Il Gesú
COMENTARIO DE OBRA DE ARTE
INTRODUCIÓN | COMO EMPEZAMOS?
O comentario que imos a realizar a continuación é a análise dunha obra de arte que realizaremos dende o punto de vista da planta, do interior e do exterior.
Identificación: a que estilo corresponde a obra?, cal é a súa cronoloxía?, cal é o título e o autor (se se coñece)?, que persoa, institución ou grupo encargou a obra?, tiñan algunha relación co arquitecto de tipo económico ou profesional?
CONTEXTO | HISTORIA E CARACTERÍSTICAS XERAIS DA ARTE ROMANA
Contextualización: Relaciona a obra e as súas características coa época á que pertence observando aspectos económicos, sociais, políticos ou culturais. A construción deste edificio, ten que ver cos acontecementos históricos dese momento?, destaca algún aspecto cultural ou valor humano na arquitectura?
TIPOLOXÍA | QUE É?
Localización: onde se atopa o edificio?, por que se atopa neste sitio?, está relacionado con outros edificios anexos ou está illado?, se está unido a outros, gardan harmonía entre eles ou son independentes?
Tipoloxía: que tipo de edificio é (relixioso, funerario, conmemorativo, etc.)?
Función: cal é o uso principal desta arquitectura?, ten algunha significación simbólica?, como variou a súa función e significado ata a actualidade?
Xustificación: como sabemos a súa función?, existe algunha representación escultórica ou pictórica que o indique?
PLANTA | COMO SE ORGANIZA O EDIFICIO?
Planta: que forma ten a planta (rectangular, cruz grega, cruz latina, basilical, etc.)? esa forma ten algunha significación simbólica?
Función: podemos saber a función do edificio gracias á súa planta?
Distribución: á vista da planta, que partes ten o edificio?, que función ten cada unha das partes?, pola forma do edificio se pode ter unha idea completa da súa estrutura ou é preciso recorrelo?, que idea se saca dese percorrido?
INTERIOR | QUE SABEMOS DA OBRA?
Sistema construtivo: como se distribúe o alzado interior do edificio?, como se sostén o edificio?, como se distribúen as forzas e os pesos para que se manteña en pé?
Elementos sustentantes: os muros son finos ou grosos?, producen sensación de solidez ou de lixeireza?, son muros de cerre ou de descarga?, existen vanos?, que forma teñen?, como están dispostos?, hai piares e/ou columnas?, son exentas ou están adosadas ao muro?, ¿son lixeiros e esbeltos ou resultan desproporcionados?, se hai columnas, se poden identificar as súas partes?, pertencen ás ordes clásicas?
Elementos sustentados: como se pechan os vanos (lintel ou arco)?, que forma teñen os arcos?, como é a cuberta do edificio?, hai elementos intermedios entre os soportes e a cuberta (tambor, modillóns, trompas, pechinas)?, se ten bóveda, de que tipo é?, como se construíu?
Sistema de forzas: como se descargan os pesos dende a cuberta ata o chan?
EXTERIOR | QUE SABEMOS DA OBRA?
Exterior: percíbese a estrutura “tectónica” da construción e os xogos de forzas que van dende a cuberta ata o chan?
Fachada: que partes se observan na fachada do edificio?, poden reducirse a formas xeométricas sinxelas (cadrados, rectángulos, triángulos)?, que elementos ornamentais ou arquitectónicos ordenan ou dividen a fachada?, obsérvase algunha proporción entre as partes?
Decoración: como está decorado o edificio?, obsérvanse elementos decorativos no edificio?, se os hai, son esculpidos, pintados ou se conseguen a base dos mesmos materiais de construción?, obsérvanse algún ritmo decorativo na disposición dos vanos?
Luminosidade: como entra a luz no interior de acordo coa distribución dos vanos?, é abundante ou escasa?, a cantidade de luz ten algunha relación coas partes do edificio?, ten algunha significación simbólica?
Materiais construtivos: que materiais se empregaron?, están á vista ou recubertos por outros?, ten relación o material empregado coa función do edificio ou as súas partes?, como está dispostos os materiais?, como é o aparello?, empregouse algún medio de unión (argamasa, cemento, etc.)?
FICHA TÉCNICA:
TÍTULO: Igrexa de Il GesùAUTOR: Jacopo Vignola (deseño e interior) e Giaccomo della Porta (fachada).ESTILO: Manierismo. DATACIÓN: segunda metade do século XIV (1568-1580). MATERIAL: pedra e mármoreLOCALIZACIÓN: RomaEXERCICIO:
Identifica, analiza e comenta estas lámina empregando o seguinte esquema:- Identifica a obra sinalando, se procede, cultura/estilo/movemento, cronoloxía, título e autor. [1 pt.]
- Encadraa no seu contexto histórico-artístico. [1 pt.]
- Analízaa e coméntaa [2 pts.]