Conecta a punta negra en COM e a vermella en VΩHz
Comproba que no polímetro está seleccionada a corrente continua (DC)
Sitúa o selector (roda) na zona de medida de voltaxe en corrente continua (V ) no valor de 20V. Se ao medir sae un 1 na pantalla é que hai sobrecarga. Sobe a escala.
Para medir unha diferencia de potencial sitúase o polímetro en paralelo co compoñente que queremos medir.
A punta de proba vermella ten que ir ao polo positivo e a punta negra ao negativo. Se a medida sae negativa é que están colocadas ao revés.