30 xaneiro Castelao

Coma todos os anos, arredor do 30 de xaneiro o EDLG e a Biblioteca promoven propostas para divulgar a figura deste ilustre persoeiro: Información na aula virtual Biblioteca-Dinamización.

Exposición de libros e cadros na Biblioteca. Exposición de memes de actualidade creados a partir das viñetas de Castelao.

Kahoot "Castelao na Estrada" para os de 1º da ESO.

Este ano, unha alumna de 4º da ESO, Uxía Seoane, agasallounos cun vídeo dun teatro de monicreques feito por ela en colaboración coa súa familia: 

"Os vellos non deben de namorarse".

Ligazón ao vídeo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1087

E houbo unha nova colaboración, o 28 de xaneiro, co programa O recuncho da lingua: "A relación de Castealo coa Estrada", dirixido pola mestra Pilar Bernárdez.

Nesta ocasión foron tres alumnas de 4º da ESO as representantes do IES Nº1, que, a través da carta que Castelao enviou aos estradenses en 1941, explicaron a relación que o escritor mantivo coa Estrada.

Unha das tres rapazas era Uxía, quen explicou á audiencia o proceso de creación do seu teatro de monicreques sobre a obra de Castelao.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1103