Un microinterruptor ou final de carreira é un compoñente que se acciona mediante unha panca empurrada por un elemento en movemento.
Segundo a forma de conectalo, pode comportarse como conmutador ou como pulsador, podendo seleccionar a posición inicial como normalmente aberta (NO) ou normalmente pechada (NC).
Os símbolos que utilizaremos serán os mesmos que os do conmutador e pulsadores, pero debemos indicar no circuíto que se trata de finais de carreira.
Microinterruptor
conexión como
conmutador
conexión como
interruptor NA
conexión como
interruptor NC
Para realizar as montaxes prácticas, debes identificar as patillas do microinterruptor. A pata que está más preto do apoio da panca é o común, que se debe conectar sempre. A do medio é a normalmente aberta, e a última é a normalmente pechada.
O seguinte circuíto pode servir, por exemplo para facer un ascensor, a porta dun garaxe ou unha ponte levadiza. Ó chegar ó final do percorrido, tanto nun sentido como noutro, o motor para automaticamente grazas á introdución dos finais de carreira.