V Mostra de teatro escolar Olimpio Arca Caldas

Este ano retomouse a celebración desta mostra de teatro escolar promovida pola Asociación Cultural Vagalumes da Estrada e que reúne as propostas dos diferentes centros educativos do Concello.

O IES Nº1 que conta cun obradoiro teatral impartido pola actriz Cristina Andrade, con alumnado dos catro niveis da ESO e dúas profesoras do claustro, participou coa peza "Sentenza?", creada nese obradoiro recompilando extractos e personaxes de varias das obras teatrais de Olimpio Arca Caldas.

Na seguinte ligazón poden verse as fotos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1083




Posteriormente, no mes de marzo, esta peza foi representada no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, a petición dese IES e coa asistencia, a maiores do seu alumnado, dalgúns usuarios do centro de día de Agadea de Cuntis.


Máis fotos na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/node/1113