Novembro: Mes da Ciencia en galego

XIII día da Ciencia en galego: Ano das ciencias básicas para un desenvolvemento sostible: Oceanografía, Simetría e Meteoroloxía”, que este ano resalta as figuras de  Evaristo Galois e Ángeles Alvariño. 

Como en anos anteriores participamos nas confer.encias organizadas por IGACIENCIA.

Picando nas seguintes ligazóns  podes acceder a todas as vídeoconferencias:



O verán do 2022, extremos climáticos sen control?

De como as ciencias básicas poden axudar a predicir o clima" Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, da RAGC. Día 4 de novembro, ás 12 horas. 

Mergullámonos no océano do futuro? 

Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo. Día 21 de novembro, ás 12 h. 

A pegada humana e os seus efectos sobre a xeomorfoloxía de Galicia.   Fran Canosa, Doutor en Xeoloxía, Divulgador . Día 25 de novembro, ás 12 h. 


Cambio climático e sistema alimentario, por Dr. Luís Díaz Allegue, investigador. Día 28 de novembro, ás 12 horas. 


Ademais, no laboratorio de ciencias, houbo experimentos científicos en galego, durante algunhas sesións de clase da materia Física e Química.