Nesta sección verás como se poden calcular as magnitudes eléctricas nos circuítos serie, paralelo e mixto. Deberías repasar previamente a sección “Magnitudes eléctricas” para acordarte dos conceptos básicos.
A resistencia equivalente é a suma de todas as resistencias dos compoñentes.
RT = R1 + R2 + R3
Por tódolos compoñentes circula a mesma intensidade
IT = I1 = I2 = I3
A diferencia de potencial total é a suma das diferencias de potencial de todos os compoñentes.
VT = V1 + V2 + V3
Para realizar os cálculos utilizamos o cadro da dereita. Cando coñecemos dous valores dunha columna podemos calcular o terceiro mediante a lei de Ohm.
Apuntamos os datos que temos Calculamos a resistencia equivalente: RT= R1 + R2 + R3.
100 Ω + 100 Ω + 100 Ω = 300 Ω
Mediante a lei de Ohm calculamos a intensidade totaldo circuíto: IT= VT / RT
IT= 9 V / 300 Ω = 0.03 A
Como tódolos compoñentes están en serie sabemos que IT = I1 = I2 = I3 = 0.03 A
Agora, mediante a Lei de Ohm, podemos calcular as diferencias de potencial de cada unha das lámpadas
V1 = I1 R1 = 0.03 A · 100 Ω = 3 V
V2 = I2 R2 = 0.03 A · 100 Ω = 3 V
V3 = I3 R3 = 0.03 A · 100 Ω = 3 V
Comprobación: A voltaxe da pila debe ser a suma das diferencias de potencial dos compoñentes
VT = V1 + V2 + V3 ; 9 V = 3V + 3V + 3V Correcto!
A resistencia equivalente é:
1/RT = 1/R1 + 1/R2 + 1/R3
A intensidade total é a suma de tódalas intensidades.
IT = I1 + I2 + I3
Tódolos compoñentes teñen a mesma diferencia de potencial.
VT = V1 = V2 = V3
Para realizar os cálculos utilizamos o cadro da dereita. Cando coñecemos dous valores dunha columna podemos calcular o terceiro mediante a lei de Ohm.
Apuntamos os datos que temos Calculamos a resistencia equivalente:
1/RT= 1/R1 + 1/R2 + 1/R3.
1/RT= 1/100 + 1/100 + 1/100 = 3/100 ;
RT= 100/3 = 33.33Ω
Mediante a lei de Ohm calculamos a intensidade total do circuíto: IT= VT / RT
IT= 6 V / 33.33 Ω = 0.18 A
Como tódolos compoñentes están en paralelo sabemos que VT = V1 = V2 = V3 = 6 V
Agora, mediante a Lei de Ohm, podemos calcular as intensidades que circulan por cada unha das resistencias
I1= V1 / R1 = 6 V / 100 Ω = 0.06 A
I2= V2 / R2 = 6 V / 100 Ω = 0.06 A
I3= V3 / R3 = 6 V / 100 Ω = 0.06 A
Comprobación: A intensidade total que circula é a suma das intensidades que circulan por cada un dos compoñentes
IT = I1 + I2 + I3 ; 0.18 A = 0.06 A + 0.06 A + 0.06 A ¡correcto!
O procedemento é similar ao visto para os circuítos serie e paralelo, e debes ter claro como se comporta V, I e R en cada un deles.
Primeiro calculamos a resistencia equivalente do paralelo:
1/Rp= 1/R1 + 1/R2
1/Rp= 1/80 + 1/80 = 2/80 ;
RT= 80/2 = 40 Ω
Logo calculamos a resistencia equivalente en serie:
Re= Rp + R3 = 40 + 80 = 120 Ω
Primeiro calculamos a resistencia equivalente do paralelo:
1/Rp= 1/R2 + 1/R3
1/Rp= 1/80 + 1/80 = 2/80 ;
Rp= 80/2 = 40 Ω
Despois claculamos a resistencia equivalente en serie:
Rs1= R1 + Rp = 160 + 40 = 200 Ω
Rs2= R4 + R5 = 100 + 100 = 200 Ω
Por último calculamos a resistencia equivalente do paralelo resultante:
1/Re= 1/Rs1 + 1/Rs2
1/Re= 1/200 + 1/200 = 2/200 ;
Re= 200/2 = 100 Ω
[Scratch: Magnitudes eléctricas en circuítos]
1- Elixe serie ou paralelo
2- Preme no interruptor para acender o circuíto.
3- Varía os valores das resistencias e da voltaxe da pila e observa os cambios na intensidade de corrente e na diferencia de potencial de cada lámpada.