APUNTES

A MEDIDA DA BELEZA EN GRECIA

Apuntes tomados maioritariamente  de VV.AA.: Historia del Arte. 2º Bachillerato. Madrid, Ediciones SM, 2016.

DOCUMENTAIS DE INTRODUCIÓN

Grandes épocas del arte 1 La Grecia clásica.mp4
Grandes épocas del arte - La Grecia clásica
1665593810146.mp4
La controversia del arte. Los mármoles del Partenón
DOCUMENTAL DE ARTE 04 - MUNDO CLÁSICO (Antigua Grecia y Roma) (360p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
El mundo clásico
ARTE_UD1_Historia da Arte Universal.mp4
Historia del Arte Universal - La Grecia antigua

1. Cal é o contexto histórico da arte grega?

1.1. HISTORIA DA GRECIA ANTIGA | ETAPAS

La civilización griega se desarrolló en la Península Balcánica (Grecia peninsular), las islas del Egeo, costas de Asia Menor, y en las colonias que extendieron por el Mediterráneo a partir del siglo VIII a.C. Todo ese territorio era conocido como la Hélade.

CIVILIZACIONES PREHELÉNICAS

De forma contemporánea a Egipto y Mesopotamia, en los territorios helénicos se desarrollaron dos culturas que se consideran precursoras de la griega. La civilización minoica se desarrolla gracias a la hegemonía en el comercio mediterráneo y se caracteriza por sus enormes complejos palatinos (Knossos, Faistos) que tenían funciones políticas y económicas. La civilización micénica se caracteriza por la lucha entre las ciudades para conseguir la hegemonía. Por eso, en las ciudades destacaban las murallas y una organización urbana en torno a una acrópolis* con funciones políticas, económicas, administrativas y religiosas. 

MATERIAIS COMPLEMENTARIOS | Como era a arte minoica?

Os palacios minoicos presentan un trazado ortogonal, con columnas lisas de fuste invertido pintadas con cores primarias. Os muros tiñan frescos que representaban escenas marítimas, faunísticas, festivas ou rituais. 

Palacio de Knossos (reconstrución), ca. 1450 a.C.
Palacio de Knossos (reconstrución), ca. 1450 a.C.
Budget Direct: Palacio de Knossos (reconstrución), ca. 1450 a.C.
Anxo Millán: Palacio de Knossos (reconstrución), ca. 1450 a.C.
Palacio de Knossos (estado actual), ca. 1450 a.C.
Budget Direct: Palacio de Knossos (reconstrución), ca. 1450 a.C.
Taurocatapsia, Palacio de Knossos, fresco, ca. 1450 a.C.
Diosas de las serpientes, Palacio de Knossos, loza vidriada, ca. 1450 a.C.

MATERIAIS COMPLEMENTARIOS | Como era a arte micénica?

A arquitectura micénica usa cubertas planas e alinteladas agás nas tumbas, que se realizaban con bóveda falsa. En portas e outros lugares preferentes desenvolveron escultura monumental con decoración de animais.

Porta dos Leóns (estado actual), Micenas, ca. 1250 a.C.
Porta dos Leóns (reconstrución), Micenas, ca. 1250 a.C.

ÉPOCA ARCAICA (s. VIII - VI a.C.)

A partir del siglo VIII a.C. surge el mundo griego. La organización política se estructuraba en torno a las polis* o ciudades-estado controladas por una aristocracia. La economía se basaba en la agricultura y, sobre todo, en el comercio. De hecho, los griegos establecieron colonias comerciales en las costas mediterráneas (Magna Grecia, Península Ibérica y Mar Negro).

ÉPOCA CLÁSICA (s. V a.C.)

En el siglo V Grecia tiene que hacer frente a la amenaza de los persas en las Guerras Médicas de las que Atenas saldrá reforzada como ciudad hegemónica. Bajo el gobierno de Pericles se produce el periodo de mayor esplendor de la ciudad tanto desde el punto de vista político (democracia) como económica ya que muchas ciudades pagan tributos de defensa a cambio de la protección ateniense. La competencia con Esparta, una polis gobernada por una aristocracia militar, llevó a las Guerras del Peloponeso que supusieron la decadencia del sistema de polis griego. 

ÉPOCA POSCLÁSICA e HELENISMO (s. IV - II a.C.)

