O Partenón

COMENTARIO DE OBRA DE ARTE

INTRODUCIÓN | COMO EMPEZAMOS?

"O comentario que imos a realizar a continuación é a análise dunha obra de arte que realizaremos dende o punto de vista da planta, do interior e do exterior."

CONTEXTO | HISTORIA E CARACTERÍSTICAS XERAIS DA ARTE ROMANA

Criterios ABAU: Localización xeográfica da Hélade. Etapas da arte grega. Orixe e importancia das polis. Formas políticas. Conflitos: Guerras Médicas e Guerra do Peleponeso. Sociedade. Cultura, lingua e relixión. A Acrópole de Atenas 

As obras empezaron como parte do proxecto de Pericles para a reconstrución da Acrópole de Atenas tras a destrución do antigo templo polos exércitos de Xerxes durante as Guerras Médicas. Os encargados de deseñar e dirixir o proxecto serían Fidias e Calícrates.

La historia posterior del Partenón representa un paradigma de despropósitos. Durante más de dos mil cien años el edificio se conservó casi intacto, siendo primero iglesia bizantina y luego iglesia cristiana, añadiéndose un campanario, que pasó a ser alminar cuando los turcos lo utilizaron como mezquita. En este estado se encontraba, cuando el 26 de septiembre de 1687, una bomba veneciana hizo estallar el polvorín que los turcos habían instalado en su interior, destruyéndose totalmente la cella y algunas de sus columnas. Otra importante pérdida fue ocasionada por Lord Elgin que, entre 1801 y 1803, despojó al templo de buena parte de sus esculturas, guardadas desde entonces en el Museo Británico. Tras algunos intentos de restauración durante el pasado siglo, entre 1921 y 1929, se llevó a cabo una reconstrucción más sistemática. Hoy el edificio se enfrenta a un nuevo enemigo: la contaminación atmosférica. Sin embargo, a pesar de estos ataques, el Partenón sigue ahí, desafiando al tiempo, en una lección de sobriedad y belleza difícilmente superables.

DESCRICIÓN FORMAL | QUE PODEMOS VER?

Estamos ante un edificio de planta rectangular elevado sobre un basamento formado por tres escaleiras (estereóbata e estilóbata) sobre as que se levantan columnas ao longo de todo o perímetro do edificio (períptero). En total aparecen oito columnas nos lados menores (octástilo). As columnas, dispostas sen basa, teñen un fuste con estrías unidas en aresta viva e presentan na súa parte central un lixeiro ensanchamento (éntase) que acentúa a súa solidez.  O capitel, separado polo colarino, está composto polo equino, elemento troncocónico, e o ábaco,  paralelepípedo de base cuadrada y planos rectos. O sistema arquitectónico é alintelado xa que sobre o capitel descansa un lintel horizontal ou entaboamento que se divide á súa vez en tres partes: o arquitrabe liso, sen de ornamentación; o friso formado por triglifos e metopas; e a cornixa que sobresae do plano do entaboamento e, que orixinalmente, estaría decorada con acroteiros. A cuberta, inclinada a dúas augas, deixaría un espazo triangular, o frontón, que marcaría as fachadas principais e estaría rematado cun tímpano decorado con relevos policromados.

TIPOLOXÍA | QUE É?

Segundo estas características, podemos deducir que estamos ante un templo grego de orde dórica-xónica de época clásica.  

Concretamente, este templo, o Partenón, estaba dedicado á deusa Atenea Parthenos polo que as esculturas dos frontóns representaban os acontecementos importantes da historia da deusa: o seu nacemento da cabeza de Zeus e a disputa con Posidón para conseguir o dominio da Ática. Nos relevos das metopas aparecen tamén as principais batallas dos gregos contra os  centauros, as amazonas, os xigantes e os troianos. Por último, nun friso interno, rodeando os muros da cella, aparece a representación da procesión das Panateneas, na que cada catro anos se lle entregaba á deusa un peplo tecido e bordado polas doncelas atenienses. 

PLANTA | COMO SE ORGANIZA O EDIFICIO?

EXTERIOR | QUE SABEMOS DA OBRA?

Como xa comentamos, o fuste das columnas presenta unha pequena corrección óptica que se aprecia tamén en outros elementos: a estilóbata e todos os elementos horizontais presentan unha curvatura na que os extremos quedan a un nivel máis baixo que o centro mentres que as columnas e os elementos verticais están inclinados cara dentro. O obxectivo destas desviacións é corrixir as ilusións ópticas do conxunto para dar unha maior coherencia visual ao conxunto.

INTERIOR | QUE SABEMOS DA OBRA?

O interior do Partenón se dividía en dúas estancias separadas a naos ou cella, que era a maior das estancias se atopaba a estatua crisoelefantina de Atenea Parthenos mentres que na menor (opistodosmos) se gardaba o tesouro público. 

FICHA TÉCNICA:

TÍTULO: Partenón ou templo de Atenea ParthenosAUTOR:  Ictino e CalícratesESTILO: Arte grego de época clásica (s. V - IV a.C.)DATACIÓN: 447-438 a.C.MATERIAL: mármore (Pentélico)LOCALIZACIÓN: Acrópole de Atenas (Grecia)

EXERCICIO:

Identifica, analiza e comenta estas lámina empregando o seguinte esquema:
  1. Identifica a obra sinalando, se procede, cultura/estilo/movemento, cronoloxía, título e autor. [1 pt.]
  2. Encadraa no seu contexto histórico-artístico. [1 pt.]
  3. Analízaa e coméntaa [2 pts.]

COMENTARIOS RESOLTOS:

IMAXES: