X Concurso Micropoemas e Microrrelatos Dinamizaestrada

Coma todos os anos nos meses de xaneiro e febreiro lévase a cabo o concurso de micropoemas e microrrelatos organizado por Dinamizaestrada, que xa vai pola súa X edición. 

Neste concurso participa todo o alumnado dos dez centros educativos do Concello da Estrada, creando textos nos que deben incluír as dúas palabras seleccionadas durante o primeiro trimestre e que proveñen dos títulos das obras do escritor ou escritora recordado nese ano nas Letras Galegas.

Este ano, polo tanto, a partir dos títulos das obras de Francisco Fernández del Riego, foron seleccionadas as palabras ESPELLO para os micropoemas e CAMIÑO para os microrrelatos. 

Todo o alumnado do centro participou presentando textos e despois dunha primeira selección por parte do equipo do EDLG, resultaron uns once finalistas a nivel de centro. E de entre eses finalistas, o xurado de Dinamizaestrada premiou a catro deles, un por cada unha das categorías correspondentes ao noso centro.

Bases X Concurso de microrrelatos e micropoemas.pdf

Os finalistas e os gañadores foron agasallados con libretiñas, bolis ou lapis e cadanseu diploma.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1112