Debemos mirar de resolver a crise económica pero sin seguir 'quentando na pota'

Post date: May 7, 2009 9:14:28 AM

Mail que envío a undiapordiante@crtvg.es

Vos escoito cada día no camiño ó traballo. E me gusta o que oio (así en termos xeráis). Pero me gustaría apuntar algunhas ideas:

1.- Penso que nos estamos centrando moito na crisis económica. Apuntamos que é global, pero económica.

E penso que a crisis na que estamos é moito máis que económica. Simplemente que a parte económica é á que somos máis sensibles, pero que á hora de ver de resolvela, deberemos ter en conta que debemos cambiar a maneira de facer moitas das cousas que non poden seguir como estiveron até o de agora.

Un símil podería ser o de unha pota grande chea de auga que todos ao redor dela fumos quentando.

Cando esta pota de auga empeza a ferver, empezan tamén a saltar gotiñas de auga por fora que nos queiman.

E entón nos centramos en combatir o problema das gotiñas que nos queiman.

Deberemos combatir este problema, pero tendo en conta que o problema de fondo é que a pota está empezando a ferver.

Sendo así, buscaremos non queimarnos coas gotiñas pero con solucións que non aumenten a temperatura da pota.

Ben. Pois a crise económica é o medio necesario para que reapuntemos a sociedade cara a unha nova maneira de facer.

Unha nova maneira de facer que non pode ser volvendo a poñer en marcha un sistema que siga a quentar na pota (liña na que eu vexo que apunta sempre a dereita).

Justo Zambrana en "El ciudadano conforme: Mística para la globalización" di que a economía de mercado é como unha locomotora que entre todos fumos acelerando. Ahora vemos que non quedan vías, polo que haberá que parala e facerlle andar por 'outras vias' que deberemos inventar. Este é o reto. E non volver a poñer en marcha a locomotora polas vías de sempre.

Suxiro ver o vídeo "La historia de las cosas" que se atopa en internet.

2.- A crisis na que estamos nona poden resolver só os políticos. Ten unha envergadura que fai que a solución non se poida conseguir movendo o timón.

Para resolvela nos deberemos implicar todos. Pois debe levarnos a un cambio de valores. A unha nova concepción do que entendemos que é estar ben.

E nesta labor os comunicadores tendes un papel crucial.

3.- ¿Os micrófonos os carga o demo??

Hoxe, comentábades o que había dito o presidente de nonseiqué organismo económico de Madrí diante dun micrófono que pensaba que estaba cerrado. A frase era como que " o problema é Zapatero".

E, na análise da noticia, comentades que 'os micrófonos os carga o demo'.

Esto é un símil claro do risco de ter unha pistola e que a poida coller un crio.

O problema non é o micrófono. O problema é que non se decide respetar o feito de que a persona di o que di na intimidade (a micrófono pechado).

E quen decide non respetalo non é o micrófono. Sodes os periodistas que decidides sacalo á luz. E se pode sacar unha, dez, cen oui un millón de veces.

Certamente o problema non é o micrófono que 'o cargóu o demo'.

Outra cousa é que pode que non estea mal que se vaian rompendo as distancias entre a 'cara pública' a micrófono aberto e a 'outra cara' a micrófono pechado.

Neste cambio de conciencia que debe acompañar a esta crise, o romper esta distinción pode que sexa un elemento a favor.

Un saúdo

Xulio Fernández Hermida | e-mail.- xuliofh@uvigo.es

ETSE de Telecomunicación de Vigo | http://webs.uvigo.es/xuliofh

Campus Universitario | Tf.- 986-812131

36310 Vigo (Pontevedra) | Fax.- 986-812116

Skype-me.- callto://xfernand

Consellos de amigo para alumnos universitarios: http://webs.uvigo.es/webcalidad/index.htm

NUNCA MAIS, GUERRA NON, Patentes de Software ... NON.

Autopistas do Atlántico. Pura obscenidade... dos directivos financeiro