O polímetro ou multímetro é un aparello que serve para medir:
Voltaxes (voltios):
Utilizamos o voltímetro
Intensidades (amperios):
Utilizamos o Amperímetro
Resistencias (ohmios):
Utilizamos o Ohmímetro
Para utilizar o polímetro debes tomar as seguintes precaucións:Non xirar o selector mentres mides.
Non tocar as puntas de proba cando mides.
Cambiar a pila cando apareza o indicador de batería baixa.
O polímetro ten un fusible para protexelo das tensións altas. Se o polímetro non funciona comproba que o fusible non estea fundido
Antes de facer as medidas, fíxate que estea seleccionado o tipo de corrente que desexes (continua ou alterna).