Exposición Manuel García Barros

·         Exposición itinerante, inaugurada na Casa das Letras da Estrada no mes de abril do 2022 con motivo do 50 aniversario do pasamento do escritor e mestre estradense Manuel García Barros.

O comisario da exposición, o profesor Carlos Loureiro foi o encargado de presentala ao alumnado do centro.

O equipo da Biblioteca e EDLG elaboraron un folleto con actividades para o alumnado, a partir dos paneis da exposición.

 Esta mostra foi tamén visitada por un grupo de maiores do centro de día de Agadea en Cuntis, que escoitaron as explicacións, que un grupo de alumnos e alumnas de 2º da ESO, apoiados polo profesor Carlos Loureiro,  lles ofreceron sobre cada un dos paneis. Fíxoselles tamén entrega do díptico de actividades.


Picando na ligazón podes ver as imaxes: