X Festa das palabras

Cerimonia festiva que tivo lugar o 6 de xuño no Teatro Principal da Estrada, para facer a entrega de premios dos concursos literarios organizados por Dinamizaestrada.

Ligazón á imaxe da presentación da festa:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1165


Encargouse o deseño do cartel anunciador do evento á mesma persoa que leva a cabo o deseño do libro, Rosa de Cabanas, recoñecida ilustradora estradense.

A presentación e a condución da festa foi realizada, nesta edición por dous alumnos do noso centro, o IES Nº1.

Houbo tamén actuación musical a cargo do grupo Proxecto Valladares, composto por tres membros e que ten como obxectivo a divulgación das creacións musicais dos irmáns Valladares.

A festa estivo amadriñada pola poeta Charo Golmar, autora tamén dunha introdución que aparece publicada no libro editado cos textos do alumnado gañador.


Ligazón ás imaxes da festa:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1169


Os catro  gañadores levaron, despois da Festa, un lote de 6 libros da X Festa das palabras, cos seus textos, e a súa foto, publicados.

Tamén se lle entregaron dous libros ao resto dos finalistas no noso centro e aos presentadores da festa.