23 febreiro: Rosalía de Castro

Arredor do 23 de febreiro toca lembrar a Rosalía de Castro.

Coma sempre houbo unha chea de información na aula virtual de Biblioteca-Dinamización, que incluía, entre outros documentos, unha visita á casa-museo Rosalía de Castro en Iria-Flavia, o manifesto da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) para o 2023, unha play list con poemas de Rosalía musicalizados e o vídeo do Concello da Estrada para conmemorar a Rosalía de Castro.

CARTEL ROSALÍA-2023.pptx
2023 Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro.pdf

Play list con poemas musicalizados.

1_tiras_Rosalía.pdf

Tamén se colgaron polo centro tiras con versos de Rosalía para arrincar e gardar.

E o xa tradicional café con Rosalía, na cafetería do centro, agasallo de estrofas con cada consumición.

O alumnado participou na creación de caligramas cos poemas de Rosalía ou outras creacións artísticas. Os mellores recibiron unha chapa de agasallo.

O alumnado de 3º da ESO participou, o 14 de febreiro, no tamén tradicional Roteiro Rosaliano,  conducido polo mestre Manuel Baleirón e que percorreu, por terras de Padrón, os principais escenarios nos que viviu Rosalía: Padrón, a igrexa de Iria-Flavia, o pazo de Arretén, e a casa-museo da Matanza.

Ligazón ás fotos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1106

O día 23 de febreiro o Concello da Estrada organiza todos os anos un recitado de poemas de Rosalía de Castro no Teatro Principal, no que participan os centros educativos do Concello e outros persoeiros. 

O IES Nº1 estivo representado por tres rapaces de 3º da ESO.

Ligazón ao vídeo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1107


No mesmo acto o departamento de Cultura do Concello da Estrada presentou o vídeo que anualmente realiza para conmemorar esta data. 

Vídeo do Concello da Estrada no día de Rosalía de Castro 2023: 

"Aí vai a tola soñando".

E o sábado 25 de febreiro, unha nova edición especial en Radio Estrada, do Recuncho da Lingua, dirixido pola mestra Pilar Bernárdez, dedicado a Rosalía de Castro.

Nesta ocasión as representantes do IES Nº1 foron dúas rapazas de 3º da ESO, que explicaron a relación entre a poeta padronesa e Avelina Valladares, a cantora do Ulla, reivindicada tamén nese programa pola musicóloga e profesora do Conservatorio Musical de Santiago de Compostela, Isabel Rei Sanmartín.

Ligazón ao audio do programa:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1107