Podemos combinar o circuíto de relés con encravamento e o circuíto inversor de xiro con parada automática para facer múltiples proxectos.
Ao premer no pulsador dun piso o motor ponse en marcha e avanza ata que chega a altura apropiada. Diso encárgase un circuíto con encravamento. Á saída conéctase un segundo relé inversor de xiro do motor con parada automática. Podes var aquí o esquema eléctrico.
Engádelle unhas luces indicadoras de subida e baixada en cada piso . Anímaste a deseñar o mecanismo e o circuíto?
Acciónase mediante un pulsador, e o motor detense cando a porta queda completamente aberta. Un segundo pulsador doutro lado da porta fai que se peche. O esquema é o mesmo que no caso do ascensor.Se queres accionar a porta dende dentro e dende fóra, terás que conectar dúas parellas de pulsadores NO e NC de apertura e peche da porta, en serie ou en paralelo? Pénsao, e deseña a conexión axudándote dun simulador.
Engádelle un circuíto de xeito que se acenda un LED verde cando a porta estea completamente aberta e un LED vermello cando estea pechada ou en movemento.
No proxecto da imaxe, os pulsadores de apertura e peche da porta están agochados baixo a estrada de xeito que, cando o coche sitúase enriba, a porta ábrese e péchase automaticamente mediante un sistema piñón-cremalleira. Só funciona nun sentido. Inclúe un detector de escuridade para que se acendan automaticamente os farois cando non hai luz. (Isto pódelo ver na sección de electrónica)
Podes utilizar o mesmo circuíto para construír unha ponte levadiza ou unha barreira dun aparcadoiro.Deseña o mecanismo axeitado para o teu proxecto. O movemento pode realizarse mediante poleas, piñóns, piñón cremalleira, … repasa os mecanismos vistos en 2º de ESO.
Adapta o circuíto ao teu proxecto, incorporando luces de paso, un zoador, ou o que desexes.