Recuncho da Lingua: "Cultura popular de tradición oral"

O sábado 25 de marzo o IES Nº1 participou, canda outros centros educativos, nunha nova edición especial do Recuncho da Lingua, programa de radio dirixido pola mestra Pilar Bernárdez, insertado dentro do espazo "As mañás de sábado" de Radio Estrada de Isabel Durán.

Nesta ocasión o título era "Cultura popular de tradición oral" e acudiu aos estudios de Radio Estrada Mariña, unha alumna de 1º da ESO que lembrou, a través das historias contadas pola súa avoa, as orixes estradenses, na parroquia de Couso da bandoleira do século XIX, Pepa a Loba.

Ligazón ao audio do programa:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1130