Tras la conquista de Grecia por los macedonios, Alejandro Magno iniciará la conquista de un imperio inmenso que extenderá la cultura griega por Asia y el norte de África. A su muerte, sus generales forman os reinos helenísticos que rivalizarán entre ellos en cuanto a poder político y brillo cultural hasta la conquista romana.

Mapa das conquistas de Alexandre Magno.
Busto en mármol de Alejandro Magno, siglo II a.C.
Estilo helenístico. Alejandría (Egipto).

2. Cales son os fundamentos da arte grega?

2.1. FUNDAMENTOS | ANTROPOCENTRISMO

A principal característica da cultura grega era a crenza na superioridade do ser humano (antropocentrismo*), tanto pola súa forma física como pola súa capacidade de pensamento racional. Así, todas as manifestacións culturais gregas se definen pola preocupación polo home algo que en arte se observa na abundancia de representacións de figuras humanas.

O valor de ser grego


“No profundo da actitude mental grega existía unha inamovible crenza no valor do home individual.[...] Os gregos desenvolvían o convencemento de que o home debe ser respectado non como instrumento dun señor omnipotente, senón por si mesmo.A Natureza criou aos gregos nunha escola dura, pero isto fíxoos conscientes de si mesmos e do seu propio valor. Sen esta consciencia nunca terían feito unha contribución tan importante á experiencia humana: o coñecemento de que o home ten que ser honrado polo que vale como individuo e debe ser tratado con respecto precisamente porque é el.”
Bowra, C. M.: La Grecia Clásica.

2.1. FUNDAMENTOS | RELIXIÓN

A relixión grega era politeísta e os deuses tiñan a súa orixe na natureza (Poseidón era o deus do mar, Demeter a deusa da agricultura, etc.). Non obstante, os deuses eran antropomorfos e os seus comportamentos eran similares aos dos humanos pero en grado superlativo e, a diferencia deles, eran inmortais e tiñan poderes sobrenaturais. Os deuses gregos interviñan constantemente na vida dos humanos e, de feito, segundo as lendas, os heroes (Aquiles, Heracles, etc.) eran fillos dun deus cun mortal.

2.1. FUNDAMENTOS | RAZÓN E ORDE

Para os gregos, as crenzas relixiosas non eran suficientes para explicar os fenómenos da natureza e, por iso, empezaron a utilizar o pensamento lóxico e a razón. As persoas que se dedicaban a buscar este tipo de explicacións racionais foron os filósofos (amantes do coñecemento) entre os que destacan Sócrates, Platón ou Aristóteles.

O uso do pensamento racional tamén fixo progresar o resto das ciencias (matemáticas, física, política, medicina, astronomía, etc.) e, por esa razón, os gregos se consideraban superiores a outros pobos.

Esta racionalidade se aplicou tamén ás manifestacións artísticas mediante o uso dun ideal de beleza que se baseaba na simetría e no equilibrio das proporcións e que levará aos gregos na busca do canon* perfecto.

A paixón polo número

“Ningún arte se constitúe sen proporción; e a proporción reside no número. Así pois, todo arte se constitúe por medio do número […] de modo que hai unha certa proporción na plástica e na pintura por medio da que se consegue a semellanza e a identidade.“.S. Empírico: Adversus mathematicus.

3. Como era a escultura grega?

Dende o punto de vista da temática, será o corpo humano o que ocupe o interese dos escultores gregos. Porén, a evolución da escultura grega busca unha aproximación progresiva ao naturalismo*, especialmente no que se refire á consecución da forma anatómica e do movemento do corpo humano. Ademais, sen estar rifado co anterior, o espírito racional dos gregos levounos a aplicar medidas e proporcións matemáticas aos corpos humanos na busca da beleza ideal.

Fauno Barberini, siglo III a.C. Estilo helenístico.

3.1. ESCULTURA | ÉPOCA ARCAICA (s. VIII - V a.C.)

A partir do século VIII a.C. aparecen as primeiras manifestacións orixinalmente gregas: os kuroi e ás korai que teñen a súa orixe nos xoana micénicos. Son representacións de atletas espidos e mulleres oferentes con túnica que se empregaban como exvotos nos principais templos relixiosos. Trátase de esculturas-bloque de composición pechada (macizas e coas extremidades pegadas ao corpo), nas que se respecta a lei da frontalidade seguindo o legado da estatuaria exipcia e asiria. En canto ao estilo, o naturalismo aínda non se consegue xa que a anatomía está tratada de modo esquemático e xeométrico (cabelo decorativo, abdominais triangulares, pregue inguinal moi marcado e xeonllos en forma de trapecio). Do mesmo xeito, o rostro resulta inexpresivo e tan so os beizos destacan formando un sorriso forzado (sorriso arcaico).

