8 marzo: día da muller

Este ano no centro preparouse unha breve exposición baixo o título  

"8 galegas para o 8 de marzo".

2023 - 8 galegas para o 8 de marzo.pdf

Neste ano, o IES Nº1 sumouse ao proxecto educativo promovido polo CIM da Estrada: "As historias non contadas", no marco do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero, que tiña por obxectivo que a mocidade elabore os seus propios programas radiofónicos para visibilizar as historias e as achegas da muller en diversos campos.

En formato podcast, e co impulso de APAIOGA (Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega), os programas están dispoñibles na canle "A ollada da sospeita", así como en Radioestrada.

O alumnado de 3º da ESO-PDC  entrevistou á artesá estradense Vanesa Iglesias Casal.

Ligazón ao audio da entrevista:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1156

O alumnado de 4º da ESO realizou un estudo sobre a situación laboral da muller na contorna do IES Nº1 da Estrada.

Comezaron con unha enquisa:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1111

e remataron expoñendo as conclusións:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1156

E no mes de maio un novo capítulo das historias non contadas.

Catro alumnas do grupo de teatro entrevistaron á súa profesora, a actriz estradense Cristina Andrade.

Ligazón ao audio da entrevista:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1166