Clubs de lectura

O EDLG colabora activamente nos clubs de lectura organizados pola Biblioteca.

Os clubs de lectura desenvólvense nunha reunión mensual, en horario extraescolar, de 15h30 a 16h30 e que ten lugar o último martes de cada mes.


O club de lectura do IES Nº1 conta tamén cun curso dentro da aula virtual do centro, onde se publican horarios e se insertan algunhas actividades interactivas como pasapalabras e kahoots.


Ao longo do curso, ás veces, hai que facer algunhas modificacións horarias nas sesións previstas tendo en conta que algúns participantes están tamén anotados á actividade de teatro e, en algunhas ocasións, poden coincidir os ensaios coas sesións previstas no club de lectura.

Neste ano apostouse por potenciar a lectura a través do cómic engadindo deste xeito un aporte visual impactante ás temáticas traballadas.

O alumnado, inscrito de xeito voluntario, foi distribuído en tres grupos mixtos a partir das seguintes temáticas:

- “Diversxs”: dirixido a alumnado de 1º e 2º ESO (10 alumnos/as) centrado en lecturas escollidas baixo criterios de integración e de visibilización da diversidade de todo tipo (funcional, sexual, social, de orixe….).

- “Igualdade”: dirixido a alumnado de 1º e 2º ESO (9 alumnos/as), centrado en temáticas relacionadas coa violencia de xénero, a igualdade e a diversidade afectivo-sexual.

- “Memoria(s)”: dirixido a alumnado de 3º e 4º ESO (10 alumnos/as), enfocado no traballo da memoria histórica entendida nun sentido amplo, tanto nos formatos (banda deseñada e novela) como nas temáticas (democrática-histórica, movementos sociais, persoal-intimista, das e dos pioneiros en diversos campos).


Os grupos son atendidos por profesorado distinto dependendo do libro seleccionado, pertencente aos departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá, Xeografía e Historia, Orientación, Pedagoxía Terapéutica e EDLG. 

Nos grupos de 1º e 2º da ESO leuse:


-Subnormal, Fernando LLor e Miguel Porto.

     -22 segundos, Eva Mejuto.

        -El diario violeta de Carlota, Gemma Lienas.

                             -Mamá, quero ser Ziggi Stardust, Iria Misa.

                                            -21 relatos sobre el acoso escolar, Varios autores.


No grupo de 3º e 4º da ESO leuse:


-Jamás tendré 20 años, Jaime Martín.

-O derradeiro libro de Emma Olsen, Berta Dávila.

-Os corpos invisibles, Emma Pedreira.

-O cemiterio de barcos, Francisco Castro.


Ao rematar os clubs de lectura faise, como xa é tradición unha pequena festa no Recreo Cultural da Estrada, onde se organizan actividades a partir dos libros de lectura lidos nos clubs ao longo do ano.

Ligazón ás imaxes:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1186

Pero ademáis ao longo do curso tamén hai encontros literarios no IES Nº1 con escritores e escritoras que son lidos nas aulas de lingua galega ou lingua castelá.

O alumnado prepara unha pequena entrevista coloquio con cada autor/-a.


Ligazóns ás imaxes:

Irmá paxaro, de Tamara Andrés:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1078

Un elefante na sala de estar,   e  O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1104

Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1145

Europa ExpresO que sei do silencio  e  Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1171


O alumnado prepara unha pequena entrevista coloquio con cada autor/-a.

E por suposto, as RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN, feitas en colaboración cas Bibliotecas do IES Manuel García Barros e o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez:

Ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1167