Apagón tralo temporal e o moito que falamos de Fenosa

Post date: Jan 27, 2009 9:12:36 AM

Comentario enviado a FaladoiroRadioGalega@crtvg.es o 27 de Xaneiro do 2009 tralo vendaval destes días pasados.

Fálase de que levamos oitenta e pico horas sin luz en 15 mil fogares (~oitenta e pico mil persoas sin luz).

No debate do Faladoiro falamos moito do problema e de si podía ou non haberse previsto e de si patatñin e de si patatán.

Ffalamos moito de Fenosa.

Pero non falamos nada dos beneficios que reparten os accionistas.

Cando remata o ano e se fan as contas da empresa, co diñeiro acumulado pódese:

- reinvertilo na empresa (mellorando as infraestructuras, ...)

- ou repartilo en dividendos.

E aquí está a cuestión que parece non querer abordarse no faladoiro de hoxe (martes 27 de xcaneiro).

O reparto de dividendos son ganancias inmediatas. Que poden convertirse en coches máis grandes e caros ou en visxes para un ou para os fillos en algún destino de moda.

A inversión en infraestructuras serían ganancias para a sociedade á que dan servicio (así en xeral). Para que os que non son accionistas de Fenosa non teñan que tirar o que se lles estropeóu no ocnxelador e cousas así.

Pero entre a viaxe ou a boda como se merece da filla do accionista

ou o conxelador dese que non coñezo (nin quero), a decisión parece doada.

E así nos vai.

Ou collemos conciencia de que cada cousa que facemos ten consecuencias en toda a sociedade

ou non temos nada que facer como sociedade no planeta que nos acolle.

E vendo o que pasa en Gaza... pois casi que é mellor que despoblemos esto que

non parece que merezamos de máis tempo aquí.

Un saúdo