Día das Bibliotecas escolares

·         Dentro do marco da conmemoración do día das Bibliotecas escolares, preséntase durante os recreos unha reflexión persoal, combinando imaxe e audio,  feita polo escritor estradense Xosé Luna Sanmartín, na que resalta a importancia que na súa vida teñen as bibliotecas, ao tempo que engade outras reflexións persoais de diferentes persoeiros como por exemplo Xosé Neira Vilas. Esta reflexión pretende animar ao alumnado a achegarse con frecuencia ás bibliotecas e á lectura en xeral como fonte de coñecemento e engrandecemento persoal.


24 outubro 2022 día das bibliotecas escolares.mp4

21 outubro:   EU VOU COMIGO - EU SON

Actividade desenvolvida polo centro didáctico 4 Elefantes da Estrada,  asociada á celebración do día das Bibliotecas escolares. A través da lectura de dous libros breves da autora Raquel Díaz Reguera (Eu vou comigo, Eu son) o alumnado reflexionou sobre aspectos relacionados coa autoestima, as expectativas propias e dos demais, aceptación de si mesmos, etiquetaxe social, sentido de pertenza a un grupo, ...

E, logo de traballar a comprensión lectora, a imaxinación e creatividade, a capacidade de empatizar cos demais, as actitudes positivas para previr conflitos, ... chegou o momento de elaborar o traballo de grupo entre todo o alumnado de 2º da ESO: a creación dun Mural Collage.

Picando na ligazón podes ver as imaxes:

25 outubro: A RULETA DAS LETRAS

Actividade desenvolvida pola Asociación Anacos con motivo da celebración do día das Bibliotecas escolares, e na que o alumnado, dividido en varios grupos mixtos, debía superar probas diversas baseadas en cuestións sobre a lingua e a literatura galegas. A superación destas probas permitía conseguir vogais e consoantes coas que encher uns paneis nos que se agochaban nomes e títulos de diferentes autoras galegas, como por exemplo  As malas mulleres de Marilar Aleixandre, recentemente galardoada co Premio Nacional de Literatura.

Picando na ligazón podes ver as imaxes: