coa secretaria do departamento cando me envía un modelo de documento de texto en formato .docx

¿Podes mandarmo nun formato que non sexa .docx?

Un saúdo

============

Non é caprixho o non aceptar os documentos .docx Verás.

Ese formato só é de Microsoft. Do Office que ven co Windows Vista.

É un formato propietario que non podo abrir con outros editores de texto que non sexa o propio Office do Windows Vista.

Non debes obligar a ninguén a que teña que facerse con un software e un sistema operativo que non é libre.

O formato .docx non aporta ningunha ventaxa que non teña xa o formato .doc. Simplemente aporta restriccións.

O seu, é utilizar formatos abertos (para texto sería o .odt -de Open Document Text- ) que pode usar calquer editor de texto pois as normas de como se construe o ficheiro e como se interpreta son libres e coñecidas (www.openoffice.org).

E como procesador de texto está o OpenOffice, que o hai para todos os sistemas operativos (Windows, Linux e Mac) e é gratis. Gratis e de código aberto.

De feito eu recomendo que o descarguedes e o empecedes a usar. O hai en todos os idiomas (castellano por suposto, pero tamén galego).

E pode habelo en galego porque ó ser código aberto, calquera pode ir so código e traducir as frases, palabras e textos que o programa saca por pantalla para comunicarse co usuario.

É importante que o PAS axudedes nesta tarefa na que todos estamos implicados.

Aceptar o formato .docx é restrinxirnos nas nosas libertades e provocarnos gastos e dependencias absolutamente intolerables.

Un saúdo cordial.