Recuncho da Lingua: "día do libro"

O sábado 22 de abril o IES Nº1 volveu participar, canda outros centros educativos, nunha nova edición especial do Recuncho da Lingua, programa de radio dirixido pola mestra Pilar Bernárdez, insertado dentro do espazo "As mañás de sábado" de Radio Estrada de Isabel Durán.

Nesta ocasión o tema era a celebración do día do libro, o 23 de abril. Desde o IES Nº1 acudiron aos estudios de Radio Estrada dúas alumnas de 2º da ESO, Noa e Lía, que fixeron as súas recomendacións lectoras sobre os libros ilustrados: Pioneiras e Pioneiras 2, que presentan biografías de mulleres galegas destacadas en diferentes ámbitos.

Ligazón ao audio do programa:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1138