25 novembro contra a violencia de xénero

Neste ano o IES Nº1 presentou un abano de actividades para dar visibiliadade á violencia de xénero que sigue persistindo na nosa sociedade.  

Buscouse a participación de todo o alumnado.


Comezamos por colocar un gran lazo morado e un slogan na cristaleira das escaleiras, visible desde o exterior:

E fíxose unha exposición de pares de zapatos vermellos sobre cada un dos cales se colocou unha tarxeta co nome dunha víctima de violencia de xénero.

No centro, todos os grupos foron pasando polo túnel da violencia, unha aula a escuras, na que debían entrar con lanternas para poder iluminar mensaxes de violencia verbal ao tempo que escoitaban un audio breve no que un mozo agredía verbalmente, e quizais continuase fisicamente, á súa moza. Ao saír facíase unha breve reflexión sobre o tipo de mensaxes que acababan de ver/escoitar recoñecendo que escoitar algúns deles na contorna social na que o alumnado se move.

Despois achegábanse á Biblioteca e tiñan que ordenar textos no semáforo da igualdade. Logo eran eles os que debían escribir algunha mensaxe en prol da igualdade e remataban vendo un vídeo sobre o 25 de novembro, elaborado o ano anterior  no IES de Soutomaior.

Ademais o alumnado de 3º e 4º da ESO achegouse aos pavillóns expositivos do Concello para participar na actividade "Estacións da igualdade", promovida polo CIM da Estrada. Tamén participaron nesta proposta o alumnado dos outros IES do Concello. 

Tratábase de 4 actividades diferentes polas que o alumnado, dividido en grupos debía ir pasando: unha ruleta de palabras de igualdade, un xogo de asociación de nomes de mulleres relevantes e as súas biografías, un obradoiro de pintura de slogans sobre camisetas, outro no que debían escribir os seus propios textos e un photocall.

E o alumnado de Proxecto Competencial de 1º da ESO tamén traballou esta temática e elaborou un pequeno vídeo titulado: "O IES Nº1 contra a violencia... porque non é non!"

Na seguinte ligazón pódense ver máis fotos e este vídeo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1081