Densidade de recheo
Este valor indica a porcentaxe (%) de recheo que vai ter a figura. Para aforrar plástico nunca se fan as pezas macizas. O volume restante despois do espesor da parede énchese con panel de abella.
O recheo vai repercutir directamente no tempo de impresión e no custo da peza, pero ao mesmo tempo fai minguar a súa resistencia, polo que debemos utilizar un recheo axeitado ás características mecánicas que queiramos conseguir.
Para creacións artísticas, figuras ou elementos decorativos, podemos usar un recheo do 20%, mentres que para pezas que deban soportar peso ou esforzos podemos darlle un 80% de recheo.