Amperímetro:
Conecta a punta negra en COM e a vermella en VΩHz
Comproba que no polímetro está seleccionada a corrente continua (DC)
Sitúa o selector na zona de intensidade en corrente continua (A). Se ao medir sae un 1 na pantalla é que a escala é pequena para a medida que queremos facer. Sobe a escala.
Para medir unha intensidade colócase o polímetro en serie.
A punta de proba vermella ten que ir no lado do polo positivo e a punta negra no lado donegativo. Se a medida sae negativa é que están colocadas ao revés.
Fíxate que ao conectar dúas lámpadas en serie aumenta a resistencia e, polo tanto, diminúe a intensidade.