Estes parámetros controlan a creación dunha base situada arredor da nosa peza, o cal mellora a adherencia contra a mesa.
[http://wiki.ikaslab.org – Tipo de adherencia – CC BY]
Balsa (Raft): Créase unha lámina de espesor configurable debaixo da peza.
Falda (Skirt): A peza apóiase directamente sobre a mesa. Refírese a unha forma que debuxa o extrusor antes de empezar a imprimir a peza, marcando un recinto no que estará a mesma. Serve para darlle tempo ao extrusor para empezar a extruír ben antes de comenzar.
Borde (Brim): Créase un perfil do espesor da primeira capa de impresión que rodea a nosa peza.
Hai que ter en conta que ao aplicar “Balsa” a figura non vai apoiar a súa base sobre o cristal de impresión, polo que esta superficie non vai quedar cunha terminación tan boa coma se imprimísese directamente sobre o cristal.Estes soportes xeran engadidos que posteriormente teremos que eliminar, e non é doado, pois soe quedar un mal acabado, supoñen un maior consumo de material, maior tempo de impresión, etc. Como consello recomendamos non usalos, agás a opción Skirt.
[http://www.reprap.org -Falda(skirt) e Balsa (raft) – CC BY]
26 Novembro, 2016 by Alicia Pérez