Correlingua

Festa final do Correlingua na contorna, celebrada nas rúas da Estrada o 31 de maio, coa participación da maioría dos centros educativos do concello, máis o IES Chano Piñeiro de Forcarei e o CPI de Cuntis.

Na aula virtual Biblioteca-Dinamización creouse un tema dedicado a esta actividade para poder ler o manifesto gañador, o vídeo do grupo musical, e a información relativa ao evento.

Manifesto 2023 - Na casa, na escola, bota a lingua fóra.pdf
MEKÁNIKA ROLLING BAND.pdf

PROGRAMA DO CORRELINGUA O 31 DE MAIO  NA ESTRADA:

10:45h. Chegada dos centros ao recinto da Praza do Concello.

11:00h. Saúdo e presentación a cargo de Isabel Risco

11:10h Saída do CORRELINGUA

11:30h. CHEGADA DO CORRELINGUA (Pequenos)

Tempo para a merenda dos pequenos antes do concerto.

11:50h. CHEGADA DO CORRELINGUA (Maiores)

Tempo para a merenda dos maiores (primaria) antes do concerto.

12:15h. LECTURA DO MANIFESTO

12:20h. Actuación do grupo Mekánika Rolling Band

12:50h. Solta final de globos e remate do acto.

Desde o IES Nº1 acudiu o alumnado de 1º e 2º da ESO, ataviados cos panos agasallo da organización do Correlingua e con pancartas e algún instrumento musical.

Ligazón ás fotos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1163