Recuncho da lingua: "Lendas e mitos da tradición oral na Estrada"

Este foi o título da edición especial do 17 de decembro do programa O recuncho da lingua, dirixido pola mestra Pilar Bernárdez.

Nesta ocasión foron dous alumnos de 3º da ESO os que representaron ao IES Nº1 contando lendas que escoitaran nas súas contornas, na zona de Vea: a lenda da Santa Compaña e a lenda do cruceiro da Gándara, en Santa Cristina de Vea.

Fotos e audio do programa na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1093