Vídeoconectad@s

Actividade enmarcada dentro da colaboración co grupo Dinamizaestrada, que engloba aos equipos dinamizadores da lingua galega dos dez centros educativos do concello da Estrada.

Consiste nunha vídeoconexión entre colexios de primaria e IES de secundaria. 

Nesta ocasión foi o alumnado de 5º do CEIP Manuel Villar Paramá o que preparou unha exposición sobre o cinema, as súas orixes, algúns trucos dos primeiros anos, ...

Os receptores foron un grupo de 1º da ESO do noso IES Nº1.

E como ás veces hai problemas coa conexión, enviáronnos o vídeo da presentación que tiñan preparado previamente.

E un conto cheo de lobos, tamén da súa creación, empregando algúns dos trucos do cinema inicial.