Podes fabricar un zoador cos elementos que ves na imaxe.
Fai un electroimán enrolando un cable unhas 200 voltas sobre un parafuso de ferro.
Suxeita unha lima de uñas metálica a un carrete de fío ou calquera outro soporte mediante unha goma elástica.
Elimina a pintura dunha lata de refresco, pois senón non conduce a electricidade.
Utiliza cola termofusible para fixar ben o electroimán, o carrete e a lata sobre un cartón ou madeira.
Axusta a posición dos compoñentes para un correcto funcionamento.
Ao pechar o interruptor, a electricidade circula polo electroimán e separa a lima da lata, rompéndose o circuíto. Entón o electroimán deixa de atraer a lima, que volve ao seu sitio dando un golpe. Nese intre péchase de novo o circuíto, e o proceso repítese unha e outra vez con gran rapidez.