Kouros do Metropolitan,
época arcaica (585 a.C.)
Kouros de Anavysos,
época arcaica (525 a.C.)
Kore do peplo,
época arcaica (530 a.C.)
Kore do peplo,
época arcaica (530 a.C.)

3.2. ESCULTURA | ÉPOCA CLÁSICA (s. V-IV a.C.)

A evolución da escultura clásica pódese dividir en tres fases:

Estilo Severo (500 - 450 a.C.)

Trátase dun momento de transición no que a escultura arcaica evoluciona cara un maior naturalismo o que se pode observar no modelado das formas anatómicas e das roupaxes coma na consecución dunha expresión serena xa que se suprime o sorriso arcaico. O Efebo de Critios é o mellor kouros que conservamos desta época e nel xa podemos observar como se rompe a lei da frontalidade mediante o xiro da cabeza e a tentativa dun contraposto*.

Non obstante, a produción artística deste momento caracterizase por unha maior amplitude temática e polo uso do bronce como material seguindo a técnica da cera perdida. O auriga de Delfos, que representa ao condutor dunha cuadriga, mostra aínda certa rixidez que trata de evitarse co movemento dos pregues non así o tratamento do rostro que é máis próximo aos modelos clásicos.

Auriga de Delfos,
estilo clásico severo (474 a.C.)
Dios del cabo Artemisio,
estilo severo (460 a.C.)
Bronces de Riace,
estilo severo y clásico (460-530 a.C.)

Clasicismo Pleno (450 - 400 a.C.)

Este período, que coincide co apoxeo de Atenas tras as Guerras Médicas, é o de maior esplendor da arte grega no que destacan grandes mestres que crearon tipoloxías novas. A principal novidade da escultura desta época foi conseguir representar unha anatomía naturalista mediante o estudio das proporcións (canon*), o traballo do modelado* e o uso do contraposto*.

Fidias: Tres diosas, frontón del Partenón, estilo clásico (430 a.C.)
Traballos de Fidias no Partenón
Fidias: Atenea Parthenos, estilo clásico (440 a.C.)
Policleto: Diadoumenos, estilo clásico (420 a.C.)

Clasicismo tardío (s. IV a.C.)

A arte feita no século IV a.C. é consecuencia da crise que supuxo a Guerra do Peloponeso. En xeral, prodúcese unha ruptura da norma clásica na que a serenidade e o equilibrio dan paso á acentuación do movemento, ao amaneiramento das formas anatómicas e á estilización dos cánones.

Praxiteles: Afrodita de Cnido, estilo posclásico (360 a.C.)
Scopas: Ménade, estilo posclásico (330 a.C.)
Lisipo: Ares Ludovisi,
estilo posclásico (320 a.C.)
Lisipo: Afrodita de Capua,
estilo posclásico (ca. 320 a.C.)
Lisipo: Hércules Farnesio,
estilo posclásico (ca. 300 a.C.)

3.3. ESCULTURA | ÉPOCA HELENÍSTICA (s. III- II a.C.)

A escultura helenística emprega todas as innovacións que se fixeran nos séculos anteriores polo que a súa orixinalidade non reside tanto no estilo como na temática. Así, hai unha certa predilección polos temas anecdóticos (a infancia, a fealdade, o exotismo, o erotismo, etc.) e especialmente aqueles que permitían representar a paixón (pathos) con gran expresividade e teatralidade. Dende o punto de vista estilístico, se consegue un naturalismo mimético sen idealizar e chegando a recrearse nos defectos físicos. Por outro lado, as composicións son máis complicadas, abertas e dinámicas introducindo grandes torsións e escorzos.

A escultura helenística abarca escolas diferentes con caracterísiticas de seu entre as que destacan:

4. Como era a arquitectura grega?

4.1. ARQUITECTURA | CARACTERÍSTICAS

As características máis importantes da arquitectura grega establécense na época arcaica. O material dos edificios gregos será principalmente a pedra, especialmente o mármore, labrado en sillares regulares. En canto ao sistema construtivo, se ben coñecen o arco e a bóveda, empregarán solucións alinteladas baseadas en liñas horizontais e verticais porque son máis serenas.

