Ohmímetro:
Importante: para medir a resistencia debes asegurarte de que os compoñentes que se vaian a medir non teñan voltaxe. Desconéctaos.
Conecta a punta negra en COM e a vermella en VΩHz
Sitúa o selector en Ω, no valor máis alto ao principio. Cando esteas facendo a medida vai baixando a escala ata que desapareza o 1 da pantalla.
O Ohmímetro conéctase en paralelo co compoñente no que queremos facer a medición. Dá o mesmo como conectes a puntas de proba vermella e negra, xa que non hai tensión.