A continuación podedes atopar información para a instalación e configuración de CURA, que é un programa “Open Source” para a comunicación coa impresora e o laminado de obxectos 3D. Dende este programa poderedes realizar todos os pasos necesarios para pasar dun modelo 3D a un obxecto real.Para sacar o máximo partido á vosa impresora 3D, ademais de tela ben nivelada e configurar correctamente o firmware, é necesario que axustedes os parámetros do programa que usedes como laminador, xa que dependendo das características da vosa impresora estes parámetros poden variar en gran medida.
Cura é un software aberto (Open software) desenvolvido por Ultimaker que permite transformar modelos 3D en instrucións entendibles pola maioría de impresoras 3D, permitindo xerar un obxecto físico a partir do seu modelo xerado por ordenador.
Existen versións de cura para as seguintes plataformas:
Requirimentos mínimos de Hardware:
Hardware recomendado:
Windows XP ou superior, 32 e 64 bit.
Mac OSX 10.6 ou superior.
Ubuntu 12.10 ou superior.
512 MB de RAM
200 MB de espazo dispoñible no disco duro
Procesador Pentium 4 ou equivalente
2 GB de RAM
500 MB de espazo dispoñible no disco duro
Intel Core 2 a 2.0 Ghz ou equivalente
Cura é compatible cos seguintes tipos de ficheiro:.STL (Este arquivo é soportado pola maioría de programas de deseño 3D)
.OBJ
.DAE
.AMG
Un arquivo .STL non é un formato de sólido, é un formato con infinidade de puntos da superficie externa da peza que queremos imprimir.
Para converter un arquivo de sólidos a STL é necesario un programa CAD, o programa da impresora non realiza estas conversións.
Primeiramente, descarga o software gratuíto da páxina: cura-software ou de cura-software/list
Este software está dispoñible para Windows, Linux e Mac (a instalación inclúe o controlador para Arduíno).
Neste manual vaise a explicar detalladamente a instalación sobre Windows. Para instalar Cura nas diferentes plataformas dispoñibles se procede de forma similar, atopándose as diferenzas típicas de cada sistema operativo.
Unha vez descarguemos a instalación teremos que seguir os seguintes pasos:
Na primeira fiestra vainos a aparecer a ruta onde queremos instalar o programa. Podedes indicarlle unha ruta ou deixar a que trae por defecto.
[By Kaboldy CC BY-SA from Wikimedia]
Na seguinte pestana van aparecer os compoñentes que se desexan instalar. Ademais de instalar CURA, o instalador dá a opción de instalar os drivers de Arduino e soporte para abrir diferentes formatos. Recoméndase marcar polo menos a opción para abrir arquivos en formato STL, xa que é o formato máis común.
Unha vez pulsado o botón instalar, a instalación empezará automaticamente. Ao terminar coa instalación dos drivers, abrirase unha última fiestra que nos indica a finalización do proceso de instalación e daranos a opción de executar o programa por primeira vez.
Na segunda pestana do asistente de configuración, debedes seleccionar o modelo da vosa impresora. Se a vosa impresora non é unha Ultimaker ou unha Printbot, seleccionar en “Other” e abrirase outra fiestra con máis opcións.
Se o voso modelo de impresora non se atopa entre os anteriores, seleccionar “custom” e abrirase unha pestana onde debedes de indicar os parámetros básico da vosa máquina, como o volume de impresión, o tamaño da boquilla do HotEnd ou se posúe cama quente ou non.
Unha vez completado o asistente de configuración, xa teredes CURA totalmente operativo.
Podemos cambiar o idioma da contorna do noso programa Cura. No menú Preferencias > Configurar Cura…
Unha vez elixida a nosa impresora podemos tamén configurar manualmente as dimensións da nosa impresora, seguindo os seguintes pasos:
Acceder ao menú Preferencias > Impresoras, seleccionamos na lista a nosa impresora, fai clic no botón de <<Ajustes de la máquina>>
Aparecerá unha fiestra na que introduciremos os datos relativos a nosa máquina (no noso caso é unha Bq Prusa i3 Hephestos):
Para poder comezar a funcionar co programa será necesario saber as seguintes combinacións do rato para facilitarnos a visibilidade e orientación das pezas:
Zoom: realizase co «Scroll» do rato, dándolle a roda cara adiante (+Zoom) e cara atrás (-Zoom), outra maneira e mantendo clicado o «Scroll» mover o rato cara adiante (+Zoom) ou cara atrás (-Zoom).
Rotar a vista: realizase mantendo clicado o botón dereito do rato e xirando en orbita o rato.
Arrastrar pezas: realizase pulsando sobre a peza e arrastrando a mesma a onde sexa queira.
Cando iniciamos CURA, se xa configuramos os parámetros básicos do asistente de configuración, vainos aparecer a seguinte pantalla:
2 Outubro, 2016 by Alicia Pérez