O MÉGARON MICÉNICO

Era unha pequena construción cun pórtico con dúas columnas in antis (1), unha antecámara (2) e unha sala rectangular cun fogar enmarcado por catro columnas (3). A cuberta facíase mediante un tellado a dúas augas (4). 

4.1. ARQUITECTURA | CARACTERÍSTICAS

A tipoloxía construtiva máis representativa é o templo, edificio relixioso que ten a súa orixe no mégaron micénico e estaba destinado a conter a efixie dunha divindade e os seus tesouros. Non tiña función congregacional polo que estaban pensados para ser vistos dende fora e tiñan valor escultórico.

A maioría dos templos tiñan forma rectangular e se levantaban sobre un baseamento ou crepidoma formado por tres escaleiróns. O templo tiña dúas fachadas iguais, aínda que unha delas era a principal que servía de acceso ao interior. A cámara central que conten a imaxe do deus se chamaba cella ou naos. Na parte dianteira, en ocasións, había un pórtico aberto (pronaos) con muros laterais. Na parte traseira, en ocasións, había un pórtico similar (opistódomos) que servía para gardar o tesouro do templo. A liña de columnas que rodeaba o templo denominábase peristilo.

Existen diferentes formas de categorizar os templos: en función da súa planta, do número de columnas da súa fronte (tetrástilo, octástilo, etc.)

The Ancient Greek Temples - 3D (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4

4.2. TIPOLOXÍAS CONSTRUTIVAS | ORDES

O interese dos arquitectos gregos será plasmar a racionalidade buscando a beleza nas medidas e proporcións matemáticas por iso deseñaban os edificios seguindo regras que se adecuaban ás proporcións humanas (antropocentrismo) e buscaban a perfecta harmonía entre as partes. As ordes arquitectónicas* son o conxunto de normas para dispoñer de forma adecuada os elementos arquitectónicos cos que se construían os templos:

En certas ocasión, o afán de esconder a función de sustentación dos elementos arquitectónicos levou, incluso, a substituír ás columnas por esculturas femininas (cariátides) ou masculinas (atlantes).

4.3. ARQUITECTURA CLÁSICA | A ACRÓPOLE

De época arcaica, os principais templos que nos chegaron son de orde dórica caracterizados pola falta de proporcións e pola súa robustez. Destacan o templo de Afaia en Egina e o templo de Poseidón en Paestum (ver fotografía na marxe dereita). Non obstante, os mellores exemplos que conservamos son os que se construíron no século V a.C. na Acrópole de Atenas.

Altair4: Reconstrucción da Acrópole de Atenas
Wikipedia: Planta da Acrópole de AtenasNa planta se pode observar o Partenón (1), o antigo templo de Atenea (2), o Erecteón (3), a ubicación da estatua xigante de Atenea Promacos (4), os Propileos (5) e o templo de Atenea Nike (6).

No ano 447 a.C., despois das Guerras Médicas, Pericles ordenou a Fidias a dirección da reconstrución dos principais templos da acrópole de Atenas.

MATERIAL COMPLEMENTARIO (voluntario)

Desmontando la Acrópolis
The Acropolis of Athens in ancient Greece - Dimensions and proportions of Parthenon

4.2. ARQUITECTURA | OUTRAS TIPOLOXÍAS

O teatro é unha das creacións gregas máis innovadoras empregada para representar obras dos grandes autores (Sófocles, Esquilo ou Eurípides) para honrar ao deus Dionisos. Ao principio eran estruturas temporais, sen cubrir, que consistían en gradas sinxelas con asentos de madeira pousadas na ladeira dunha montaña. A partir do século IV a.C. aparecen as primeiras gradas de pedra.

Tras das conquistas de Alexandre Magno no século IV a.C. amplas zonas de Exipto e cidades de Asia Menor (Antioquía ou Pérgamo) asimilaron a cultura grega. Na arquitectura, a influencia grega mestúrase coas influencias orientais (monumentalidade e teatralidade) e aparecen novas tipoloxías arquitectónicas (tholoi, mausoleos, etc.). As construccións fixéronse máis complexas e tendían á grandiosidade e ao exceso decorativo. Os edificios relixiosos alonxábanse dos cánones clásicos e a orde máis empregada foi a corintia, por ser a máis ornamental.