Letras Galegas 2023

Neste ano houbo un conxunto de actividades enmarcadas neste mes de maio dedicado ás Letras Galegas.

Exposición Francisco Fernández del Riego, a partir do material enviado dende a Xunta. As láminas da exposición foron colocadas nos corredores do centro.

A partir destas láminas, creouse unha ficha didáctica cunha serie de preguntas que o alumnado debía responder lendo nos cadros da exposición. Esta actividade foi realizada polo alumnado durante as sesións de clase da materia Lingua Galega.

FOLLETO FFR_23.pdf

Aula virtual: Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego”, información na Aula Virtual: vídeos sobre o autor e a súa obra, escolma de textos, biografía, carteis da exposición nos corredores, folleto-unidade didáctica, ... .

Presentación Francisco Fernández del Riego”, para os usuarios do centro de día Agadea, en Cuntis. O día 26 de maio o alumnado de 2º da ESO presentou, acompañándose de diapositivas, ao persoeiro homenaxeado este ano coas Letras Galegas. Ao remate fíxose un pequeno xogo de ruleta de palabras, a partir da presentación feita e do vídeo inicial sobre a biografía de Francisco Fernández del Riego. 

Orgullosos do noso, presentación-charla. O martes 30 de maio, visitounos Borxa González, un dos creadores de Orgullo Galego que explicou ao  alumnado de 3º e 4º da ESO o seu proxecto, dando a coñecer tamén algúns datos sobre o estado da lingua e da creación de contidos en galego na internet.

Ligazón ás fotos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1161