Un circuíto con encravamento que podes utilizar para os teus proxectos é este da figura:
O pulsador normalmente aberto da entrada é o que acciona o relé, que queda enclavado. Pode ser un pulsador, un microinterruptor final de carreira, ou un circuíto electrónico detector de luz, temperatura, humidade, etc.
O pulsador normalmente pechado ou de desenganche desactiva o relé. Pode ser un pulsador NC, un microinterruptor final de carreira, ou tamén un circuíto electrónico.
Na saída podes colocar o que desexes: unha lámpada, uns LEDs coa súa correspondente resistencia de protección, un motor, un zoador, outro relé, etc.
Un circuíto cun relé con encravamento pódenos servir para moitos proxectos:
Unha alarma actívase cando se detecta unha situación determinada e mantense activada ata que unha persoa desactiva o circuíto. Por exemplo, podes facer un circuíto para que soe unha alarma cando alguén abra un caixón, e só podas desactivala ti cando premes nun pulsador agochado.
Fai clic no pulsador NA para activar o relé. A alarma queda activada despois de soltar o pulsador. Fai clic no pulsador NC para eliminar o enclavamento.
Incorpora esta alarma a unha caixa, un caixón, unha porta, …
Na sección de electrónica tes varios exemplos de detectores (luz, humidade, temperatura, …). Podes utilizalos para activar a alarma, substituíndo o pulsador normalmente aberto pola saída do sensor.
Tamén podes modificar o sinal de saída da alarma cambiando o zoador por unha lámpada, LEDs, etc. Se queres son ou luces intermitentes, podes utilizar un circuíto con 555 en funcionamento astable.
Podes fabricar unha máquina expendedora de caramelos.Unha ou varias moedas activan o pulsador normalmente aberto (cando a caixa ten o peso suficiente cambia a posición do microinterruptor). O motor ponse en marcha e move unha cinta transportadora. Os caramelos van caendo na caixa ata chegar ao peso axeitado para que se accione un pulsador normalmente pechado, que desengancha o circuíto con relé e detén a cinta transportadora.
Deseña o mecanismo e o circuíto, debuxando as conexións antes de montalo. Ten en conta a polaridade do motor para que a cinta se mova no sentido correcto.
As moedas deben saír da caixa logo de accionar o microinterruptor NA.
Podes regular o peso necesario para activar os microinterrutores cambiando a súa inclinación, utilizando unha panca máis longa (máis sensibilidade), etc.