Dinamiza TV

Colaboración con DinamizaEstrada e co Departamento de Cultura do Concello da Estrada, consistente na gravación de vídeos que tratan  temáticas relacionadas coa comunidade educativa de cada centro participante.


Nesta segunda edición, desde o departamento de cultura do Concello presentóusenos un guión pechado, co obxectivo de homoxeneizar os contidos, así que tratábase de desenvolver nove seccións, entre as que había entrevistas, contos, dobraxe, celebracións,...:

“Hoxe celebramos ...”                            “O meu recuncho prefe ..”

“Xogamos no patio ...”                           “Contamos en galego”

“Recomendación lectora”                    “Dobramos en galego”  

“Cóntocho eu”                                        “Pechamos o informativo”

“Coñecemos a ...”

 

Este traballo desenvolveuse ao longo dos meses de abril e maio.

O 29 maio, levouse a cabo a gravación do noticieiro no Teatro Principal. Dous alumnos, representando ao equipo de redacción do IES Nº1, foron os encargados de exercer de presentadores no noticieiro.


https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1183


Unha vez gravados todos os noticieiros foron aloxados nunha canle de YouTube pertencente ao Concello da Estrada, onde, os días 21, 22 e 23 de xuño, se foron presentando os noticieiros de cada un dos oito centros de Dinamizaestrada participantes nesta edición.  



Na aula virtual Biblioteca-Dinamización habilitouse un tema con ligazón a esta canle de YouTube.


Ligazón á play list cos vídeos de todos os centros participantes:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLTnvmDSDkvWU8TRRYULfr3hiUS3CkVuUb