Cómpre que aprendas a deseñar os teus propios circuítos para adaptalos aos teus proxectos, xa que non sempre chos van dar feitos. Resulta moi útil utilizar un simulador de circuítos eléctricos para probar o seu funcionamento antes de facer a montaxe real.
Por exemplo, para o seguinte proxecto de mecanismos de 2º de ESO os compoñentes do grupo querían que:
Cando o semáforo está en vermello a moto está parada
Cando o semáforo ponse en verde a moto empeza a moverse accionada mediante un sistema leva-seguidor
Ademais, incorpórase unha lámpada na casa cuxo funcionamento é independente do que fagan o semáforo e a moto.
Mediante o simulador crocodrile technology deseñamos o circuíto:
Para controlar o semáforo utilizamos un conmutador. O LED vermello colocámolo nunha posición e o verde na outra. Como imos utilizar unha pila de 4,5 voltios conectamos unha resistencia de 100 ohmios en serie con cada LED.
Queremos que o motor se mova cando o LED verde estea aceso, así que conectámolo en paralelo con el.
Probamos o circuíto conectando unha pila e o interruptor xeral.
Por último conectamos a lámpada co seu interruptor. Debemos conectalaen paralelo con todo o anterior para que funcione de xeito independente.
Cando xa comprobamos que o circuíto funciona, facemos unha planificación do cableado real. Fai un debuxo coa posición dos compoñentes no prototipo e debuxa a conexión dos cables. Isto axudarache a facer o circuíto real no teu prototipo.
Debes colocar os cables ordenados e non facer unha maraña xa que se hai algún fallo poderemos revisalo sen facernos un lío.